domingo, novembro 28, 2021

MAGOSTO 2021

 Este ano celebramos o MAGOSTO dunha maneira especial. Aínda que non puidemos celebrar os xogos tradicionais, coma todos os anos, por mor da pandemia; tivemos a ocasión de ver a uns típicos castañeiros e degustar as castañas da súa máquina de asar!

Para ver as fotos, preme na imaxe.



domingo, novembro 21, 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2021

Polo Día das Bibliotecas, os nosos nenos e nenas adícaronlle unhas fermosas palabras ás bibliotecas, contando que son para eles, que lles ofrecen, como se sinten nelas... A verdade é que fixeron un traballo marabilloso.

E para ti, que é a biblioteca? 



luns, novembro 01, 2021

SAMAÍN 2021 E XORNADAS MICOLÓXICAS

Coma todos os anos a implicación das familias nesta festa é espectacular! Grazas ás nais contadoras (1ºA, 1ºB, 2º A e 6ºA) quen, ademais de amenizar esta celebración, colaboran no fomento da lectura! Grazas a todo o alumnado por participar e á ANPA pola decoración do centro! Parabéns!



RECURSOS DE DINAMIZACIÓN E MÚSICA 2025-2026

RECURSOS PARA FAMILIAS: PROGRAMA APEGO CANTÁMOLA EN GALEGO (LISTAXE EN SPOTIFY) CANTÁMOLA EN GALEGO (YOUTUBE) ORELLA PENDELLA (DITOS, RECITA...