Hoxe celebramos o Día do Libro no noso centro, concretamente, o alumnado de 1º recitou con moita enerxía o poema "Polas rúas" e " Xan Perillán"!!
venres, abril 23, 2021
mércores, abril 21, 2021
martes, abril 20, 2021
A XUSTIZA POLA MAN
Unha fermosa homenaxe a Rosalía de Castro!
Polo Día de Rosalía, os nenos e nenas de 5ºB decidiron recitar un dos seus poemas, "A xustiza pola man", que forma parte do seu libro Follas Novas.
venres, marzo 26, 2021
COÑECENDO O ENTROIDO DE COBRES
Este curso, o Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro propuxo traballar os "Entroidos tradicionais", xa vedes que fermoso mural se fixo entre todo o alumnado; así quedounos moi claro de onde son os Peliqueiros, os Cigarróns, os Vergalleiros, os Volantes...e, como non, as Madamas e Galáns!!
luns, marzo 22, 2021
venres, xaneiro 29, 2021
DÍA DA PAZ: ROSA PARKS
Magnífica forma de coñecer a figura de Rosa Parks! Con este breve vídeo da clase de 6º C poderás coñecer os datos máis importantes da homenaxeada no Día da Paz 2021.
xoves, xaneiro 28, 2021
martes, decembro 22, 2020
domingo, decembro 20, 2020
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Con motivo do Día das Bibliotecas Escolares, que xusto coincidía coa apertura da nosa biblioteca, os nenos e nenas do cole fixeron uns booktrailers estupendos. Recomendaron aqueles libros que máis lles gustaron, así que non dúbidedes en botarlles unha ollada porque de seguro que atopades algo que vos interese.
A seguir lendo amig@s!
BOOKTRAILERS DE 2ºA
xoves, novembro 26, 2020
luns, novembro 16, 2020
A BIBLIOTECA ESPÉRAVOS!
Con esta situación que estamos a vivir, que mellor que refuxiarse nos libros?
A Biblioteca espéravos coas portas abertas para que gocedes da lectura e do mundo da fantasía. Lembrade que estamos abertos polas tardes de luns a xoves, en horario de 16.00 a 18.00 e que este ano temos unhas novas normas.
martes, xuño 30, 2020
CHORIMAS Nº14
Xa podedes admirar a nosa fermosa publicación, o noso CHORIMAS!! Unha escolma de traballos de todas as clases! Parabéns por este formidable traballo!
domingo, xuño 28, 2020
martes, xuño 09, 2020
VÍDEOS DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020 (COMUNIDADE EDUCATIVA, INTÉRPRETE DE LINGUA DE SIGNOS, FINA CASALDERREY, CENTRO FINGOI )
| Preme para acceder aos vídeos |
Que mellor que compartir o traballo entre os centros educativos!! O noso centro enviou ao colexio Fingoi, sito en Lugo e onde traballou Riacardo Carvalho Calero, os PASAPALABRAS e eles compartiron con nós o seu fermoso vídeo.
venres, xuño 05, 2020
MAXIA NA MANGA
Co gallo do Día da Muller Traballadora tivemos dúas sesións do grupo "Maxia na manga" o día 11 de marzo (unha de 1º a 3º e outra de 4º a 6º), a cargo de Sara Rodríguez e Carlos Tomico; ambas as dúas sesións conxugaron maxia e mensaxes de igualdade, de acordo ás idades do alumnado ás que ían dirixidas.
Ademais de rir a esgalla, aprenderon a importancia de vivir nunha sociedade igualitaria!
| PREME NA FOTO PARA VER MÁIS |
xoves, maio 14, 2020
PÁXINAS INTERESANTES PARA COÑECER AO HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS: RICARDO CARBALLO CALERO
PASAPALABRAS PARA CADA CICLO / DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020
mércores, abril 15, 2020
Recomendacións para ter acceso a libros en formato dixital
POEMAS COMPARTIDOS
POESÍAS COMPARTIDAS by Marcos Portela on Scribd
mércores, abril 01, 2020
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL: 2 DE ABRIL
REVISTA CHORIMAS
Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...
-
Nunca defrauda a nosa exposición de cabazas do Samaín , máis ben nos segue a sorprender grazas ao inmenso traballo de nenos/as e maiores. E...
-
Gran nova para o cine galego! A nosa película “O ROUBO DO TRASLÍ DOURADO”, realizada o pasado curso, vén de recibir un prestixioso 1º pre...
-
XORNAL CHORIMAS by Marcos Portela Como sempre, unha revista magnífica onde se reflicten algunas das moitas actividades realizadas ao ...




