O venres 21 celebramos un rico Magosto con castañas quentiñas e saborosas, e grazas ao bo tempo puidemos desfrutar do xogo e as risas!
![]() |
| PREME NA FOTO |
Estes nenos e nenas do CEP Marcos da Portela saben ternos intrigados cos seus magníficos e terroríficos relatos até o final, mesmo nos fixeron esbozar un sorriso polo seu desenlace creativo e gracioso.
Parabéns a todos e, sobre todo, aos e ás gañadores/as!!
PRONTO PODEREDES LER OS RELATOS NESTA ENTRADA!
Coa celebración do Samaín preparouse unha semana de medo na biblioteca durante os recreos.
O alumnado puido gozar de distintas actividades como contacontos, manualidades e proxeccións.
Grazas aos nenos e nenas de 6º pola vosa colaboración!
Aquí vos deixamos un anaco do ben que o pasamos.
Este ano o tema era "A Música", e as nosas cabazas resoaron no corredor do cole con gran virtuosismo!
Parabéns a todos/as participantes e aos/ás gañadores/as, que foron:
1º PREMIO: Luana de 4º A
2º PREMIO: Mateo de 2º A
3º PREMIO: Natalia de 6º A
O alumnado de 5º A e B realizou un interesante roteiro pola cidade de Pontevedra, para coñecer ao gran escritor Daniel Castelao. Aprendimos, tamén, moitos datos da nosa vila e visitamos o Museo, concretamente a sala dedicada ao escritor.
![]() |
| Preme para ver as fotos |
Comezamos un novo curso e con el un novo proxecto que xirará en torno á música.
O primeiro paso foi decorar as portas da nosa biblioteca, obra das nais e pais da nosa ANPA. Moitas grazas pola vosa colaboración. Quedaron espectaculares!
RECURSOS PARA FAMILIAS: PROGRAMA APEGO
CANTÁMOLA EN GALEGO (LISTAXE EN SPOTIFY)
ORELLA PENDELLA (DITOS, RECITADOS E CANCIÓNS INFANTÍS)
ALIALI (RECURSOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL)
KÓKITI MÚSICA (EDUCACIÓN INFALTIL)
ENREGUEIFATE (UNIDADE DIDÁCTICA)
VÍDEO: A improvisación oral na Galiza e no mundo
CINEMA EN CURSO (DE 4º A 6º NIVEL)
CARTOGRAFÍA SENSORIAL DE GALICIA
CATÁLOGO VIRTUAL DE REFERENTES LINGÜÍSTICOS
VÍDEO DE "FILLAS DE CASSANDRA"
O GRAN RETO (FALAR GALEGO DURANTE 21 DÍAS). QUERES SABER COMO O FIXERON ESTES MOZOS E MOZAS?
Información da actividade MODO GALEGO, ACTÍVAO!
XORNAL CHORIMAS by Marcos Portela
Como sempre, unha revista magnífica onde se reflicten algunas das moitas actividades realizadas ao longo deste curso.
Canto aprendemos con estés nenos e nenas do noso centro! Ti tamén querés mellorar o teu galego?! Pois mira estes vídeos e xa verás canto podes aprender!
Para rematar o curso, gozamos dunha tarde de experimentos da man de Arenaria. Con estas científicas puidemos explorar a ciencia dende preto e emocionarnos coas experiencias que nos foron preparando. Puxemos en práctica o método científico e as nosas cabezas non pararon de pensar e formular hipóteses. Foi interesantísimo á vez que impresionante!
Esta semana tivemos o pracer de contar con outra visita de cine. Neste caso visitounos Maika Aguado, pero non veu soa, se non que a acompanhou Rafa Prieto.
Maira é actriz e graduada en Xornalismo. Comezou a súa andaina na compañía Vacaloura de Vigo. Conta cunha gran experiencia nos medios de comunicación e participou como actriz en distintas series de ficción como Mareas Vivas, Rías Baixas, Galicia Exprés... Paralelamente desenvolve o seu labor como actriz de dobraxe en galego e castelán.
Rafa Prieto leva máis de 35 anos trabalhando como técnico no sector audiovisual: música, dobraxe, postprodución e mestura de son para cine, radio, televisión...
Grazas pola vosa visita e por deixarmos vivir en primeira persona como é esta profesión tan divertida do mundo da dobraxe.
No PDI deste curso do CEP Marcos da Portela traballamos o cine. Ao longo do ano aprendimos moitas cousas sobre esta arte e ata tivemos encontros con grandes profesionais do celuloide, como por exemplo, Jorge Coira, Julia Castro e Alicia e Lola Dapena. Tamén nos propuxemos facer unha produción cinematográfica na que plasmar todos os coñecementos adquiridos. O resultado foi algo parecido a unha película á que lle puxemos por título "O roubo do Traslí dourado".
Se queres ver todas as entradas relacionadas co noso PDI, preme AQUÍ.
![]() |
| PREME NA FOTO PARA VER O VÍDEO |
![]() |
| PREME NA FOTO PARA VER MÁIS |
Durante o evento leuse un manifiesto elaborado por alumnos de varios institutos, que destacou a importancia dunha mocidade activa por unha lingua viva. No texto suliñouse que o galego é “un tesoro legado por aqueles que defenderon a lingua en rúas, medios e escolas”.
Este ano o Día das Letras Galegas foi dedicado ás cantareiras e a poesía popular oral, en especial a seis mulleres galegas, creadoras e trasmisoras de arte e beleza: Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira e as Pandereteiras de Mens (Prudencia Garrido Ameijende, Asunción Garrido Ameijende e Manuela Lema Villar).
Ao longo da semana puidemos gozar de distintas actividades e actuacións.
A cargo do mago Samuel Moreno aprendemos moitos datos deste día mediante un espectáculo de maxia.
O grupo de pandereteiras "Cantarela" sorprendeunos cun marabilloso concerto de cantigas galegas. Un grupo moi especial, xa que os seus integrantes forman parte da nosa comunidade educativa (unha alumna do centro, antigas alumnas e mestras, así como familiares de exalumnos). Tamén se animaron a subir ao escenario outras nenas pandereteiras que temos no cole.
Durante os recreos o alumnado puido participar en dous obradoiros: "A Lupa máxica" e "Pintamos pandeiretas". No primeiro deles adiviñaron distintas palabras relacionadas co mundo das cantareiras axudándose cunha lupa. Unha actividade moi entretida do Seminario Galán. Na segunda deron renda solta a súa creatividade pintando pandeiretas para decorar a biblioteca.
Este ano saímos ao patio para facer lecturas compartidas e gozar xuntos da maxia da lectura.
Coñeces a todos os personaxes das túas películas favoritas?
Se te queres poñer a proba, pásate pola biblioteca e procura acender as lámpadas destes traballos realizados polo alumnado de 4º.
Ben feito rapazada!
Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...