Hoxe, na hora do recreo realizamos na biblioteca un obradoiro de papiroflexia pola paz. Os nenos e nenas de 5º e 6º foron os encargados de ensinarnos a facer pombas, grúas e nenúfares con papel.
Escollimos estes tres elementos pola súa relación coa PAZ.
A pomba é un símbolo de representación de paz e amor en moitas relixións e lugares.
As grúas tamén se converteron en símbolo de paz, ademais de curación e esperanza. Isto ten a súa orixe na historia de Sadako Sasaki, unha nena xaponesa que se propuxo facer mil grúas de papel para que se concedera o desexo de curarse da enfermidade que contraera a raíz da explosión nuclear de Hiroshima en 1945.
Os nenúfares representan a resiliencia e a capacidade de superar os desafíos. Estes florecen en augas pantanosas, sendo quen de renovarse e medrar en condicións adversas.
Grazas a todos por participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario