martes, abril 01, 2025

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

Tivemos, un ano máis, a ocasión de contar coa visita desta autora para falarnos do seu  interesante libro: A folla azul. Unha narración entretida e cunha mensaxe que nos obriga a refexionar sobre a necesidade de compromiso social fronte a destrución do planeta e, mesmo, das civilizacións.

Foi moi enriquecedror escoitar como xurdiu a idea de escribir este libro e todas as experiencias que a levaron a ser unha autora destacada da nosa literatura.


SINOPSE DA AUTORA

A folla azul é unha historia que nos traslada ao corazón da Selva amazónica. Alí vida da tribo de Husu Aké transcorre tranquila, en sintonía co ciclo da natureza e o espírito de Bekororoti.

Ata que un día a sabia avoa Arumi presinte que o desastre se cerne sobre a súa xente e decide revelar á súa neta o segredo que estivo gardando durante anos. Husu Aké embárcase así nunha viaxe heroica en busca dunha folla azul, o único remedio capaz de salvar aos seus.

Durante a súa aventura terá que romper leis e mandatos ancestrais e descubrir que hai un lugar alén do «mundo verde» onde se perdeu o amor pola Nai Terra.

Un grito contra a destrución dos recursos naturais e un canto a favor da cooperación e o respecto a outras formas de vida.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2025