venres, maio 03, 2024

COPLAS CANTADAS POLO MAIO

Como todos os anos é tradición que nos días posteriores ao propio día do maio, cántanse as coplas fóra pola rúa. Con todo, este ano debido á chuvia tivémolo que facer no mesmo colexio.

Aínda así, gozamos das coplas cantadas e interpretadas polo alumnado de 6º.

Moitas grazas polo traballo!!







xoves, maio 02, 2024

MAIO 2024

Aí vén o maio...pois por fin chegou o maio. Unha tradición dende o CEP Marcos da Portela por facer a coroa, o propio Maio e cantar as coplas.
Horas e horas e moita xente colaborando para obter o resultado final.
Aquí vos deixamos unhas imaxes e un vídeo resumindo todo o proceso.

Nesta ocación recollemos o 1º premio en coroa, o 2º no maio, o 2º nas coplas  e o 2º na interpretación.

Podemos dicir que o esforzo mereceu a pena.

Moitas grazas pola implicación e por non perder esta fermosa tradición.

Ata o ano que vén!!!!







mércores, maio 01, 2024

A PRIMAVERA XA CHEGOU AO MARCOS DA PORTELA

Como di o refrán: "En abril augas mil, e en maio, todas as que queiran vir", así que,  precisamos agua para que crezan as nosas fermosas flores que acolle o patio de 1º.

Grazas ás familias do 1º ciclo por colaborar.






martes, abril 30, 2024

OS MARTES CONTAN CON ARTE. CANTAMOS CON LUIS...EN GALEGO!!

O pasado mércores 24 de abril tivemos a sorte de ter con nós a Luis. 
Bailamos e cantamos contos clásicos como, "os tres porquiños", "o parruliño feo"... dunha maneira diferente, reconvertidas en divertidas cancións con aire de rock.

Moitas grazas pola visita!





LECTURAS COMPARTIDAS ENTRE 1º E 3º

Fermosa experiencia que viviu o alumnado de 1º e 3º compartindo historias marabillosas que nos regalan os libros.




xoves, abril 25, 2024

NOVIDADES ABRIL

XORNADA DE PRIMEIROS AUXILIOS

O martes 23 de abril tivemos unha formación sobre primeiros auxilios, e así asegurarnos de que pasos debemos seguir nun momento de urxencia.Unha intervención a tempo pode salvar vidas.

Grazas a "Cruz Roja" pola esta xornada de aprendizaxe.







martes, abril 23, 2024

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase o día de libro, así que, decidimos facer unhas lecturas compartidas entre os máis grandes e os máis pequenos do cole.

Como di Borges, "Sempre imaxinei que o paraíso sería algún tipo de biblioteca". 

Gozade moito da lectura, hoxe e sempre, é a mellor aprendizaxe.



xoves, abril 18, 2024

EDUCACIÓN AMBIENTAL

O alumnado do 1º ciclo fixo un obradoiro para traballar a concienciación ambiental. Para iso utilizamos rolos de papel hixiénico e creamos figuras, así desenvolvendo a creatividade e imaxinación.

Sabemos da importancia que ten o planeta para a nosa vida, por iso debemos coidalo e ter unha menor contaminación sobre el. 














As figuras quedaron marabillosas!

martes, abril 16, 2024

UNHA NOVA DIMENSIÓN

O autor, Anxo Iglesias, estivo co alumnado de 3º para compartir o seu libro "Unha nova dimensión". 
Un libro cheo de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia.

Anxo, grazas por transmitirnos que a poesía pode ser un xogo e ser entendida como fonte de diversión.






mércores, abril 10, 2024

DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO

O día 8 de abril celebrouse o Día Internacional do Pobo Xitano. Un día para amosar o orgullo de ser xitanos e xitanas e reinvidicar o dereito ao recoñecemento e á igualdade.

Por esa razón recibimos a dúas irmáns para contarnos a súa vida como estudantes, a necesidade de esforzo para conseguir os seus obxectivos e dárlle visibilidade a esta etnia.

Moitas grazas pola visita chicas e contarnos a vosa experiencia!





venres, marzo 22, 2024

O DÍA QUE CHOVERON GATOS

Encontro coa autora Eva Mejuto para compartir co alumnado de 5º o seu libro "O día que choveron gatos".
Unha divertida historia chea de humor, solidariedade e amor polos animais.

Eva, grazas por vir e facernos desfrutar deste marabilloso libro con todos nós!






sábado, marzo 16, 2024

A MIÑA AMIGA INVISIBLE

O autor do libro "A miña amiga invisible", Eduardo Santiago, compartiu co alumnado de 6º este conto de fadas pouco convencional e que ten o poder da imaxinación para enfrontar problemas reais.

Grazas polo encontro!





mércores, marzo 13, 2024

UN DOMINGO NO TROCALIBROS

O pasado domingo 10 de marzo tivemos a ocasión de participar unha vez máis no Trocalibros. Uunha fantástica xuntanza onde puidemos darlle unha segunda vida a eses libros que xa non usamos e acoller a outros cos que vivir novas aventuras. 

Grazas a todos e todas por participar!



martes, marzo 12, 2024

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Co gallo do Día Internacional da Muller, o profe Rafa organizou unha representación que acaía, perfectamente, para sermos conscientes da diferenza, que aínda existe hoxe en día, entre o reparto das tarefas da casa. Ben é certo que en moitos casos os papás e os nenos tamén traballan conxuntamente coas mamás e nenas, pero hai que chegar ao 100%!!

O título da obra de teatro é ben representativo: "A familia dos porcos".


 

REVISTA CHORIMAS

 Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...