venres, outubro 25, 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celebramos o Día das bibliotecas cunha actividade proposta pola nosa mascota Traslí. Convidounos a gozar dunha sesión de cine mudo, onde puidemos ver distintas escenas que fixeron historia.

Tamén lembramos a película de cine mudo "Case 101 dálmatas", interpretada polo alumnado que agora está en 5º.

Foi unha actividade fantástica onde as gargalladas estiveron aseguradas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Cantigas Galegas

 O pasado 22 de maio, poucos días despois do Día das Letras Galegas, vivimos unha xornada moi especial no CEP Marcos da Portela. Todo o alum...