28/4/19

VISITA DA ESCRITORA AN ALFAYA





O pasado venres, 25 de abril, recibimos a visita da escritora An Alfaya para falar, entre outros temas, do seu libro "Zoa e Azor". O silencio e a atención foron inmellorables, que interés se respiraba na nosa biblioteca! Primeiro, An contounos o tímida que era de pequena e como xurdiu o feito de empezar a escribir; logo, o alumnado comezou a facer unhas preguntas sobre o libro,certamente interesantes, algunhas preparadas e outras espontáneas; foi un verdadeiro éxito!! Escritora, alumnado e profesorado saímos encantados desta xuntanza tan interesante que deixará unha importante pegada!

Grazas, An Alfaya, e parabéns ao noso alumnado polo ben que se portou e traballou este fermoso libro!

           
Preme na foto para ver outras do acto

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Hai algo mellor que ler e compartir?
Co gallo do Día Internacional do Libro Infantil, celebrado o 2 de abril, e do Día Internacional do Libro, celebrado o 23 deste mesmo mes, fixemos unha actividade de lecturas compartidas entre os diferentes niveis. Nunha primeira rolda, foron os maiores os que lles leron aos pequenos; pola contra, o pasado xoves, serían os pequenos os que elixisen os textos para lerllelos aos maiores. Que boa experiencia!! Só hai que ver as fotos!!

José  de 3º A lendo en braille a Leire de 5º A!
Preme na foto