domingo, novembro 03, 2019

SAMAÍN 2019

Arrepiante!! Así podemos desccribir como deixaron o noso salón de actos as nais do noso centro; unha vez máis dedicaron horas e horas de traballo para sorprendernos coa súa capacidade de dedicación e creatividade. A mesma creatividade que puidemos comprobar na elaboración das cabazas, deste ano, seguindo a temática do humor. Parabéns a todos e todas por participar!!

E alí, no noso salón, puidéronse oír aterradoras historias lidas ou contadas polos nenos e nenas e... polas profesoras ataviadas para a ocasión, ao igual que moito do noso alumnado, con terroríficas vestimentas! Parabéns!!  As fotos, a continuación.

PREME PARA VER AS FOTOS DO SAMAÍN 2019




+

2 comentarios:

  1. Muchas gracias por las fotos,muy bonito y terrorífico decorado...un buen trabajo

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias por las fotos,muy bonito y terrorífico decorado...un buen trabajo

    ResponderEliminar

RECURSOS DE DINAMIZACIÓN E MÚSICA 2025-2026

MUSEO DO POBO GALEGO (Programa escolar para o curso 2025-2026) CANTÁMOLA EN GALEGO (LISTAXE EN SPOTIFY) CANTÁMOLA EN GALEGO (YOUTUBE) ORELLA...