martes, febreiro 24, 2026

ENTROIDO 2026

 Moi musical foi este Entroido 2026! Houbo representantes de todo tipo de música: roqueiros, grupo Kiss, disc-jóckeys, rapeiros, músicos de "country"... que animaron  o desfile ao igual que as comparsas Os Canencos e Las Flores del Carnaval, que nos acompañaron unha vez máis, e aos cales estamos moi agradecidos.

Grazas tamén a todo o alumnado, ao profesorado e á profe Isa, por esas magníficas coplas, que, xunto coas compostas polo alumnado de 6º, contribuíron a realizar un xusto xuízo.



PREME NA FOTO
                                         

mércores, febreiro 11, 2026

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Para celebrar este día tan importante, o alumnado de 5º A representou unha obra de teatro sobre a vida dunha gran científica: Marie Curie (preme para máis información). Maja púxose na pel de Marie e interpretou marabillosamente ese papel, do mesmo xeito que os demais actores e actrices: narradoras; o científico "bigotudo", que interpretou tan ben Miguel, mostrando a desconfianza e a falta de valoración dos homes da época, cara o traballo dunha muller; o pai , a nai e a súa irmá; o seu marido.... Parabéns, nenos e nenas!

PREME AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS E OS VÍDEOS.




Ao finalizar puidemos ver unha videomontaxe con imaxes reais sobre a vida de Marie Curie.

Preme na foto





luns, febreiro 09, 2026

martes, febreiro 03, 2026

DÍA DA PAZ

 Este ano por mor do mal tempo non puidemos celebrar este día como tiñamos pensado; pero non deixamos de facer un fermoso mural onde se traballaron diferentes cancións. Nel aparecían as diferentes fichas, unha por clase, coa seguinte información: título, nome do cantante ou grupo, retrouso ou frase representativa, xustificación da elección desa canción e debuxo sobre a mesma. 





REVISTA CHORIMAS

 Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...