Conmemoramos este día da mellor maneira posible, cunha estupenda e ben interpretada obra de teatro!!
Anunciámolo con este cartel e emocionados asistimos a unha emocionante e moi espontánea dramatización!!
Para ver as fotos preme no cartel.
Conmemoramos este día da mellor maneira posible, cunha estupenda e ben interpretada obra de teatro!!
Anunciámolo con este cartel e emocionados asistimos a unha emocionante e moi espontánea dramatización!!
Para ver as fotos preme no cartel.
Lembrades esta curtametraxe que fixeron os nenos e nenas de 2º de Primaria do curso pasado?
Titulábase "Case 101 dálmatas" e lucía así de ben.
Pois presentáronse ao concurso de cine OUFF ESCOLA e quedaron finalistas!
Ata Ourense desprazáronse todos emocionados á súa primeira entrega de premios e recibiron unha Mención Especial. Foi unha xornada maravillosa, chea de nervios e ilusión, e que sempre quedará para o recordo.
Un aplauso para estes pequeno artistas! 👏👏👏
Dámoslle a benvida á nova tempada de "Os martes contan con arte"!
Este mes contamos coa visita do xa coñecido ilustrador Marc Taeger e a nosa querida compañeira Olalla como contacontos. Pásamalo en grande cos seus contos de medo!
Aquí vos deixamos un resumo dos momentos vividos.
Novas actividades e obradoiros están por chegar. Esperámosvos!
Coma sempre, as cabazas do CEP Marcos da Portela foron impresionantes!! Ademais as nais/pais decoraron a nosoa entrada de xeito terroríficamente espectacular!
A temática deste ano era o xogo, e puidemos atopar cabazas xogando ao peletre, ao fútbol, baloncesto...
Dentro das actividades programadas para celebrar as Letras Galegas 2022, realízaronse varios vídeos onde o noso alumnado nos explica certos erros que non debemos cometer á hora de expresarnos en galego. Tomade nota!!
Co gallo do Día das Letras Galegas convocouse un certame de debuxo para realizar un adhesivo. A gañadora foi Noa Rodríguez de 5º A!! Parabéns por este debuxo que nos invita a abrirlle as portas ao galego!!
Xa sabemos que o verán é un tempo ideal para ler!! Aquí tendes unha guía estupenda para que elixades ben as vosas lecturas estivais!!
Guía de Lecturas Verán 2022 by marcos on Scribd
Como todos os anos a coordinadora do EDL elaborou uns interesantes e educativos Pasapalabras. Con eles ides coñecer ao homenaxeado deste ano, recordades quen é? Pois, claro, Florencio Delgado Gurriarán.
Anímados a contestar despois de ter lido a súa biografía! Preme aquí para ler a de Seminario Galán.
Pasapalabra 2022 1º-2º NIVEL by marcos on Scribd
Pasapalabra 2022 3º-4º NIVEL by marcos on Scribd
PASAPALABRA 2022 5º-6º NIVEL by marcos on Scribd
Este ano, continuamos traballando co proxecto do curso pasado, "Gocemos Galicia". A verdade é que esta nosa terra da para moito!
Nos distintos niveis seguimos as indicacións de Traslí, investigar as catro provincias galegas, incidindo naqueles puntos de interese que merecen ser visitados.
Aquí deixamos algúns dos traballos que se fixeron.
Durante este curso contamos coa visita das familias para compartir connosco algúns contos.
É un pracer poder contar con vós. Moitas grazas!
Como sabedes, este ano, no Día das Letras Galegas, homenaxéase a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN (preme para ler información sobre este autor). E para que o noso alumnado coñecese a este persoeiro dun xeito diferente, contamos coa presenza de Trémola Teatro!
Podes ver un fragmento da actuación neste vídeo (preme aquí).
Para celebrar o Día de Rosalía e o Día da Poesía, os nosos cativos animáronse a recitar poemas de distintos autores galegos. Fixéronno de marabilla!
1º CICLO
Coma sempre o noso "maio" quedou espectacularmente fermoso e perfecto, e como non podía ser doutra maneira gañamos o primeiro premio!!
Non podemos deixar de agradecer a toda a xente que se implicou até a magrugada para facer realidade, un ano máis, o noso "maio", xente que acode ano a ano con moito ánimo e de maneira desinteresada; tamén, ao noso exalumnado, que sorte poder velos de novo!
Pero a nosa coroa e as coplas (nas que colaboraron parte do alumnado de 6º e profesorado, sobre todo mestras xa xubiladas) non foron menos; a perfección seguiu a ser unha constante en todas estas manifestacións! De feito, na prensa local, aparecemos como claros triunfadores.
1º PREMIO DE MAIOS
2º PREMIO DE COROA
1º PREMIO DE INTERPRETACIÓN DE COPLAS
2º PREMIO DE COPLAS
Ademais, este ano, foi Pilar Lores, a nosa Pili, a encargada de pronunciar un emocionante pregón, o cal pecha este círculo de perfección.
Preme nas fotos para ver máis. Debaixo tes o vídeo do alumnado de 6º que conseguiu o 1º premio de interpretación de colpas.
Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...