luns, outubro 19, 2015
xoves, outubro 15, 2015
SYMBALOO: CORPO HUMANO
Aquí tedes un symbaloo que recompila diversos recursos para traballar o corpo humano nos distintos niveis de Primaria e en galego.
Preme en cada recadro e terás aceso ao recurso que queiras.
E para profundizar no tema, un xogo de verdadeiro ou falso sobre curiosidades do corpo e dúas webs sobre léxico da man e léxico do corpo e xeral.
luns, outubro 12, 2015
REFRANEIRO GALEGO
Máis de 10 mil refráns no teu móbil con esta aplicación, válida tanto para iphone como para android.
www.refraneirogalego.com
www.refraneirogalego.com
martes, setembro 22, 2015
BENVIDO OUTONO
Ven onda nós o outono
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas,
estreando friaxe.
Ana Mª Fernández. "Ondas de verde e azul". Xerais.
Dende o ENDL, damos a benvida a esta fermosa estación, compartindo con vós estes recursos pesquisados pola rede sobre poesías, receitas, froitos e refráns de outono.
venres, xuño 26, 2015
PRESUMINDO DE GALEGO
A partir da proposta da Coordinadora Provincial dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística chamada "Presume de galego", que consiste en gravar aos nenos e nenas falando un minuto en galego sobre un tema libre; nós decidimos trasladala ao noso centro animando a todos os que quixeran contarnos algo en galego.
Algúns presumiron máis, outros menos, pero a iniciativa tivo moito éxito entre os rapaces e rapazas.
Esperamos que sexa unha actividade que teña igual ou incluso máis acollida nos vindeiros cursos.
Porque falar en galego é unha excusa perfecta para presumir!
Agora só nos queda enviar os audios á web do proxecto.
Aquí podedes ver os vídeos dos nenos e nenas.
xoves, xuño 25, 2015
GAÑADORAS DO II CERTAME LITERARIO
As gañadoras do II Certame Literiario foron:
- Inés Domínguez de 1º A por "O peixe dourado", na categoría poesía.
- Carla Vázquez Castro de 4º C pola súa redacción "O mar do meu avó".
- Alejandra Acevedo Maquieira de 4º A pola súa poesía "O mar".
- Gloria Solla Leins de 5º C con "O naufraxio" na categoría narrativa.
- Laura Ovelleiro Barreiro de 5º B coa súa poesía Haiku "O meu mar".
Noraboa a todas as premiadas!!!
XORNADA ATLÁNTICA
Este vídeo realizado polo compañeiro Nito do CEIP Campolongo resume a xornada de convivencia realizada na praia cos alumnos e alumnas dos diferentes centros UNESCO de Pontevedra.
martes, xuño 23, 2015
PROXECTOS SOBRE A LUZ
Estes murais que decoran os nosos corredores recollen unha grande parte do que investigamos ao longo do curso sobre a luz.
Cantas cousas aprendemos!
OPS!
OPS! foi un Obradoiro promovido polo Concello de Pontevedra, no que os nenos de 5º e 6º se achegaron ás similitudes entre o galego e o portugués.
Foi unha actividade na que descubriron que sabían máis do que pensaban, poque o galego e o portugués son linguas irmás!
TRABALLOS DE MARUJA MALLO
Como xa sabedes, este curso participamos no proxecto "Imaxina o Atlántico", por iso nos inspiramos nas obras de Maruja Mallo relacionadas co mar.
Aquí tedes unha pequena mostra sobre o que fixemos.
Unhas obras preciosas que decoran os nosos corredores!
luns, xuño 22, 2015
PONTENCIENCIA 2015
O noso cole presentou un experimento que consistía na determinación caseira do PH segundo a cor, acadando o 3º premio na categoría Centros.
Tamén participaron varias familias do cole: a familia Juárez Altirriba, cun separador de moléculas e aeroxererador; a familia López Leiro co ciclo da auga, que acadou un Accésit, e a familia Casado Pazos con experiencias sobre o efecto invernadoiro, galardoados co 3º premio na categoría Ciencia en Familia.
Noraboa a todos e todas polo traballo tan ben feito!
CORRELINGUA
Como todos os anos, 3º e 5º participaron no Correlingua: a festa da lingua. Nesta ocasión o lema era "Galego, a nosa creación común".
Os nosos rapaces e rapazas pasárono xenial na Praza da Ferraría. Levaron unhas palabras sobre o tema do proxecto no que se traballou ao longo do curso: a luz.
FOTOS EN PONTEVEDRA VIVA
xoves, xuño 18, 2015
E SE MAÑÁ VEMOS UNHA PELÍCULA?
Hai mellor maneira de rematar o curso que vendo unha película?
Pois si! Rematar o curso vendo unha película en galego!!!
Nesta web tedes onde escoller ;)
domingo, xuño 07, 2015
A NOSA CURTA NA WEB DA CRTVG
Xa temos a nosa curta na web do Xabarín Club!!!
Na resolución do concurso non fomos gañadores, pero para nós foi unha experiencia moi satisfactoria, e para os nosos nenos e nenas do 1º ciclo xa somos gañadores.
Foi moi traballoso pero entre todos e todas fixemos un filme estupendo!
Podedes entrar na web e votar o noso vídeo nas estreliñas que aparecen embaixo.
PREME PARA VER O VÍDEO
venres, xuño 05, 2015
MAKING OFF DE "A VIAXE DAS BOLBORETAS"
O alumnado de 1º ciclo participou na gravación da curta sobre o libro titulado "A Viaxe das Bolboretas".
Participaremos no concurso "Nos tamén creamos" e... a ver que pasa porque quedou ben chula!!
Aquí tendes o "making of" no que vedes como colaboraron os alumnos e alumnas na realización das diferentes etapas do proceso: debuxos do "story board", creación dos personaxes e diferentes elementos da escenografía, gravación de voces...
Na presentación hai un pequeno erro, é "story board" non "history"*.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
REVISTA CHORIMAS
Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...
-
Nunca defrauda a nosa exposición de cabazas do Samaín , máis ben nos segue a sorprender grazas ao inmenso traballo de nenos/as e maiores. E...
-
Gran nova para o cine galego! A nosa película “O ROUBO DO TRASLÍ DOURADO”, realizada o pasado curso, vén de recibir un prestixioso 1º pre...
-
XORNAL CHORIMAS by Marcos Portela Como sempre, unha revista magnífica onde se reflicten algunas das moitas actividades realizadas ao ...









