8/5/19

LETRAS GALEGAS 2019


O día das Letras Galegas

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.


"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

Este ano a Real Academia Galega decidiu homenaxear a Antonio Fraguas Fraguas.

A continuación poderás ler información sobre este autor e, mesmo, xogar, a coñecer as partes do traxe tradicional!!Tamén xa sabes que hai moitos xogos en liña na ligazón de Seminario Galán.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Ant%C3%B3n_Fraguas
Preme na foto para ler a súa biografía máis extensa








Preme na foto para ler unha biografía máis breve

Unidades didácticas para os distintos ciclos de Seminario Galán




http://museodopobo.gal/web/fraguas.php?lang=es
Unidade didáctica de Antón Fraguas do Museo do Pobo Galego







 

No discurso de entrada na Real Academia Galega, Antón Fraguas recollía coplas da parroquia de Loureiro de Cotobade que falaban de distintos paxaros, entre eles, o cuco.

ESCOLMA DE COPLAS DE LOUREIRO DE COTOBADE

Eu ben vin estar o cuco
na rama d-un castiñeiro,
coa machada na mán
deprendendo a carpinteiro
______
Canta cuco canta cuco
na rabela do arado,
as mulleres antre os homes
é un gando mal gardado.
_______
Foches falar mal de mín
axunto dos meus amores,
fai de conta que botaches
auga por riba de flores.
_______
Eu collín a flor da xesta
que é a primeira que vén,
desde que te vín a tí
non amei a mais ninguén.
________
Sei d-un niño dunha melra
outro dunha lavandeira,
agora teño tres niños
co niño da costureira.
________
Da banda d’alá do río
asubíame unha melra,
a melra como asubía
anda segando na herba.
________
Eu ben vín estar o moucho
encima d-ún amieiro,
coa subela na mán
aprendendo a zapateiro.
_________
Moucho que estás no canizo
bota castañas abaixo,
anque non teño mandil
acádochas no refaixo.
__________
O paxaro cando chove
mete o rabo na silveira,
así fan as boas mozas
cando non hai quen as queira.
_________

Cantan os galos o día
érguete, meu ben, e vaite.
Como me hei d-ir, queridiña,
como me hei d-ir e deixarte?

PROGRAMACIÓN LETRAS GALEGAS 2019 DA XUNTA DE GALICIA (Preme no título)


7/5/19

OBRADOIROS DE GALEGO

A estes obradoiros asistiu o alumnado de 1º e 2º, o día 3º de abril; moito aprenderon do corpo humano, mesmo dos "virus lingüísticos" que afectan á nosa lingua e, para rematar cantaron unhas cantigas!! O alumnado de 5º e 6º, participaron neste obradoiro o día 6 de maio; puideron divertirse e aprender algo máis da nosa fermosa lingua. Mediante acertixos, que resolveron con astucia, chegaron a resolución final!! E así puideron abrir a maleta da avoa Corvo e recibir un engaiolante agasallo! Sabedes o que? Pois uns cornos dunha vacaloura que lles darán moi boa sorte!!
https://photos.app.goo.gl/F8yaTBh2sqotUy2S6
OBRADOIRO DE 1º E 2º

https://photos.app.goo.gl/thuM1ZjyRfME9u7V9
Obradoiro de 5º e 6º

O NOSO MAIO 2019

  Que fermosura de MAIO!! Con razón levamos o 1º premio no certame  deste ano na categoría de Maio, sen esquecer o de Coroa; no tocante as enxeñosas coplas, como non!, levamos tamén o   en Composición, aínda que merecían o , galardón que si obtivemos en Interpretación.

Foi un traballo no que colaboramos alumnado, familias (mesmo participou xente que xa non ten fillos/as no centro), ANPA e profesorado durante días. Parabéns a todos!! Vivimos unhas xornadas moi agradables na que se traballou con moita ilusión. En especial, hai que darlles as grazas a Laura, á súa nai Pilar (a nosa compañeira),  que son a "alma máter" do noso Maio.
 Para ver o estupendo traballo e a marabillosa execución, premede na foto!


ÁLBUM 1


ÁLBUM 2

O MAIO NO NOSO CENTRO
CANTAMOS O MAIO NO NOSO COLE