2/3/22

ENTROIDO 2022

  Abofé que este Entroido significou a recuperación de case a "normalidade" no ambiente escolar!! Coma anos pasados, celebramos o desfile con marabillosos disfraces coridos e creativos, todos eles relacionados coa temática da ARTE!! 

Para rematar, o xuízo a este maldito virus e un estupendo e engaiolante baile, no que todos e todas participamos ata acabar esgotados de diversión!!

Grazas a todo o alumnado, ao profesorado, ao profe Rafa e á profe Isa! Sen esquecer ás familias que colaboraron na creación dalgúns disfraces e, sobre todo,  a CHARANGA OT de Monte Porreiro que nos acompañou durante todo o desfile!!


1/3/22

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA :ANA FREIRE

Que enorme privilexio contar con Ana Freire para celebrar este día tan importante!! Esta moza galega vén de recibir o premio ADA  pola súa traxectoria profesional tan interesante e tan fructífera nos eidos da Inxeñería informática e a Medicina. O alumnado de 5º e 6º puido coñecer a esta muller, que malia ser tan nova, conta cun importante desenvolvemento profesional. Precisamente, agora está levando a cabo un labor importantísimo , xa que pode axudar á xente que está en risco de cometer suicidio. 

Se queredes saber máis sobre ela preme na ligazón: ANA FREIRE



FOTOS DA CHARLA CON ANA FREIRE

Ademais, precisamente,  este ano o alumnado de 5º puido desfrutar do obradoiro ADA BYRON, a través do cal coñeceron esta figura tan importante no que se refire á computación. A continuación podedes ver as fotos da sesión co alumnado de 5º A e B.



FOTOS DO OBRADOIRO ADA BYRON