venres, novembro 27, 2026

EN BUSCA DE COGOMELOS

Dende o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega organizamos unha Xornada Micolóxica na que participou o alumnado de 6.º de Educación Primaria, cunha serie de actividades arredor do fascinante mundo dos cogomelos.

A xornada comezou cun obradoiro e unha charla divulgativa, nos que os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coñecer mellor as características dos cogomelos, as súas diferentes variedades e algunhas das súas curiosidades.

A continuación, saímos ao exterior para realizar unha busca de cogomelos, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos e descubrindo de primeira man a riqueza do noso contorno natural.

Para rematar, organizamos unha exposición no colexio na que compartimos parte do aprendido e mostramos o traballo realizado ao longo desta experiencia.

Foi unha actividade moi enriquecedora, que nos permitiu aprender, investigar e achegarnos á natureza dun xeito práctico e participativo, ao tempo que fomentamos o uso da lingua galega en diferentes contextos de aprendizaxe.































Ningún comentario:

Publicar un comentario

EN BUSCA DE COGOMELOS

Dende o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega organizamos unha Xornada Micolóxica na que participou o alumnado de 6.º de...