xoves, maio 05, 2022

O NOSO MAIO 2022

Coma sempre o noso "maio" quedou espectacularmente fermoso e perfecto, e como non podía ser doutra maneira gañamos o primeiro premio!!  
Non podemos deixar de agradecer a toda a xente que se implicou até a magrugada para facer realidade, un ano máis, o noso "maio", xente que acode ano a ano con moito ánimo e de maneira desinteresada; tamén, ao noso exalumnado, que sorte poder velos de novo!

Pero a nosa coroa e as coplas (nas que colaboraron parte do  alumnado de 6º e  profesorado, sobre todo mestras xa xubiladas) non foron menos; a perfección seguiu a ser unha constante en todas estas manifestacións! De feito, na prensa local, aparecemos como claros triunfadores. 

          1º PREMIO DE MAIOS 

          2º PREMIO DE COROA

          1º PREMIO DE  INTERPRETACIÓN DE COPLAS 

          2º PREMIO DE COPLAS

 Ademais, este ano,   foi Pilar Lores, a nosa Pili, a encargada de pronunciar un emocionante pregón, o cal pecha este círculo de perfección.  

Preme nas fotos para ver máis. Debaixo tes o vídeo do alumnado de 6º que conseguiu o 1º premio de interpretación de colpas.

                                      
PREME NAS PÁXINAS DAS COPLAS  PARA LELAS MELLOR


      


COPLAS DO MAIO NO "COLE"

luns, marzo 21, 2022

SALÓN DO LIBRO 2022

Coma todos os anos, o noso centro implícase moitísimo na elaboración de materiais para o Salón do Libro. Este ano non ía ser menos e volvéronnos sorprender.

Noraboa mestres/as e nenos/as polo vosa dedicación!

CASE 101 DÁLMATAS (2º de Educación Primaria)

O alumnado de 2º de primaria fai que o clásico 101 dálmatas sexa aínda máis clásico: cine mudo, en branco e negro. Todo en tres minutos.


O LOBO (4º de Educación Primaria)

Tomando como referencia a letra de "O Lobo" do poeta Manuel María, o alumnado de 4º fixo un videoclip musical ben marchoso.


SHAMSIA HASSANI (5º de Educación Primaria)

O alumnado de 5º traballou a figura de Shamsia Hassani, a grafiteira afgana que desafía aos talibáns coa súa arte.

   

CON MOITA ARTE (6º de Educación Primaria)

O alumnado de 6º traballou distintos aspectos relacionados coa arte: a pintura (arte abstracto /vs/ arte figurativo), a literatura (mediante comentarios e composicións literarias), a escultura (coa elaboración de pezas de temática libre con materiual de refugallo) e a música (cun rap a Rosalía). 





mércores, marzo 02, 2022

ENTROIDO 2022

  Abofé que este Entroido significou a recuperación de case a "normalidade" no ambiente escolar!! Coma anos pasados, celebramos o desfile con marabillosos disfraces coridos e creativos, todos eles relacionados coa temática da ARTE!! 

Para rematar, o xuízo a este maldito virus e un estupendo e engaiolante baile, no que todos e todas participamos ata acabar esgotados de diversión!!

Grazas a todo o alumnado, ao profesorado, ao profe Rafa e á profe Isa! Sen esquecer ás familias que colaboraron na creación dalgúns disfraces e, sobre todo,  a CHARANGA OT de Monte Porreiro que nos acompañou durante todo o desfile!!


martes, marzo 01, 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA :ANA FREIRE

Que enorme privilexio contar con Ana Freire para celebrar este día tan importante!! Esta moza galega vén de recibir o premio ADA  pola súa traxectoria profesional tan interesante e tan fructífera nos eidos da Inxeñería informática e a Medicina. O alumnado de 5º e 6º puido coñecer a esta muller, que malia ser tan nova, conta cun importante desenvolvemento profesional. Precisamente, agora está levando a cabo un labor importantísimo , xa que pode axudar á xente que está en risco de cometer suicidio. 

Se queredes saber máis sobre ela preme na ligazón: ANA FREIRE



FOTOS DA CHARLA CON ANA FREIRE

Ademais, precisamente,  este ano o alumnado de 5º puido desfrutar do obradoiro ADA BYRON, a través do cal coñeceron esta figura tan importante no que se refire á computación. A continuación podedes ver as fotos da sesión co alumnado de 5º A e B.



FOTOS DO OBRADOIRO ADA BYRON

venres, febreiro 25, 2022

OS MARTES CONTAN CON ARTE

Damos a benvida a... OS MARTES CONTAN CON ARTE!

 

CONTAPINTACONTOS CON BEA CAMPOS E MARC TAEGER



OBRADOIRO CON ANXO FARIÑA


MAXIA E CIENCIA CON DAVID MÉNDEZ


"ELAS PINTAN MOITO" CON MIGALLAS TEATRO


KAMISHIBAI "DEBULENDO LENDAS" CON TARABELOS




domingo, febreiro 06, 2022

PAZ 2022

 Que marabillosa celebración tivemos do Día da Paz!!  Fermosa canción, coas voces do noso alumnado; fermosos bailes sincronizados das distintas clases; e fermosa colaboración de todo o alumnado do centro para demostrar que é posible contaxiar ao mundo de amor sinceiro e de PAZ!!!

Ademais realizamos un mural, onde cada clase se facía eco dun acto de axuda ou honradez, por parte dun deportista, cara outro compañeiro ou adversario. Aprendamos de todos estes exemplos ben escollidos polo noso alumnado! 

Parabéns ao profe Rafa por esta celebración!  


VÍDEO DO BAILE 2º CICLO Este ano, para celebrar este gran día, o centro organizou unha actividade co contacontos Pedro Brandariz. Todo o alumnado, de 1º a 6º nivel, puido gozar dun entretido conto no que tamén participou!

NADAL 2021

 Este ano, malia as circunstancias, o profe Rafa ideou un magnífico festival de Inverno onde participou todo o mundo! Mentres parte do alumnado tocaba os instrumentos, outra clase bailaba coordinadamente!

Ademais, como sempre, a ANPA ambientou estupendamente a nosa entrada do cole, grazas! Pódense ver as fotos no vídeo.

 Tampouco hai que esquecer que, tamén como todos os anos, Mª Jesús regalounos un belén creativo e sustentable, se vos fixades na foto saberedes por que. Como sempre, impresionante! Grazas!

Preme na primeira foto para ver máis. 






domingo, novembro 28, 2021

MAGOSTO 2021

 Este ano celebramos o MAGOSTO dunha maneira especial. Aínda que non puidemos celebrar os xogos tradicionais, coma todos os anos, por mor da pandemia; tivemos a ocasión de ver a uns típicos castañeiros e degustar as castañas da súa máquina de asar!

Para ver as fotos, preme na imaxe.



domingo, novembro 21, 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2021

Polo Día das Bibliotecas, os nosos nenos e nenas adícaronlle unhas fermosas palabras ás bibliotecas, contando que son para eles, que lles ofrecen, como se sinten nelas... A verdade é que fixeron un traballo marabilloso.

E para ti, que é a biblioteca? 



luns, novembro 01, 2021

SAMAÍN 2021 E XORNADAS MICOLÓXICAS

Coma todos os anos a implicación das familias nesta festa é espectacular! Grazas ás nais contadoras (1ºA, 1ºB, 2º A e 6ºA) quen, ademais de amenizar esta celebración, colaboran no fomento da lectura! Grazas a todo o alumnado por participar e á ANPA pola decoración do centro! Parabéns!



venres, outubro 15, 2021

OS PROXECTOS DO CEP MARCOS DA PORTELA (CENTRO UNESCO)

 A continuación podedes ver un marabilloso vídeo realizado polo coordinador do EQUIPO UNESCO, con el  botamos unha ollada a moitos dos proxectos e actividades realizadas neste centro dende hai uns anos.

Seguiremos a traballar en  moitos proxectos que xa teñen unha continuidade de varios anos, como por exemplo DESPLASTIFÍCATE, e implementaremos outros novos. 


domingo, outubro 03, 2021

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!

   Ola, amigos e amigas!

  Empezamos un novo curso e a biblioteca abre as súas portas para recirbirvos con moita ilusión. Agardamos vervos por aquí algunha que outra tarde. Unha chea de aventuras estanvos esperando!

   Para que vaiades pensando en que libro escoller, deixámosvos as novidades deste mes de outubro.




venres, xullo 09, 2021

BRINCAVERSOS

A CONTINUACIÓN PÓDENSE VER OS TRABALLOS AUDIOVISUAIS DO LIBRO "BRINCAVERSOS", DEDICADO AO ESCRITOR ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO. TAMÉN APARECEN OS VÍDEOS GRAVADOS O DÍA DA SÚA VISITA AO NOSO CENTRO. PARABÉNS A ISA PAZOS POLO ENORME ESFORZO REALIZADO, PARA QUE TODOS E TODAS PARTICIPÁSEMOS NESTE MAGNÍFICA OBRA!



3.- "OLLADAS DE PAZ" (DÍA DA PAZ 2020)
      
      POEMA1
      POEMA 2

4.- "UN BICO" 






 




 

REVISTA CHORIMAS

 Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...