martes, setembro 22, 2015

ACTIVIDADES LIM SOBRE O OUTONO

Preme nas imaxes para acceder aos xogos lim.




BENVIDO OUTONO


Ven onda nós o outono
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas,
estreando friaxe.

Ana Mª Fernández. "Ondas de verde e azul". Xerais.


Dende o ENDL, damos a benvida a esta fermosa estación, compartindo con vós estes recursos pesquisados pola rede sobre poesías, receitas, froitos e refráns de outono.





venres, xuño 26, 2015

PRESUMINDO DE GALEGO

A partir da proposta da Coordinadora Provincial dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística chamada "Presume de galego", que consiste en gravar aos nenos e nenas falando un minuto en galego sobre un tema libre; nós decidimos trasladala ao noso centro animando a todos os que quixeran contarnos algo en galego.

Algúns presumiron máis, outros menos, pero a iniciativa tivo moito éxito entre os rapaces e rapazas. 

Esperamos que sexa unha actividade que teña igual ou incluso máis acollida nos vindeiros cursos.

Porque falar en galego é unha excusa perfecta para presumir!

Agora só nos queda enviar os audios á web do proxecto.

Aquí podedes ver os vídeos dos nenos e nenas.


GAÑADORES DO BRINCALETRAS 3


xoves, xuño 25, 2015

GAÑADORAS DO II CERTAME LITERARIO

As gañadoras do II Certame Literiario foron:


- Inés Domínguez de 1º A por "O peixe     dourado", na categoría poesía.


- Carla Vázquez Castro de 4º C pola súa    redacción "O mar do meu avó".

- Alejandra Acevedo Maquieira de 4º A      pola súa poesía "O mar".

- Gloria Solla Leins de 5º C con "O            naufraxio" na categoría narrativa.

- Laura Ovelleiro Barreiro de 5º B coa       súa poesía Haiku "O meu mar".


Noraboa a todas as premiadas!!!






XORNADA ATLÁNTICA

Este vídeo realizado polo compañeiro Nito do CEIP Campolongo resume a xornada de convivencia realizada na praia cos alumnos e alumnas dos diferentes centros UNESCO de Pontevedra.




martes, xuño 23, 2015

OLLOS DE AULA Nº 22


PROXECTOS SOBRE A LUZ

Estes murais que decoran os nosos corredores recollen unha grande parte do que investigamos ao longo do curso sobre a luz.

Cantas cousas aprendemos!

OPS!

OPS! foi un Obradoiro promovido polo Concello de Pontevedra, no que os nenos de 5º e 6º se achegaron ás similitudes entre o galego e o portugués. 

Foi unha actividade na que descubriron que sabían máis do que pensaban, poque o galego e o portugués son linguas irmás! 

TRABALLOS DE MARUJA MALLO

Como xa sabedes, este curso participamos no proxecto "Imaxina o Atlántico", por iso nos inspiramos nas obras de Maruja Mallo relacionadas co mar.

Aquí tedes unha pequena mostra sobre o que fixemos.

Unhas obras preciosas que decoran os nosos corredores!

luns, xuño 22, 2015

PONTENCIENCIA 2015

Como xa sabedes, este curso participamos en Pontenciencia, a feira da miniciencia.



O noso cole presentou un experimento que consistía na determinación caseira do PH segundo a cor, acadando o 3º premio na categoría Centros.

Tamén participaron varias familias do cole: a familia Juárez Altirriba, cun separador de moléculas e aeroxererador; a familia López Leiro co ciclo da auga, que acadou un Accésit, e a familia Casado Pazos con experiencias sobre o efecto invernadoiro, galardoados co 3º premio na categoría Ciencia en Familia.

Noraboa a todos e todas polo traballo tan ben feito!



Todas as fotos: no facebook de Pontenciencia.


CORRELINGUA

Como todos os anos, 3º e 5º participaron no Correlingua: a festa da lingua. Nesta ocasión o lema era "Galego, a nosa creación común".


Os nosos rapaces e rapazas pasárono xenial na Praza da Ferraría. Levaron unhas palabras sobre o tema do proxecto no que se traballou ao longo do curso: a luz.




FOTOS EN PONTEVEDRA VIVA



xoves, xuño 18, 2015

E SE MAÑÁ VEMOS UNHA PELÍCULA?

Hai mellor maneira de rematar o curso que vendo unha película?

Pois si!  Rematar o curso vendo unha película en galego!!!

Nesta web tedes onde escoller ;)



domingo, xuño 07, 2015

A NOSA CURTA NA WEB DA CRTVG

Xa temos a nosa curta na web do Xabarín Club!!!

Na resolución do concurso non fomos gañadores, pero para nós foi unha experiencia moi satisfactoria, e para os nosos nenos e nenas do 1º ciclo xa somos gañadores.

Foi moi traballoso pero entre todos e todas fixemos un filme estupendo!

Podedes entrar na web e votar o noso vídeo nas estreliñas que aparecen embaixo.

                                                   PREME  PARA VER O VÍDEO



venres, xuño 05, 2015

MAKING OFF DE "A VIAXE DAS BOLBORETAS"

O alumnado de 1º ciclo participou na gravación da curta sobre o libro titulado "A Viaxe das Bolboretas".
Participaremos  no concurso "Nos tamén creamos" e... a ver que pasa porque quedou ben chula!! 
Aquí tendes o "making of" no que vedes como colaboraron os alumnos e alumnas na realización das diferentes etapas do proceso: debuxos do "story board", creación dos personaxes e diferentes elementos da escenografía, gravación de voces...
Na presentación hai un pequeno erro, é "story board" non "history"*.


luns, maio 25, 2015

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015

E así foi o Festival das Letras Galegas no noso cole. Tivemos de todo!

1. Peza teatral de 4º C: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.
2. Canción A vaca Marela e A pita Podeira, cos nenos e as nenas de 1º.
3. Danza celta Chapeloise, con 2º A.
4. Proxección da curta A viaxe das bolboretas, realizada por 1º e 2º.
5. A saia da Carolina, por 2º B.
6. Telexornal Filgueira Valverde, presentado por nenos de 5ºA.
7. A música e a cor, por 6º B.
8. A Marcha Turca en percusión, por 4º A.
9. Actuación dos rapaces e rapazas do Xoan XXIII.


martes, maio 19, 2015

IMAXINA O ATLÁNTICO

"Imaxina o Atlántico" é unha iniciativa da Rede de Escolas Galegas Asociadas á Unesco (REGAU), e que tiña por obxecto poñer en valor un dos elementos fundamentais do noso patrimonio natural: o mar. Así como desenvolver valores de respecto e coidado cara a nosa contorna.

E a verdade que despois de ver como ficou o corredor do noso colexio, cunha morea de traballos fantásticos sobre aquilo que os nosos nenos e nenas viviron nestes fermosos lugares; non podemos deixar de pensar naquilo que sentirían os nosos emigrantes devanceiros e non tan devanceiros, desgraciadamente, cando tiñan que deixar atrás Galicia...

Por iso debemos estar ben orgullosos do que somos e do que temos... :)

Moitas grazas a todas as familias que fixeron posible este traballo.

REVISTA CHORIMAS

 Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...