sábado, maio 14, 2022

domingo, maio 08, 2022

xoves, maio 05, 2022

O NOSO MAIO 2022

Coma sempre o noso "maio" quedou espectacularmente fermoso e perfecto, e como non podía ser doutra maneira gañamos o primeiro premio!!  
Non podemos deixar de agradecer a toda a xente que se implicou até a magrugada para facer realidade, un ano máis, o noso "maio", xente que acode ano a ano con moito ánimo e de maneira desinteresada; tamén, ao noso exalumnado, que sorte poder velos de novo!

Pero a nosa coroa e as coplas (nas que colaboraron parte do  alumnado de 6º e  profesorado, sobre todo mestras xa xubiladas) non foron menos; a perfección seguiu a ser unha constante en todas estas manifestacións! De feito, na prensa local, aparecemos como claros triunfadores. 

          1º PREMIO DE MAIOS 

          2º PREMIO DE COROA

          1º PREMIO DE  INTERPRETACIÓN DE COPLAS 

          2º PREMIO DE COPLAS

 Ademais, este ano,   foi Pilar Lores, a nosa Pili, a encargada de pronunciar un emocionante pregón, o cal pecha este círculo de perfección.  

Preme nas fotos para ver máis. Debaixo tes o vídeo do alumnado de 6º que conseguiu o 1º premio de interpretación de colpas.

                                      
PREME NAS PÁXINAS DAS COPLAS  PARA LELAS MELLOR


      


COPLAS DO MAIO NO "COLE"

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

  Neste 17 de maio, a autora que se homenaxea é Luisa Villalta, unha gran defensora da nosa cultura e da nosa lingua. Con este vídeo podered...