luns, marzo 21, 2022

SALÓN DO LIBRO 2022

Coma todos os anos, o noso centro implícase moitísimo na elaboración de materiais para o Salón do Libro. Este ano non ía ser menos e volvéronnos sorprender.

Noraboa mestres/as e nenos/as polo vosa dedicación!

CASE 101 DÁLMATAS (2º de Educación Primaria)

O alumnado de 2º de primaria fai que o clásico 101 dálmatas sexa aínda máis clásico: cine mudo, en branco e negro. Todo en tres minutos.


O LOBO (4º de Educación Primaria)

Tomando como referencia a letra de "O Lobo" do poeta Manuel María, o alumnado de 4º fixo un videoclip musical ben marchoso.


SHAMSIA HASSANI (5º de Educación Primaria)

O alumnado de 5º traballou a figura de Shamsia Hassani, a grafiteira afgana que desafía aos talibáns coa súa arte.

   

CON MOITA ARTE (6º de Educación Primaria)

O alumnado de 6º traballou distintos aspectos relacionados coa arte: a pintura (arte abstracto /vs/ arte figurativo), a literatura (mediante comentarios e composicións literarias), a escultura (coa elaboración de pezas de temática libre con materiual de refugallo) e a música (cun rap a Rosalía). 





mércores, marzo 02, 2022

ENTROIDO 2022

  Abofé que este Entroido significou a recuperación de case a "normalidade" no ambiente escolar!! Coma anos pasados, celebramos o desfile con marabillosos disfraces coridos e creativos, todos eles relacionados coa temática da ARTE!! 

Para rematar, o xuízo a este maldito virus e un estupendo e engaiolante baile, no que todos e todas participamos ata acabar esgotados de diversión!!

Grazas a todo o alumnado, ao profesorado, ao profe Rafa e á profe Isa! Sen esquecer ás familias que colaboraron na creación dalgúns disfraces e, sobre todo,  a CHARANGA OT de Monte Porreiro que nos acompañou durante todo o desfile!!


martes, marzo 01, 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA :ANA FREIRE

Que enorme privilexio contar con Ana Freire para celebrar este día tan importante!! Esta moza galega vén de recibir o premio ADA  pola súa traxectoria profesional tan interesante e tan fructífera nos eidos da Inxeñería informática e a Medicina. O alumnado de 5º e 6º puido coñecer a esta muller, que malia ser tan nova, conta cun importante desenvolvemento profesional. Precisamente, agora está levando a cabo un labor importantísimo , xa que pode axudar á xente que está en risco de cometer suicidio. 

Se queredes saber máis sobre ela preme na ligazón: ANA FREIRE



FOTOS DA CHARLA CON ANA FREIRE

Ademais, precisamente,  este ano o alumnado de 5º puido desfrutar do obradoiro ADA BYRON, a través do cal coñeceron esta figura tan importante no que se refire á computación. A continuación podedes ver as fotos da sesión co alumnado de 5º A e B.



FOTOS DO OBRADOIRO ADA BYRON

A PRIMAVERA XA CHEGOU AO MARCOS DA PORTELA

Como di o refrán: "En abril augas mil, e en maio, todas as que queiran vir", así que,  precisamos agua para que crezan as nosas f ...