O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Marcos da Portela recibiu a visita do escritor galego Ramón Caride, nunha actividade organizada para promover a lectura e o uso da lingua galega. Durante o curso, os nenos e nenas leron algunhas das súas obras, como O misterio das zocas e As músicas viaxeiras, o que lles permitiu coñecer de primeira man o seu traballo e preparar preguntas para a visita.
martes, maio 26, 2026
luns, maio 25, 2026
MAIS ALÁ DAS BARREIRAS
O pasado 25 de maio tivemos a sorte de recibir no CEP Marcos da Portela a visita de tres persoas con discapacidade física que compartiron connosco as súas historias de vida. Nun ambiente próximo e moi emotivo, explicáronnos como foi o proceso de adaptación a unha nova realidade chea de retos, pero tamén de aprendizaxes e superación. As súas palabras transmitiron sinceridade, valentía e unha enorme forza persoal.
Durante a charla, os nosos convidados falaron tamén do día a día dunha persoa con discapacidade: as dificultades que ás veces atopan, pero tamén da importancia da autonomía, do apoio das familias e da sociedade, e da necesidade de eliminar barreiras, tanto físicas como mentais.
A actividade converteuse nunha auténtica lección de aceptación, respecto e empatía. Os alumnos e alumnas participaron con interese, fixeron preguntas e reflexionaron sobre a importancia de valorar ás persoas polo que son, e non polas súas limitacións. Desde o centro queremos agradecerlles profundamente esta visita tan enriquecedora, que nos axudou a seguir construíndo unha escola máis inclusiva, solidaria e chea de valores.
CANTA A RAPAZADA: CANTIGAS GALEGAS
Nun ambiente cheo de alegría e emoción, cantamos todos xuntos algunhas das cantigas máis coñecidas da nosa terra, como A Virxe de Guadalupe, O Galo, Catro vellos mariñeiros e A Rianxeira. Ademais, tivemos a sorte de contar cun grupo de música tradicional que nos acompañou con pandeiretas e gaita, enchendo o patio de ritmo e espírito galego.
Foi unha experiencia moi bonita para compartir en comunidade, celebrar a nosa cultura e seguir mantendo vivas as tradicións galegas entre os máis pequenos e pequenas.
xoves, maio 21, 2026
CORRELINGUA 2026
CO GALEGO NO CORAZÓN, FACEMOS REVOLUCIÓN!
Este xoves, día 21 de maio, asistimos á festa da lingua, é dicir, ao CORRELINGUA! Fixemos honor ao lema deste ano e levamos unha fermosa palabra sobre o noso corazón a modo de dorsal "lingüístico".
Despois de escapar dun feroz dragón que cuspía ... auga, comezamos cun roteiro polas rúas da cidade, mentres cantamos as cantigas que xa prepararamos no "cole"; logo, na Alameda escoitamos o manifesto na voz de Luis, O Caruncho; a continuación puidemos bailar coa actuación de Sniff & Crash.
Por último, o alcalde fixo entrega dos diplomas e continuou o baile. Foi estupendo!!
martes, maio 19, 2026
MAIO 2026
Unha vez máis o Maio do Cep Marcos da Portela triunfou! Conseguimos primeiro premio en Maio, en interpretación de coplas, en composición de coplas e terceiro premio en coroa!! E tamén nos outorgaron o premio especial de centros escolares!
Parabéns e grazas a todos/as os que participaron nesta festa tan nosa! Sobre todo as e os que sempre acoden para este gran traballo, aínda que xa non teñan relación co centro. Para non deixar a ninguén sen nomear, non citamos nomes...
O luns, día 4, puidemos volver escoitar as coplas e admirar o fermoso maio, para que os que non asistiron á Ferraría puidesen desfrutar desta actuación.
PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO DO MAIO
LETRAS GALEGAS 2026
Para celebrar as Letras Galegas deste ano tivemos varios actos nos que a lingua galega foi a protagonista xunto á autora homenaxeada este ano, Begoña Caamaño.
Este venres día 15, tivemos unha emocionante actuación a cargo de Manuela, a través da cal soubemos da vida e obra de Begoña Caamaño.
![]() |
| Preme para ver fotos e vídeos |
venres, maio 15, 2026
VISITA DA ILUSTRADORA ANDREA GARCÍA
Canto disfrutou o alumnado de 5º con esta ilustradora tan nova! Falounos de como debuxar e tamén de que é o que a levou a escribir. Todos e todas fixeron uns debuxos dos personaxes do seu último libro, titulado "Pantasmadas", que parecían de profesionais.
Logo debuxaron, por partes, un personaxe inventado entre cada tres alumnos, utilizando a man contraria, a boca, tapando os ollos... E puxéronlles un nome coas dúas inicias de cada un. Foi unha actividade moi creativa e entretida!
REVISTA CHORIMAS
Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...
-
Gran nova para o cine galego! A nosa película “O ROUBO DO TRASLÍ DOURADO”, realizada o pasado curso, vén de recibir un prestixioso 1º pre...
-
A continuación podedes ver un marabilloso vídeo realizado polo coordinador do EQUIPO UNESCO, con el botamos unha ollada a moitos dos proxe...
-
Nunca defrauda a nosa exposición de cabazas do Samaín , máis ben nos segue a sorprender grazas ao inmenso traballo de nenos/as e maiores. E...





.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)