venres, novembro 27, 2026

25 N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O pasado mércores, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, unha data para lembrar todas as vítimas e reivindicar unha sociedade libre de violencia, desigualdades e discriminacións.

Para celebrar esta xornada, participamos nunha actividade conxunta co alumnado de Educación Infantil de Fina Casalderrey e co do IES Luís Seoane. Cada aula e nivel elaborou unha ou varias pancartas con lemas a favor da erradicación da violencia contra as mulleres.

Ademais de promover a reflexión e a sensibilización arredor desta problemática, esta iniciativa permitiunos traballar unha das liñas prioritarias do Plan de Dinamización da Lingua Galega: a cooperación con diferentes institucións educativas para favorecer o uso e a difusión da nosa lingua.

Finalmente, percorremos xuntos as rúas, acompañados polo son dos nosos percusionistas, nunha marcha reivindicativa coa que puxemos o broche final a esta conmemoración.

Porque educar en igualdade, no respecto e na non violencia é construír un futuro mellor para todas e todos.









Ningún comentario:

Publicar un comentario

25 N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O pasado mércores, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres , unha data para lembrar ...