Para celebrar o Día de Rosalía de Castro realizamos un obradoiro de chapas e un mural Pop-Art da man de Barafunda Animación. Pasámolo moi ben e os nosos pequenos artistas disfrutaron enormemente deixando voar a súa creatividade.
Hai palabras saborosas que alimentan o pensamento. Hai palabras agarimosas que quentan o corazón. Hai palabras soñadoras que nos levan de aventuras. Hai palabras doces, lambetadas para os sentimentos. Hai palabras en galego: saborosas, agarimosas, soñadoras, doces... que esperan mergulladas, ser escoitadas. A que esperas?!
29/2/24
25/2/24
OS MARTES CONTAN CON ARTE. KAMISHIBAI, CONTOS POLA PAZ.
Para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, contamos cun estupendo contacontos e teatro de papel. Coas diferentes historias que nos contaron, aprendemos moitísimos valores sobre a natureza, a ciencia, o planeta e os seus habitantes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)