venres, marzo 22, 2024

O DÍA QUE CHOVERON GATOS

Encontro coa autora Eva Mejuto para compartir co alumnado de 5º o seu libro "O día que choveron gatos".
Unha divertida historia chea de humor, solidariedade e amor polos animais.

Eva, grazas por vir e facernos desfrutar deste marabilloso libro con todos nós!






sábado, marzo 16, 2024

A MIÑA AMIGA INVISIBLE

O autor do libro "A miña amiga invisible", Eduardo Santiago, compartiu co alumnado de 6º este conto de fadas pouco convencional e que ten o poder da imaxinación para enfrontar problemas reais.

Grazas polo encontro!





mércores, marzo 13, 2024

UN DOMINGO NO TROCALIBROS

O pasado domingo 10 de marzo tivemos a ocasión de participar unha vez máis no Trocalibros. Uunha fantástica xuntanza onde puidemos darlle unha segunda vida a eses libros que xa non usamos e acoller a outros cos que vivir novas aventuras. 

Grazas a todos e todas por participar!



martes, marzo 12, 2024

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Co gallo do Día Internacional da Muller, o profe Rafa organizou unha representación que acaía, perfectamente, para sermos conscientes da diferenza, que aínda existe hoxe en día, entre o reparto das tarefas da casa. Ben é certo que en moitos casos os papás e os nenos tamén traballan conxuntamente coas mamás e nenas, pero hai que chegar ao 100%!!

O título da obra de teatro é ben representativo: "A familia dos porcos".


 

xoves, marzo 07, 2024

RINGO. MEMORIAS DUN COELLO FEDELLO

Visita de Pablo Nogueira do libro "Ringo. Memorias dun coello fedello" co alumnado de 4º.
Un conto cheo de imaxinación, enxeño e humor que aborda temas esenciais, como o valor da amizade, diversidade, a empatía e o amor.

Pablo, grazas por compartir este encontro con nós!










luns, marzo 04, 2024

TROCA DE LIBROS. FEIRA DO LIBRO USADO

Volta un ano máis o TROCALIBROS! Unha oportunidade coa que poder darlle unha segunda vida aos vosos libros. 
Se tedes algún libro na casa en bo estado e que xa non ides volver a ler, non dubidedes en traelo ao cole para poder reutilizalo e que outros disfruten del. 

Vémonos o domingo 10 de marzo, no Pazo da Cultura de Pontevedra, entre as 11:00 e as 14:00 para trocar cos libros. 

Animádevos a participar!

Para máis información preme na imaxe.

xoves, febreiro 29, 2024

OS MARTES CONTAN CON ARTE. ROSALÍA DE CASTRO

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro realizamos un obradoiro de chapas e un mural Pop-Art da man de "Barafunda Animación". 

Pasámolo moi ben e os nosos artistas desfrutaron enormemente deixando voar a súa creatividade.

Grazas por participar!




NOVIDADES FEBREIRO

domingo, febreiro 25, 2024

OS MARTES CONTAN CON ARTE. KAMISHIBAI, CONTOS POLA PAZ.

Para celebrar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, contamos cun estupendo contacontos e teatro de papel. Coas diferentes historias que nos contaron, aprendemos moitísimos valores sobre a natureza, a ciencia, o planeta e os seus habitantes. 

Moitas grazas pola visita!




venres, febreiro 23, 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2024

O 23 de febreiro é o día de Rosalía de Castro. Escritora e figura fundamental para o renacemento galego. 

Entre outras cosas, é recordada por publicar a primeira gran obra en galego, "Cantares gallegos", e por ser unhas das precursoras da poesía.

Dende cole quixémolo celebrar facendo un mosaico do seu rostro máis coñecido.




Ademais deixámosvos un vídeo sobre a vida de Rosalía para coñecela un pouco máis e saber algunha curiosidade.


martes, xaneiro 30, 2024

DÍA DA PAZ 2024

Aquí tendes a foto do fermoso mural, que fixemos entre todos/as, para reflectir que debemos convivir en PAZ, esforzándonos día a día para que a nosa convivencia sexa pacífica: 

"A PAZ  É TAREFA DE TODOS E TODAS,  E  PODEMOS CONSTRUÍLA, COMO AS ABELLAS DO NOSO MURAL CONSTRÚEN COLMEAS FRUCTÍFERAS,  PARA  VIVIR ASÍ NUN MUNDO DOCE SEN AMARGURAS NIN TRISTEZAS".

Preme na foto para ver máis
 Aquí tendes o emotivo vídeo que fixo o profe Rafa para celebrar este día tan importante!










 
 E que ben o pasamos bailando danzas do mundo! Ademais, foi estupendo que se achegasen familiares do noso alumnado para participar con nós e poder así festexar este fermoso día!    

luns, xaneiro 29, 2024

NOVIDADES XANEIRO


MAXIA NO MARCOS

Antes das nosas vacacións de Nadal tivemos a sorte de contar cun espectáculo de maxia da man de "Magia en la manga". Pasamos un momento moi agradable e divertido, onde quedamos abraidos con cada pase. 

mércores, decembro 27, 2023

FESTIVAL DE NADAL 2023

Marabilloso festival de Nadal 2023!! Ano a ano, o profe Rafa fai que o noso alumnado se convirta en verdadeiros/as artistas!! Parabéns!!      
  
Parabéns, tamén, por suposto, para as nais e pais que tan ben adornaron o noso centro; non deixaron recanto sen decorar!Tivemos a gran sorte de disfrutar dunhas instalacións cheas de color e de calor propio desas datas. Agradecemos enormemente o gran labor realizado pola ANPA O Miradoiro e polas familias. 
Non podemos olvidar tampouco o fermoso e inxeñoso belén froito do traballo, como todos os anos,  de María Jesús e Pablo Abelleira.









luns, novembro 27, 2023

ABRIMOS A BIBLIO!

O Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, abrimos as portas da nova biblioteca. 

Un espazo que aínda non está completamente rematado e no que agardan moitas sorpresas. Entre todos decidimos decorala cuns móbiles colgados do teito, que están moi relacionados con PDI deste ano, "Meigas dentro". 







Deixámosvos un vídeo para que o vexades!

NOVIDADES NOVEMBRO



sábado, novembro 25, 2023

25 N

Para celebrar o 25 N realizamos un conxuro para cambater a violencia e xénero. Cada curso fixo a súa pócema e así mesturamos todas para diminuír a súa existencia.

Nin unha máis!




REVISTA CHORIMAS

 Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...