martes, maio 19, 2026

MAIO 2026

 Unha vez máis o Maio do Cep Marcos da Portela triunfou! Conseguimos primeiro premio en Maio, en interpretación de colplas, en composición de coplas  e terceiro premio en coroa!! E tamén nos outorgaron o premio especial de centros escolares!

 Parabéns e grazas  a todos/as os que participaron nesta festa tan nosa! Sobre todo as e os que sempre acoden para este gran traballo, aínda que xa  non teñan relación co centro. Para non deixar a ninguén sen nomear, non citamos nomes...

O luns, día 4, puidemos volver escoitar as coplas e admirar o fermoso maio, para que os que non asistiron á Ferraría puidesen desfrutar desta actuación.

PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO DO MAIO








LETRAS GALEGAS 2026


 Para celebrar as Letras Galegas deste ano tivemos varios actos nos que a lingua galega foi a protagonista xunto á autora homenaxeada este ano, Begoña Caamaño.

Este venres. día 15, tivemos unha emocionante actuación a cargo de Manuela, a través da cla soubemos da vida e obra de Begoña Caamaño 

Preme para ver fotos e vídeos

Esta semana, para continuar a celebrar o Día das Letras, tivemos obradoiros da lingua con adiviñas, contos e dramatizacións, que nos fixeron botar unhas risadas.









xoves, abril 23, 2026

DÍA DO LIBRO

 O equipo da biblioteca organizou unha fermosa actividade de lecturas compartidas. Que gusto dá velos así, interados e mergullados na lectura!



martes, abril 21, 2026

CONCERTO NO CONSERVATORIO

  Hoxe puidemos asistir a un emocionante  concerto no Conservatorio de Pontevedra. Escoitamos a estupenda narración de "A frauta máxica" á vez que desfrutabamos dun impresionante concerto. Previamente explicáronnos os diferentes instrumentos que participaban no mesmo. 







martes, marzo 10, 2026

DÍA MULLER

Para celebrar o Día da Muller e seguindo co tema do noso PDI, fixemos un mural onde aparecían CDs con información sobre diferentes mulleres que destacan ou  destacaron no ámbito da música.




martes, marzo 03, 2026

RECITAL DE POESÍA "ROSALÍA DE CASTRO"

Que ben recitaron, maiores e pequenos/as, os versos de Rosalía e algún outro poeta! 

O máis emocionante deste recital foi escoitar o galego con acentos diversos: marroquí, sudamericano... Tan emocionante como o colofón deste día: todo o alumnado e profesorado fixeron resoar "Adiós, ríos; adiós, fontes"  de Rosalía de Castro no noso salón (comprobádeo nos seguintes vídeos). 

 Como todos e todas o fixeron tan ben, non puidemos establecer os tres premios estipulados, e cada participante recibiu un pequeno agasallo.

Tamén dispuxemos da exposición sobre esta autora durante toda a semana, e o alumnado mesmo os/as pequenos/as fixeron fermosos murais sobre a mesma.


PREME PARA VER MÁIS FOTOS








martes, febreiro 24, 2026

ENTROIDO 2026

 Moi musical foi este Entroido 2026! Houbo representantes de todo tipo de música: roqueiros, grupo Kiss, disc-jóckeys, rapeiros, músicos de "country"... que animaron  o desfile ao igual que as comparsas Os Canencos e Las Flores del Carnaval, que nos acompañaron unha vez máis, e aos cales estamos moi agradecidos.

Grazas tamén a todo o alumnado, ao profesorado e á profe Isa, por esas magníficas coplas, que, xunto coas compostas polo alumnado de 6º, contribuíron a realizar un xusto xuízo.



PREME NA FOTO
                                         

mércores, febreiro 11, 2026

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Para celebrar este día tan importante, o alumnado de 5º A representou unha obra de teatro sobre a vida dunha gran científica: Marie Curie (preme para máis información). Maja púxose na pel de Marie e interpretou marabillosamente ese papel, do mesmo xeito que os demais actores e actrices: narradoras; o científico "bigotudo", que interpretou tou tan ben Miguel, mostrando a desconfianza e a falta de valoración dos homes da época, cara o traballo dunha muller; o pai , a nai e a súa irmá; o seu marido.... Parabéns, nenos e nenas!

PREME AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS E OS VÍDEOS.




Ao finalizar puidemos ver unha videomontaxe con imaxes reais sobre a vida de Marie Curie.

martes, febreiro 03, 2026

DÍA DA PAZ

 Este ano por mor do mal tempo non puidemos celebrar este día como tiñamos pensado; pero non deixamos de facer un fermoso mural onde se traballaron diferentes cancións. Nel aparecían as diferentes fichas, unha por clase, coa seguinte información: título, nome do cantante ou grupo, retrouso ou frase representativa, xustificación da elección desa canción e debuxo sobre a mesma. 





luns, xaneiro 19, 2026

ENREGUÉIFATE

 Pero que boas regueifas compuxeron e cantaron este alumnado de 6º, parabéns!! Foron moi creativos e espontáneos! 



MAIO 2026

 Unha vez máis o Maio do Cep Marcos da Portela triunfou! Conseguimos primeiro premio en Maio, en interpretación de colplas, en composición d...