mércores, febreiro 27, 2019

DÍA DE ROSALÍA

O pasado 24 de febreiro foi o día dedicado a nosa benquerida Rosalía de Castro! No noso centro cremos que un día non é suficiente, por iso vaise celebrar un  certame de poesía  no que poderá participar todo o alumnado do centro. Así, adiantámonos tamén á celebración do Dia da Poesía, recitando os fermosos poemas desta grande escritora galega!! Poemas como os que podedes ler na seguinte ligazón.
Unha vez realizado, poremos os vídeos e informaremos dos gañadores/as!! 
ESCOLMA DE TEXTOS DE ROSALÍA DE CASTRO


PREME  AQUÍ



certame poesía by marcos on Scribd

ORBIL VISITA O C.E.P. MARCOS DA PORTELA!!

Canta ilusión e tenrura reflectidas nas caras do noso alumnada de 1º e 2º!! E tamén na dalgunhas "profes"!! Esperemos que teñan esa mesma ilusión pola lectura e gocen con ela como o fixeron hoxe con este personaxe do Salón do Libro de Pontevedra!

Preme para ver máis fotos.



ROTEIRO SARMIENTO

Este  luns, día 25, o alumnado de 6º percorreu as rúas de Pontevedra para realizar o roteiro Sarmiento. Temos que dar as grazas a Roberto por todo o que nos contou sobre Sarmiento e o momento histórico no ue viviu.
Que ben o pasamos, até "navegamos" nun barco que nos recorda ata onde chegaba a auga naquela época!! Podedes ver as fotos máis abaixo!


Se queres ler máis información, preme na foto

Nesta mesa, Martín Sarmiento (1695-1772) forxou un dos máis importantes e orixinais legados intelectuais da Ilustración española, ao tempo que sentaba os alicerces para o desenvolvemento do galeguismo contemporáneo. Sarmiento investigou e reflexionou sobre case todos os ámbitos de coñecemento do momento: botánica, xeografía, filoloxía, historia, economía, antropoloxía, nada escapaba á curiosidade do erudito. Pero a súa maior obsesión foi o estudo de Galicia nos seus distintos aspectos, cun afán abertamente revindicativo a con miras ao seu progreso material e espiritual. Unha boa parte da obra de Sarmiento permanece inédita ou é escasamente coñecida. Desde os mesmos finais do século XVIII a intelectualidade galega, e con forza crecente tamén os estudosos da Ilustración hispánica, vén reclamando a divulgación do legado sarmentino.

FOTOS DE 6º


FOTOS 5º

CANTOS CONTOS CON ANXO MOURE!

O pasado venres o alumnado de 3º e 4º tivo a sorte de escoitar contos solidarios, ecolóxicos, creativos... contados polo  xenial Anxo Moure, quen chegou ao no centro montado no seu especial patinete, chamado " NUBINETE"!!


martes, febreiro 12, 2019

DÍA DA NENA E MULLER NA CIENCIA

Onte, día 11 de febreiro, o alumnado de 6º celebrou por todo o alto o Día da Nena e a Muller na Ciencia participando na videoconferencia  de Begoña Vila, astrofísica nada en Vigo, que traballa como inxeñeira xefe no proxecto do telescopio espacial James Webb,  que sustituirá ao Huble no vindeiro 2020.


Preme na foto 
Preme na foto para ver  outras fotos do acto
Preme na foto para ler  información sobre Begoña Vila




sábado, febreiro 09, 2019

A PAZ

Que fermosa celebración tivemos o Día da Paz!!! A paz que, por certo, temos que ter presente todos os días da nosa vida! Comezamos a conmemoración coa lectura, a cargo de alumnos/as de 6º,  dun fermoso poema escrito pola profe Isa a partir duns versos  de Ana María Fernández,  "Sabor a Paz"; logo, puidemos ver o vídeo do alumnado de 1º e 2º recitando o poema da mesma autora titulado "Os dedos", que ben o dramatizaron!; a continuación, o alumnado de 4º recitou o fermoso poema "Apostas pola Paz" composto polas diferentes clases de 4º  ; e, por último, cantamos a emocionante canción "Rumba das apertas" de Magín Blanco!!

 E non esquezamos que agora xa sabemos dicir a palabra "paz" en moitas linguas!! Mira ao final da entrada.
Tamén temos que destacar o traballo  realizado polas familias para versionar  o poema "A paz" de Ana Mª Fernández. Parabéns!!


Sabor a Paz by on Scribd


Apostas Pola Paz by on Scribd




PREME NA FOTO PARA VER AS DEMAIS




Non esquezamos que tamén fixemos o mural deste día, onde se plasmou un poema cunha mensaxe de paz para o noso centro e para todo o planeta,  "Xuntos pola paz"!! Arredor del situáronse  palabras que significan "paz" noutras linguas, algunhas delas  minoritarias. Que ben quedaron , canta creatividade nos diferentes deseños!!
 Agora xa sabes o que significa "Trifuscó" e todas as demais palabras!! 




mércores, xaneiro 23, 2019

FESTIVAL DE NADAL

Como todos os anos, tivemos a sorte de gozar dun magnífico festival de Nadal!! Teatro, cancióms, coreografías..., unha morea de espléndidas actuacións!!Entre elas a do centro Juan XXIII, que nos volveu sorprender e emocionar!!

 ACTUACIÓNS:
Teatro "La verdadera Navidad" (5º B)
Panxoliña do alumnado de 2º A: "Tres Reis en bicicleta"
Panxoliña do alumnado de 2º B: "O rock do bacallau con coliflor"
Acompañamento instrumental "Vento das Cíes" (3º B)
Interpretación musical "Máquina de escribir" (5º A)
Canción "Obladí, obladá"(6º A)
Canción "Chea de vida" (6º B)
Actuación de Juan XXIII

 Parabéns a todos e todas !! E non nos esquezamos das nais que decoraron a entrada do centro de maneira espectacular, destacando a fermosa árbore de Nadal, que nos invita a pensar nun mundo mellor onde impera a reciclaxe e o coidado polo medio ambiente!! Parabéns, bravo por elas!!

 

luns, decembro 17, 2018

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Aquí tendes as recomendacións lectoras que elaborou a coordinadora da biblioteca, tomade nota da estupenda selección de libros!!

Recomendación Lectoras Nada... by on Scribd

venres, novembro 30, 2018

MAGOSTO 2018

Que ben o pasamos este Magosto!! Xogamos, divertímonos e comemos unha chea de ricas e quentiñas castañas!! Grazas a todos/ todas por este día, sobre todo  aos pais/nais que colaboraron con nós!! Mirade que fotos más chulas!!

luns, novembro 12, 2018

QUERO BAILAR, QUERO BRINCAR

Con este estupendo vídeo que fixeron todos os nenas e nenas do noso centro, moi ben guiados polas mans que falan da nosa querida Rosa (intérprete de Lingua de signos do noso centro), gañouse unha mención de honor no concurso da FAXPG deste ano 2018: Cantamos coas mans!! PARABÉNS!!

A continuación tendes as fotos do  pasado 31 de outubro, cando  veu a Presidenta da Asociación de Xordos de Pontevedra para facer entrega do diploma   acreditativo!




E, como non, quen mellor para felicitar a Rosa que a nosa poeta particular, Isa:
 "Mans que cantan con voz propia,
 mans que signan para todos;
 mans que acollen as palabras
 e as achegan ao seu porto:
 A COMUNICACIÓN."

Xa que non foi posible ir recoller o devandito premio á Coruña,  fíxose un fermoso vídeo de agradecemento:


Recordemos tamén o alegre vídeo co que se participou na edición anterior do 2017!

mércores, novembro 07, 2018

DIA DAS BIBLIOTECAS

O pasado 24 de outubro foi o Día da Biblioteca e celebrámolo por todo o alto no noso centro!! Tivemos a sorte de contar cunhas marabillosas contadoras de contos: profes xubiladas e nais, que engaiolaron a nenos/as e profes!!, só hai que ver as fotos para comprobalo. Ademais das lecturas tamén se fixeron xogos de "busca do tesouro", que consistía  en atopar un libro (que maior tesouro!!) na biblioteca seguindo unhas pistas dadas.
Aquí tendes as fermosas e emocionantes fotos!!



luns, novembro 05, 2018

SAMAÍN 2018

IMPRESIONANTE!!! Canto traballo...horas. días..., pero mereceu a pena, e para que o poidades ver todos aqueles/as que non pasastes polo cole, aquí tendes as fotos da decoración da entrada.
E, como non, un ano máis imperou a creatividade e o inxeño na decoración das cabazas, este ano o tema era a contaminación dos nosos océanos, sobre todo, no que se refire aos residuos plásticos. Parabéns a todos e todas!!



luns, outubro 29, 2018

DÁLLE Á LINGUA

SE PREMEDES NESTE ENLACE PODEREDES OÍR AO NOSO ALUMNADO FALANDO DAS MULLERES QUE SE TRABALLARON NOS DIFERENTES NIVEIS. FOI GRAVADO E EMITIDO POR POR ONDA CERO. QUE BEN O FIXERON!!!


                                  

luns, xullo 02, 2018

MURAIS DO COLE

Este ano o noso centro encheuse, entre outras cousas, de mulleres que destacaron en moitos ámbitos; mulleres importantes que tiveron que enfrontarse a un mundo cheo de trabas, de atrancos...

CANTOS NO MARCOS

Como outros anos, este curso tamén se celebrou o certame de "Cantos no Marcos", e que ben cantaron todos os/as participantes eses cantos tradicionais que todos coñecemos!! Parabéns a tod@s!!!

UNESCO, DEBATE...

Este ano tivemos moitas actividades que non quedaron reflectidas aquí, como por exemplo os encontros UNESCO, no que houbo obradoiros moi interesantes!!

ENCONTROS UNESCO
Fotos Unesco


Debate do alumnado de 6º  co alumnado de 5º e 6º do CEIP S an Benito de Lérez.
https://photos.app.goo.gl/JYQ1mJVYiMgWNwQ2A


venres, xuño 22, 2018

RETRATANDO A Mª VICTORIA

Gran parte do noso alumnado quixo retratar á súa particular Mª Victoria. A continuación, amosamos unha pequena selección!! Preme na foto.
https://photos.app.goo.gl/kxeDWoxXfjcMtuTZ6

mércores, xuño 13, 2018

FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS





A nosa Semana Cultural abrangueu dende o 2 ata o  25 de maio, día no que celebraremos o noso Festival das Letras.
Ao longo destes días, ademais de decorar os nosos corredores, fixemos as seguintes actividades:
1.      Acróstico co nome de María Victoria Moreno de tamaño mural.
2.      Lectura sobra a vida e a obra de María Victoria Moreno.
3.      Brincaletras do noso centro, eleborados para os tres ciclos.
4.      Actividade de creación literaria facendo pareados cos títulos dos  libros desta autora.
5.      Cantos no Marcos (participa voluntariamente alumnado de 3º a 6º nivel interpretando antigas tradicionais).
6.      Concurso Lema- Ilustración do que se realizará un adhesivo do gañador.
7.      Realización  dos debuxos e texto do conto “Can branco, can negro” de María Victoria Moreno.


Cantas actuacións tivemos neste festival e que ben o fixeron todos e todas as participantes! Actuacións do acto de Primavera das Letras para homenaxear á escritora Mª Victoria Moreno (o alumnado de 4º representou "A festa no faiado" e o de 2º C  fixo teatro musicado de "O cataventos" , teatro, música, danza, recitado... houbo de todo, e até contamos coa actuación dos alumnos e alumnas do XXIII, como sempre tamén nos emocionaron!

Actuacións:


  • Vídeo sobre a vida e obra de María Victoria Moreno, alumnado de 6º nivel.
  • Vídeo (presentación fotográfica) do "Pregón lido na Feira do Libro de Pontevedra de 2003" de María Victoria Moreno, alumnas de 6º nivel.
  • Dramatización do poema "O almorzo" de María Victoria Moreno , a cargo de alumnos/alumnas de 3º nivel.
  • Poema musicado "Cantiga" do libro "Elexías de luz" de María Victoria Moreno, alumnado de 5º nivel.
·         Teatro: “A festa no Faiado” de María Victoria Moreno, alumnado de 4º nivel.
·         Poema musicado “O Cataventos” de María Victoria Moreno, alumnado de 2º C.

·         “A  Princesa do Courel”, alumnado de 2º A nivel.

·         Canción: Eram Sam Sam, alumnado de 5º nivel.

·         Danzas do mundo, alumnado de 6º e danza de 2º B.

·         Cantos no Marcos (actuación dos/das gañadores/as).


DÍA DAS LETRAS NO NOSO XORNAL

SALÓN DO LIBRO 2018

Que fermoso traballo fixemos este ano, como sempre!!! Un colosal gramófono coa súa bucina, prato xiratorio e ata manivela!!! Tamén fixemos uns discos sobre as diferentes mulleres traballadas, no noso centro, en todos os niveis, para que A VOZ DAS MULLERES resoe por sempre e para sempre!!
Preme na foto para ver outras da visita ao Salón do Libro e ós obradoiros!!



REVISTA CHORIMAS

 Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...