domingo, novembro 23, 2014

OLLOS DE AULA Nº 17

Novo número da revista Ollos de aula!

Nesta entrega analízanse as consecuencias negativas que para o galego ten o Decreto do Plurilingüismo catro anos despois da súa aprobación.

Ademais, a orientadora Mª Dolores González Piñeiro fálanos de "educar nas emocións" e a psicopedagoga Lines Salgado subliña a importancia da "Hora de Ler". Así mesmo, Gracia Santorum animános, a ler e a escoitar, e desta volta tamén a percorrer e sentir a ameazada Fraga de Catasós de Lalín.


xoves, novembro 13, 2014

O MAGOSTO

Xa cheira a castañas, é tempo de Magosto! 

Por iso vos deixamos esta bonita canción de Jesús Pareja, así como unha web moi completa da que podedes sacar moitos recuros.

Esperemos que o tempo nos acompañe para celebralo como se merece.



luns, outubro 27, 2014

mércores, outubro 22, 2014

GLOGSTER SAMAÍN 2014

Achégase o Samaín, e por iso o ENDL elaborou este Glogster cunha escolma de recursos recompilados na rede.

Para acceder, premede na imaxe e iredes directamente ao Glogster.

Esperamos que vos guste e lle saquedes moito proveito!



venres, outubro 17, 2014

TAMBO

Mañá sábado 18 ás 20:00 horas tendes unha cita no Teatro Principal de Pontevedra: un concerto de Tambo coa Banda Fungadeira.

Tambo é un proxecto que naceu dunha actividade dinamizadora da Biblioteca do CEIP do Carballal de Marín, no que o alumnado elaborou relatos que tratan valores como a conservación do medio ambiente ou a discapacidade. 

O resultado deste traballo foi un libro disco de contos cantados en galego, finalista nos Premios á Edición do Mellor Libro Infantil en Galego 2013.



mércores, outubro 15, 2014

PREMIO LEIXAPRÉN 2014

María Xosé Silvar, coñecida como Sés, música e cantautora coruñesa, foi gañadora do Premio Leixaprén deste ano 2014, un premio de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega que se fai entrega cada ano a un persoeiro público, escollido por votación entre os diversos ENDL adscritos á Coordinadora Galega.



EN XOGO

Rexistrate en EN XOGO!

So necesitas:
- Unha conta de correo.
- Un nome para identificarte. 
- E un contrasinal.

Poderás xogar a: Curuxa, Trivial, Catapalabras e Letrad@s

Atrévete e demostra o que sabes.



sábado, outubro 11, 2014

DOUS LIBROS GALEGOS ENTRE OS MELLORES DO MUNDO

A Feira Internacional do Libro de Fráncfort presentou esta semana o catálogo White Ravens, un listado das mellores 200 obras de todo o mundo para o público infantil deste ano. 

Entre os sete títulos españois que figuran, dúas son de editoriais galegas: "Galiño pelado", na súa versión en castelán, de OQO; e o álbum "Nicomedes o pelado", de Kalandraka.

Este último, ademais, en galego, é o único libro incluido na White Ravens editado nunha lingua cooficial do estado español distinta do castelán.



venres, outubro 10, 2014

OLLOS DE AULA Nº 16 - REVISTA PARA AS FAMILIAS

Comparto con vós a edición número 16 da revista Ollos da aula, que para os que non a coñezan é unha revista que publica a Coordinadora Galega de Equipos de Normlización e Dinamización Lingüística de xeito mensual, e que informa ás familias de todos aqueles aspectos da educación que están de actualidade.

Nesta primeira entrega do curso 2014/2015 abórdanse temas como: crear hábitos de traballo nos nenos/as, cambios inminentes que introduce a LOMCE, que é a aprendizaxe por proxectos, propostas lectoras, etc.






luns, outubro 06, 2014

CONCURSO DE LOGOS

Convidamos ao alumnado de segundo e terceiro ciclo a deseñar un logo para o noso ENDL. Un logo que estará relacionado co nome do blog "A palabra saborosa".

Unha vez que o elaboredes, seguindo as instrucións descritas no cartaz, indicaredes nome e curso por detrás do papel e o entregaredes ao titor ou á titora.

Posteriormente selecionaremos os mellores logos, para despois votar polo único e definitivo.

Animádesvos?




GALEGO, LINGUA MINORITARIA?

Un curso máis, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEP Marcos da Portela continúa a súa andaina neste blog das palabras saborosas, adicionando ingredientes suculentos e receitas exquisitas. Porque o galego está presente nas mellores linguas, porque é e debe ser unha lingua rexa!

xoves, maio 15, 2014

TRABALLOS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

A  Semana Cultural preséntase ateigada de actos moi interesantes: teatro, cancións, presentación de contos, entrega dos premios do Certame Literario... Por certo o alumnado do 1º ciclo presentou para este certame uns fermosísimos murais!! Aquí os tendes!



FOTOS DE TODOS OS TRABALLOS DOS MURAIS FOTOS DOS TRABALLOS DE 4º B

BRAVO POLO NOSO MAIO

Que fermoso quedou o "maio" do noso centro!! Así foi que gañamos cinco premios!! Parabéns a todos e todas os que participaron na súa realización. Tamén, como non, aos nenos que cantaron as coplas, por ese primeiro premio acadado!



martes, marzo 18, 2014

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA E DA ÁRBORE

Este venres temos unha dobre celebración: o Día da Poesía e da Árbore. Xa temos preparado o  vídeo do poema "Penélope", escrito polo autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Seguro que ides  recitar moitos dos poemas de Rosalía, por certo, que traballos máis fermosos están a facer, os nenos e nenas do cole, sobre estes poemas!! Empezamos, agora, cun vídeo do noso benquerido Manuel María e os recursos para traballar a poesía!



A nosa presentación do fermoso poema de Xosé María Díaz Castro titulado "Penélope", o primeiro con audio de alumnos e alumnas de 6º A, B e C. Despois aparece sen audio, só con música. Ollo!, non está en galego normativo.



RECURSOS
 

REVISTA CHORIMAS

 Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...