“Cántamo en Galego” é un novo espazo musical radiofónico no que cada luns, durante o programa Pontevedra na Onda, coñeceredes todas as novidades da produción musical en galego: discos, concertos, certames, festivais, eventos...
domingo, novembro 23, 2014
OLLOS DE AULA Nº 17
Novo número da revista Ollos de aula!
Nesta entrega analízanse as consecuencias negativas que para o galego ten o Decreto do Plurilingüismo catro anos despois da
súa aprobación.
Ademais, a orientadora Mª Dolores González
Piñeiro fálanos de "educar nas emocións" e a psicopedagoga Lines
Salgado subliña a importancia da "Hora de Ler". Así mesmo, Gracia
Santorum animános, a ler e a escoitar, e desta volta tamén a
percorrer e sentir a ameazada Fraga de Catasós de Lalín.
xoves, novembro 20, 2014
xoves, novembro 13, 2014
O MAGOSTO
Xa cheira a castañas, é tempo de Magosto!
Por iso vos deixamos esta bonita canción de Jesús Pareja, así como unha web moi completa da que podedes sacar moitos recuros.
Esperemos que o tempo nos acompañe para celebralo como se merece.
martes, novembro 11, 2014
MURAL DE SAMAÍN
Xa podedes tremer... porque aquí tendes o mural de Samaín coas historias de medo creadas polos nosos alumnos e alumnas.
Preme en cada ligazón para ver os contos.
Preme en cada ligazón para ver os contos.
domingo, novembro 02, 2014
luns, outubro 27, 2014
NOITE MEIGA
Apetéceche escribir un poema de meeedo?
Segue estas pautas:
1º Pensa nun personaxe.
2º Como é?
3º Que fai?
4º Escribe coas respostas unha copla de catro versos facendo que rimen os versos pares.
Bravo! Xa tes un poema!!!
Ollo! Se non se che ocorre nada, aquí tes estes exemplos.
mércores, outubro 22, 2014
GLOGSTER SAMAÍN 2014
Achégase o Samaín, e por iso o ENDL elaborou este Glogster cunha escolma de recursos recompilados na rede.
Para acceder, premede na imaxe e iredes directamente ao Glogster.
venres, outubro 17, 2014
TAMBO
Mañá sábado 18 ás 20:00 horas tendes unha cita no Teatro Principal de Pontevedra: un concerto de Tambo coa Banda Fungadeira.
Tambo é un proxecto que naceu dunha actividade dinamizadora da Biblioteca do CEIP do Carballal de Marín, no que o alumnado elaborou relatos que tratan valores como a conservación do medio ambiente ou a discapacidade.
O resultado deste traballo foi un libro disco de contos cantados en galego, finalista nos Premios á Edición do Mellor Libro Infantil en Galego 2013.
O resultado deste traballo foi un libro disco de contos cantados en galego, finalista nos Premios á Edición do Mellor Libro Infantil en Galego 2013.
mércores, outubro 15, 2014
PREMIO LEIXAPRÉN 2014
María Xosé Silvar, coñecida como Sés, música e cantautora coruñesa, foi gañadora do Premio Leixaprén deste ano 2014, un premio de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega que se fai entrega cada ano a un persoeiro público, escollido por votación entre os diversos ENDL adscritos á Coordinadora Galega.
EN XOGO
Rexistrate en EN XOGO!
So necesitas:
- Unha conta de correo.
- Un nome para identificarte.
- E un contrasinal.
sábado, outubro 11, 2014
DOUS LIBROS GALEGOS ENTRE OS MELLORES DO MUNDO
A Feira Internacional do Libro de Fráncfort presentou esta semana o catálogo White Ravens, un listado das mellores 200 obras de todo o mundo para o público infantil deste ano.
Entre os sete títulos españois que figuran, dúas son de editoriais galegas: "Galiño pelado", na súa versión en castelán, de OQO; e o álbum "Nicomedes o pelado", de Kalandraka.
Este último, ademais, en galego, é o único libro incluido na White Ravens editado nunha lingua cooficial do estado español distinta do castelán.
venres, outubro 10, 2014
OLLOS DE AULA Nº 16 - REVISTA PARA AS FAMILIAS
Comparto con vós a edición número 16 da revista Ollos da aula, que para os que non a coñezan é unha revista que publica a Coordinadora Galega de Equipos de Normlización e Dinamización Lingüística de xeito mensual, e que informa ás familias de todos aqueles aspectos da educación que están de actualidade.
Nesta primeira entrega do curso 2014/2015 abórdanse temas como: crear hábitos de traballo nos nenos/as, cambios inminentes que introduce a LOMCE, que é a aprendizaxe por proxectos, propostas lectoras, etc.
luns, outubro 06, 2014
CONCURSO DE LOGOS
Convidamos ao alumnado de segundo e terceiro ciclo a deseñar un logo para o noso ENDL. Un logo que estará relacionado co nome do blog "A palabra saborosa".
Unha vez que o elaboredes, seguindo as instrucións descritas no cartaz, indicaredes nome e curso por detrás do papel e o entregaredes ao titor ou á titora.
Posteriormente selecionaremos os mellores logos, para despois votar polo único e definitivo.
Animádesvos?
GALEGO, LINGUA MINORITARIA?
Un curso máis, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEP Marcos da Portela continúa a súa andaina neste blog das palabras saborosas, adicionando ingredientes suculentos e receitas exquisitas. Porque o galego está presente nas mellores linguas, porque é e debe ser unha lingua rexa!
martes, maio 27, 2014
xoves, maio 15, 2014
TRABALLOS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO
A Semana Cultural preséntase ateigada de actos moi interesantes: teatro, cancións, presentación de contos, entrega dos premios do Certame Literario... Por certo o alumnado do 1º ciclo presentou para este certame uns fermosísimos murais!! Aquí os tendes!
FOTOS DE TODOS OS TRABALLOS DOS MURAIS FOTOS DOS TRABALLOS DE 4º B
FOTOS DE TODOS OS TRABALLOS DOS MURAIS FOTOS DOS TRABALLOS DE 4º B
BRAVO POLO NOSO MAIO
Que fermoso quedou o "maio" do noso centro!! Así foi que gañamos cinco premios!! Parabéns a todos e todas os que participaron na súa realización. Tamén, como non, aos nenos que cantaron as coplas, por ese primeiro premio acadado!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
REVISTA CHORIMAS 2025
XORNAL CHORIMAS by Marcos Portela Como sempre, unha revista magnífica onde se reflicten algunas das moitas actividades realizadas ao ...
-
Aí vén o maio...pois por fin chegou o maio. Unha tradición dende o CEP Marcos da Portela por facer a coroa, o propio Maio e cantar as coplas...
-
O Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, abrimos as portas da nova biblioteca. Un espazo que aínda non está completamente rematado e no que ...
-
Por fin chegou a noite máis aterradora do ano ao Marcos da Portela. En Galicia celébrase o Samaín, é unha celebración onde marca a finalizac...