Coma sempre o noso "maio" quedou espectacularmente fermoso e perfecto, e como non podía ser doutra maneira gañamos o primeiro premio!! Non podemos deixar de agradecer a toda a xente que se implicou até a magrugada para facer realidade, un ano máis, o noso "maio", xente que acode ano a ano con moito ánimo e de maneira desinteresada; tamén, ao noso exalumnado, que sorte poder velos de novo!
Pero a nosa coroa e as coplas (nas que colaboraron parte do alumnado de 6º e profesorado, sobre todo mestras xa xubiladas) non foron menos; a perfección seguiu a ser unha constante en todas estas manifestacións! De feito, na prensa local, aparecemos como claros triunfadores.
1º PREMIO DE MAIOS
2º PREMIO DE COROA
1º PREMIO DE INTERPRETACIÓN DE COPLAS
2º PREMIO DE COPLAS
Ademais, este ano, foi Pilar Lores, a nosa Pili, a encargada de pronunciar un emocionante pregón, o cal pecha este círculo de perfección.
Preme nas fotos para ver máis. Debaixo tes o vídeo do alumnado de 6º que conseguiu o 1º premio de interpretación de colpas.
Coma todos os anos, o noso centro implícase moitísimo na elaboración de materiais para o Salón do Libro. Este ano non ía ser menos e volvéronnos sorprender.
Noraboa mestres/as e nenos/as polo vosa dedicación!
CASE 101 DÁLMATAS (2º de Educación Primaria)
O alumnado de 2º de primaria fai que o clásico 101 dálmatas sexa aínda máis clásico: cine mudo, en branco e negro. Todo en tres minutos.
O LOBO (4º de Educación Primaria)
Tomando como referencia a letra de "O Lobo" do poeta Manuel María, o alumnado de 4º fixo un videoclip musical ben marchoso.
SHAMSIA HASSANI (5º de Educación Primaria)
O alumnado de 5º traballou a figura de Shamsia Hassani, a grafiteira afgana que desafía aos talibáns coa súa arte.
CON MOITA ARTE (6º de Educación Primaria)
O alumnado de 6º traballou distintos aspectos relacionados coa arte: a pintura (arte abstracto /vs/ arte figurativo), a literatura (mediante comentarios e composicións literarias), a escultura (coa elaboración de pezas de temática libre con materiual de refugallo) e a música (cun rap a Rosalía).
Abofé que este Entroido significou a recuperación de case a "normalidade" no ambiente escolar!! Coma anos pasados, celebramos o desfile con marabillosos disfraces coridos e creativos, todos eles relacionados coa temática daARTE!!
Para rematar, o xuízo a este maldito virus e un estupendo e engaiolante baile, no que todos e todas participamos ata acabar esgotados de diversión!!
Grazas a todo o alumnado, ao profesorado, ao profe Rafa e á profe Isa! Sen esquecer ás familias que colaboraron na creación dalgúns disfraces e, sobre todo, a CHARANGA OT de Monte Porreiro que nos acompañou durante todo o desfile!!
Que enorme privilexio contar con Ana Freire para celebrar este día tan importante!! Esta moza galega vén de recibir o premio ADA pola súa traxectoria profesional tan interesante e tan fructífera nos eidos da Inxeñería informática e a Medicina. O alumnado de 5º e 6º puido coñecer a esta muller, que malia ser tan nova, conta cun importante desenvolvemento profesional. Precisamente, agora está levando a cabo un labor importantísimo , xa que pode axudar á xente que está en risco de cometer suicidio.
Se queredes saber máis sobre ela preme na ligazón: ANA FREIRE
FOTOS DA CHARLA CON ANA FREIRE
Ademais, precisamente, este ano o alumnado de 5º puido desfrutar do obradoiro ADA BYRON, a través do cal coñeceron esta figura tan importante no que se refire á computación. A continuación podedes ver as fotos da sesión co alumnado de 5º A e B.
Que marabillosa celebración tivemos do Día da Paz!! Fermosa canción, coas voces do noso alumnado; fermosos bailes sincronizados das distintas clases; e fermosa colaboración de todo o alumnado do centro para demostrar que é posible contaxiar ao mundo de amor sinceiro e de PAZ!!!
Ademais realizamos un mural, onde cada clase se facía eco dun acto de axuda ou honradez, por parte dun deportista, cara outro compañeiro ou adversario. Aprendamos de todos estes exemplos ben escollidos polo noso alumnado!
Parabéns ao profe Rafa por esta celebración!
VÍDEO DO BAILE 2º CICLO
Este ano, para celebrar este gran día, o centro organizou unha actividade co contacontos Pedro Brandariz. Todo o alumnado, de 1º a 6º nivel, puido gozar dun entretido conto no que tamén participou!
Este ano, malia as circunstancias, o profe Rafa ideou un magnífico festival de Inverno onde participou todo o mundo! Mentres parte do alumnado tocaba os instrumentos, outra clase bailaba coordinadamente!
Ademais, como sempre, a ANPA ambientou estupendamente a nosa entrada do cole, grazas! Pódense ver as fotos no vídeo.
Tampouco hai que esquecer que, tamén como todos os anos, Mª Jesús regalounos un belén creativo e sustentable, se vos fixades na foto saberedes por que. Como sempre, impresionante! Grazas!
Este ano celebramos o MAGOSTO dunha maneira especial. Aínda que non puidemos celebrar os xogos tradicionais, coma todos os anos, por mor da pandemia; tivemos a ocasión de ver a uns típicos castañeiros e degustar as castañas da súa máquina de asar!
Polo Día das Bibliotecas, os nosos nenos e nenas adícaronlle unhas fermosas palabras ás bibliotecas, contando que son para eles, que lles ofrecen, como se sinten nelas... A verdade é que fixeron un traballo marabilloso.
Coma todos os anos a implicación das familias nesta festa é espectacular! Grazas ás nais contadoras (1ºA, 1ºB, 2º A e 6ºA) quen, ademais de amenizar esta celebración, colaboran no fomento da lectura! Grazas a todo o alumnado por participar e á ANPA pola decoración do centro! Parabéns!