domingo, febreiro 05, 2023

OS MARTES CONTAN CON ARTE. A pomba de Pablo

Este pasado martes tivemos a sorte de poder gozar do contacontos ilustrado "A pomba de Pablo", da man de Polo Correo do Vento. Pasamos un momento marabilloso e cheo de risas. 

Animámosvos a seguir asistindo a estes encontros tan especiais. 




luns, xaneiro 09, 2023

XA CHEGA O NADAL

 Empezamos a quentar motores para a celebración dun Nadal máis coa preciosa decoración das nais e pais  e o magnífico belén!! Este ano tampouco faltaron as fermosas felicitacións que se intercambiou o noso alumndo!  PREME AQUÍ

                                     

E non podemos establecer o marabilloso festival que organizou o profe Rafa!!

                                        PREME NA FOTO

                                                                                &n                                                                                    


luns, novembro 28, 2022

25N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MUllERES

 Conmemoramos este día  da mellor maneira posible, cunha estupenda e ben interpretada obra de teatro!!

Anunciámolo  con este cartel e emocionados asistimos a unha emocionante e moi espontánea dramatización!!

Para ver as fotos preme no cartel.






luns, novembro 21, 2022

FINALISTAS NO XIII CERTAME DE CINE OUFF ESCOLA

Lembrades esta curtametraxe que fixeron os nenos e nenas de 2º de Primaria do curso pasado?

Titulábase "Case 101 dálmatas" e lucía así de ben.


Pois presentáronse ao concurso de cine OUFF ESCOLA e quedaron finalistas!

Ata Ourense desprazáronse todos emocionados á súa primeira entrega de premios e recibiron unha Mención Especial. Foi unha xornada maravillosa, chea de nervios e ilusión, e que sempre quedará para o recordo.

Un aplauso para estes pequeno artistas! 👏👏👏







martes, novembro 15, 2022

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 





PREME NA IMAXE

PREME NA IMAXE

PREME NO TEXTO






VOLVEN "OS MARTES CONTAN CON ARTE"

Dámoslle a benvida á nova tempada de "Os martes contan con arte"!

Este mes contamos coa visita do xa coñecido ilustrador Marc Taeger e a nosa querida compañeira Olalla como contacontos. Pásamalo en grande cos seus contos de medo!

Aquí vos deixamos un resumo dos momentos vividos.


Novas actividades e obradoiros están por chegar. Esperámosvos!


xoves, novembro 10, 2022

SAMAÍN E MAGOSTO 2022!!

 Coma sempre, as cabazas do CEP Marcos da Portela foron impresionantes!! Ademais as nais/pais decoraron a nosoa entrada de xeito terroríficamente espectacular!

A temática deste ano era o xogo, e puidemos atopar  cabazas xogando ao peletre, ao fútbol, baloncesto...

Preme para ver máis fotos e vídeos

No Magosto, que celebramos o 9 de novembro, comemos unhas castañas riquísimas e asadiñas na máquina de Paco!!

Preme para ver máis fotos

Como o mércores o tempo non acompañaba, pospuxemos os xogos ata o venres, día 11, que ben o pasamos!! Mirade que fotos máis chulas!!





luns, outubro 03, 2022

HOXE ABRE A BIBLIOTECA!

     Ola, amigos e amigas! 
   Por fin chegou o día! Taslí abre as portas da nosa biblioteca e estavos esperando cunha chea de sorpresas. Agardamos a vosa visita, de luns a xoves de 16:00 a 18:00.

    Deixámosvos a continuación un vídeo coas novidades de outubro para que vaiades pensando en que libro ler e pasar así un bo rato.

    Vémonos!



 

mércores, xullo 20, 2022

CHORIMAS Nº 16 CURSO 2021-2022

CHORIMAS Nº 16 CURSO 2021-2022 by marcos on Scribd

CANTOS NO MARCOS

Un ano máis, no programa de actividades das Letras Galegas 2022, contamos co certame CANTOS NO MARCOS. O alumnado prepararou e ensaiou a súa actuación, que ben lles quedaron a todos/as
participantes!!



 

DICÍMOSCHO NÓS

 Dentro das actividades programadas para celebrar as Letras Galegas 2022, realízaronse varios vídeos onde o noso alumnado nos explica certos erros que non debemos cometer á hora de expresarnos en galego. Tomade nota!!

martes, xullo 19, 2022

1º PREMIO ADHESIVO LETRAS GALEGAS

  Co gallo do Día das Letras Galegas convocouse un certame  de debuxo para realizar un adhesivo. A gañadora foi Noa Rodríguez de 5º A!! Parabéns por este debuxo que nos invita a abrirlle as portas ao galego!! 




Houbo outros/as  participantes que tamén presentaron debuxos magníficos como podedes comprobar a continuación:

                                 PREME  PARA VER MÁIS


martes, xuño 21, 2022

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

 Xa sabemos que o verán é un tempo ideal para ler!! Aquí tendes unha guía estupenda para que elixades ben as vosas lecturas estivais!!


Guía de Lecturas Verán 2022 by marcos on Scribd

mércores, xuño 15, 2022

PASAPALABRAS SOBRE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 

PASAPALABRAS  LETRAS GALEGAS 2022

Como todos os anos a coordinadora do EDL elaborou uns interesantes e educativos Pasapalabras. Con eles ides coñecer ao homenaxeado deste ano, recordades quen é? Pois, claro, Florencio Delgado Gurriarán.

Anímados a contestar despois de ter lido a súa biografía! Preme aquí para ler a de Seminario Galán.


Pasapalabra 2022 1º-2º NIVEL by marcos on Scribd

Pasapalabra 2022 3º-4º NIVEL by marcos on Scribd

PASAPALABRA 2022 5º-6º NIVEL by marcos on Scribd

xoves, xuño 09, 2022

GOCEMOS GALICIA II

Este ano, continuamos traballando co proxecto do curso pasado, "Gocemos Galicia". A verdade é que esta nosa terra da para moito!

Nos distintos niveis seguimos as indicacións de Traslí, investigar as catro provincias galegas, incidindo naqueles puntos de interese que merecen ser visitados.

Aquí deixamos algúns dos traballos que se fixeron.



A continuación tendes o impresionante vídeo da "Guía turística  virtual de Galicia"
O noso alumnado pode asesorarvos sobre moitos dos recantos da nosa terra que non podemos deixar de coñecer!! Fixérono xenial, que profesionalidade!!

                            Preme na foto para iniciar o vídeo.


mércores, xuño 08, 2022

AS FAMILIAS CONTAN

 Durante este curso contamos coa visita das familias para compartir connosco algúns contos. 

 É un pracer poder contar con vós. Moitas grazas!



REVISTA CHORIMAS

 Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...