Amosando publicacións coa etiqueta Visista de autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Visista de autores. Amosar todas as publicacións

luns, maio 05, 2025

VISITA DE IRENE ALONSO

O alumnado de 2º recibiu a visita de Irene Alonso despois de ler o seu libro "Refugallo o espantallo".  Un libro cheo de valores que nos deixa ver a importancia da reciclaxe, do coidado do medio, do respecto entre iguais... Todo a través da historia de Comba, unha nena á que lle encanta recoller materiais de refugallo para darlle unha nova vida e que desexa recompoñer o espantallo do seu pai.

Foi un encontro estupendo onde compartimos moito con Irene, fixemos pequenos xogos, creamos unha buxaina e firmounos os nosos libros.

Un pracer, Irene! Grazas pos este ratiño.




Por certo! Aquí vos deixamos a Marquiños, o noso espantallo.



martes, abril 01, 2025

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

Tivemos, un ano máis, a ocasión de contar coa visita desta autora para falarnos do seu  interesante libro: A folla azul. Unha narración entretida e cunha mensaxe que nos obriga a refexionar sobre a necesidade de compromiso social fronte a destrución do planeta e, mesmo, das civilizacións.

Foi moi enriquecedror escoitar como xurdiu a idea de escribir este libro e todas as experiencias que a levaron a ser unha autora destacada da nosa literatura.


SINOPSE DA AUTORA

A folla azul é unha historia que nos traslada ao corazón da Selva amazónica. Alí vida da tribo de Husu Aké transcorre tranquila, en sintonía co ciclo da natureza e o espírito de Bekororoti.

Ata que un día a sabia avoa Arumi presinte que o desastre se cerne sobre a súa xente e decide revelar á súa neta o segredo que estivo gardando durante anos. Husu Aké embárcase así nunha viaxe heroica en busca dunha folla azul, o único remedio capaz de salvar aos seus.

Durante a súa aventura terá que romper leis e mandatos ancestrais e descubrir que hai un lugar alén do «mundo verde» onde se perdeu o amor pola Nai Terra.

Un grito contra a destrución dos recursos naturais e un canto a favor da cooperación e o respecto a outras formas de vida.





REVISTA CHORIMAS

 Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...