Aquí tendes o vídeo do fermoso e emocionante festival onde resoou a música das panxoliñas un ano máis... onde despedimos á profe Chus con moito sentimento, onde os bos desexos viaxaron entre o alumnado nas felicitacións que fixeron con agarimo e gran gusto estético.
Ademais, podemos ver a homenaxe da nosa "gañadora" do deporte a nivel nacional, Ainhoa, acto no que contamos coa presenza do noso alcalde. Parabéns!
Nas fotos aprezaredes a magnífica e incrible decoración da nosa ANPA e a beleza en miniatura do belén de María Jesús. Moitas grazas polo voso marabilloso traballo.
O pasado luns, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data para lembrar a todas as vítimas e para reivindicar unha sociedade libre de agresións, desigualdades e discriminacións.
Participamos nunha actividade, xunto ao alumnado de infantil de Fina Casalderrey e o do IES Luís Seoane, que consistía en decorar unhas caixas (unha por nivel) con palabras ou mensaxes positivos cara a erradicación da violencia machista e o empoderameto da muller, nunha das súas caras; noutra, unha palabra ou frase da realidade que aínda persiste hoxe en día. Con elas creamos a nosa pirámide e, posteriormente, formaron parte da pirámide conxunta co resto de alumnado no IES Luís Seoane. Como acto simbólico a construción que reflectía aspectos negativos foi destruída.
Finalmente, percorrimos todos xuntos as rúas ao son dos nosos percusionistas, e así concluímos esta conmemoración.
No noso centro tamén fixemos un mural con quebracabezas que completamos entre todas as clases.
Gran nova para o cine galego!
A nosa película “O ROUBO DO TRASLÍ DOURADO”, realizada o pasado curso, vén de recibir un prestixioso 1º premio no OUFF (Ourense Film Festiva). Un recoñecemento que celebra a creatividade e a maxia coa que foi realizada polo noso alumnado e profesorado, baixo a talentosa dirección de Rafa!
Estes nenos e nenas do CEP Marcos da Portela saben ternos intrigados cos seus magníficos e terroríficos relatos até o final, mesmo nos fixeron esbozar un sorriso polo seu desenlace creativo e gracioso.
Parabéns a todos e, sobre todo, aos e ás gañadores/as!!
PRONTO PODEREDES LER OS RELATOS NESTA ENTRADA!
Valentina Cruz, Ainhoa López e Cloe Couto (6º nivel)
Berta Villariño, Leila Freire e Maja Pastoriza (5º nivel)
Nunca defrauda a nosa exposición de cabazas do Samaín, máis ben nos segue a sorprender grazas ao inmenso traballo de nenos/as e maiores. E tamén, como sempre, a nosa entrada foi decorada magnificamente pola nosa ANPA, como podedes ver no seguinte vídeo.
Este ano o tema era "A Música", e as nosas cabazas resoaron no corredor do cole con gran virtuosismo!
Parabéns a todos/as participantes e aos/ás gañadores/as, que foron:
O alumnado de 5º A e B realizou un interesante roteiro pola cidade de Pontevedra, para coñecer ao gran escritor Daniel Castelao. Aprendimos, tamén, moitos datos da nosa vila e visitamos o Museo, concretamente a sala dedicada ao escritor.
Canto aprendemos con estés nenos e nenas do noso centro! Ti tamén querés mellorar o teu galego?! Pois mira estes vídeos e xa verás canto podes aprender!
Para rematar o curso, gozamos dunha tarde de experimentos da man de Arenaria. Con estas científicas puidemos explorar a ciencia dende preto e emocionarnos coas experiencias que nos foron preparando. Puxemos en práctica o método científico e as nosas cabezas non pararon de pensar e formular hipóteses. Foi interesantísimo á vez que impresionante!
Esta semana tivemos o pracer de contar con outra visita de cine. Neste caso visitounos Maika Aguado, pero non veu soa, se non que a acompanhou Rafa Prieto.
Maira é actriz e graduada en Xornalismo. Comezou a súa andaina na compañía Vacaloura de Vigo. Conta cunha gran experiencia nos medios de comunicación e participou como actriz en distintas series de ficción como Mareas Vivas, Rías Baixas, Galicia Exprés... Paralelamente desenvolve o seu labor como actriz de dobraxe en galego e castelán.
Rafa Prieto leva máis de 35 anos trabalhando como técnico no sector audiovisual: música, dobraxe, postprodución e mestura de son para cine, radio, televisión...
Grazas pola vosa visita e por deixarmos vivir en primeira persona como é esta profesión tan divertida do mundo da dobraxe.
Hoxe o alumnado de 5º puido gozar dunha sesión guiada de xogos de mesa onde o pasaron en grande e aprenderon moitísimo. Coñeceron xogos novos e axiña se encargarán de darllos a coñecer ao resto dos seus compañeiros.
No PDI deste curso do CEP Marcos da Portela traballamos o cine. Ao longo do ano aprendimos moitas cousas sobre esta arte e ata tivemos encontros con grandes profesionais do celuloide, como por exemplo, Jorge Coira, Julia Castro e Alicia e Lola Dapena. Tamén nos propuxemos facer unha produción cinematográfica na que plasmar todos os coñecementos adquiridos. O resultado foi algo parecido a unha película á que lle puxemos por título "O roubo do Traslí dourado".
Se queres ver todas as entradas relacionadas co noso PDI, preme AQUÍ.
QUE BEN O PASAMOS HOXE NA FESTA DA LINGUA! LEVAMOS OS NOSOS DORSAIS CON FERMOSAS E SONORAS PALABRAS GALEGAS!
PREME NA FOTO PARA VER MÁIS
Un manifiesto pola lingua viva
Durante o evento leuse un manifiesto elaborado por alumnos de varios institutos, que destacou a importancia dunha mocidade activa por unha lingua viva. No texto suliñouse que o galego é “un tesoro legado por aqueles que defenderon a lingua en rúas, medios e escolas”.
Este ano o Día das Letras Galegas foi dedicado ás cantareiras e a poesía popular oral, en especial a seis mulleres galegas, creadoras e trasmisoras de arte e beleza: Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira e as Pandereteiras de Mens (Prudencia Garrido Ameijende, Asunción Garrido Ameijende e Manuela Lema Villar).
Ao longo da semana puidemos gozar de distintas actividades e actuacións.
A cargo do mago Samuel Moreno aprendemos moitos datos deste día mediante un espectáculo de maxia.
O grupo de pandereteiras "Cantarela" sorprendeunos cun marabilloso concerto de cantigas galegas. Un grupo moi especial, xa que os seus integrantes forman parte da nosa comunidade educativa (unha alumna do centro, antigas alumnas e mestras, así como familiares de exalumnos). Tamén se animaron a subir ao escenario outras nenas pandereteiras que temos no cole.
Durante os recreos o alumnado puido participar en dous obradoiros: "A Lupa máxica" e "Pintamos pandeiretas". No primeiro deles adiviñaron distintas palabras relacionadas co mundo das cantareiras axudándose cunha lupa. Unha actividade moi entretida do Seminario Galán. Na segunda deron renda solta a súa creatividade pintando pandeiretas para decorar a biblioteca.