O pasado luns, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data para lembrar a todas as vítimas e para reivindicar unha sociedade libre de agresións, desigualdades e discriminacións.
Participamos nunha actividade, xunto ao alumnado de infantil de Fina Casalderrey e o alumnado do IES Luís Seoane, que consistía en decorar unhas caixas (unha por nivel) con palabras ou mensaxes positivos cara a erradicación da violencia machista e o empoderameto da muller, nunha das súas caras; noutra, unha palabra ou frase da realidade que aínda persiste hoxe en día. Con elas creamos a nosa pirámide e, posteriormente, formaron parte da pirámide conxunta co resto de alumnado no IES Luís Seoane. Como acto simbólico a construción que reflectía aspectos negativos foi destruída.
Finalmente, percorrimos todos xuntos as rúas ao son dos nosos percusionistase, e así concluímos esta conmemoración.
No noso centro tamén fixemos un mural con quebracabezas que completamos entre todas as clases.
Preme aquí para ver más fotos.
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

