luns, abril 27, 2015

EMISIÓN DÁLLE Á LINGUA

A partir de hoxe e durante dúas semanas, emitiranse  as gravacións no programa de Dálle á lingua, de Onda Cero.

Os rapaces e rapazas de 1º e 2º falarán sobre o Proxecto que realizaron sobre a luz. Os nenos e nenas de 3º explicarán o traballo que fixeron sobre os faros, e os de 5º e 6º presentarán o proxecto que están a desenvolver sobre as pontes.

Estade ben atentos!!

Será en horario de 11:50 a 12:00 h. 

Iso si, non vos preocupedes se non a podedes escoitar en directo, neste blog compartiremos as ligazóns cos podcast do programa.


Aquí tendes as fotografías da gravación.

domingo, abril 19, 2015

AS IMAXES DE CASTELAO



Esta semana, os alumnos e alumnas de 5º e 6º estiveron a investigar sobre a vida de Castelao, a través da exposición "As imaxes de Castelao" que temos exposta no centro dende o pasado mes de marzo, cedida polo Concello de Pontevedra.

Preme na imaxe para acceder a cada panel.

MURAL FOTOGRÁFICO 365 DÍAS

Achégate ao vestíbulo e pesquisa a túa foto no mural de fotos "365 días co galego"!!!



DÍA DA POESÍA

E así conmemoramos o Día da Poesía no CEP Marcos da Portela, traballando poesías relacionadas coa temática da luz.

O 1º ciclo traballou "O arco da vella", o 2º ciclo "O sol" e o 3º ciclo "A estrela", da obra Os soños na gaiola de Manuel María.

Con elas decoramos as escaleiras do colexio, e tamén os nenos e as nenas de 1º, 2º e 3º fixemos estes vídeo para enviar aos nosos amigos do CEP Isidora Riestra de Poio.





E así de bonitos quedaron os chanzos!


CONTACONTOS

Os nenos e as nenas de 1º e 2º asistiron a este fabuloso contacontos coa historia de "Augusta e os seus medos".

Moito rimos!

OBRADOIRO DE DOBRAXE

Os nenos e nenas de 4º participaron nun obradoiro de dobraxe moi divetido. Tiveron que dobrar nada máis e nada menos que un capítulo de Bob Esponxa ao galego!

Esperamos volver repetir a experiencia!

venres, abril 17, 2015

BRINCALETRAS 2

Como xa sabedes, antes das vacacións de Semana Santa enviamos ás casas os Brincaletras nº 2. Nesta nova edición tiñades que demostrar que vós tamén podedes ser uns poetas! Conseguistes o reto??

Lembrade que a vindeira semana é a última para entregalos.

Boa sorte!!!

luns, marzo 23, 2015

PHOTOCALL DO C.E.P. MARCOS DA PORTELA

Este é o  "photocall" que fixemos no noso cole  para promover o uso do galego, escribimos (sobre todo a profe Isa) as  frases máis tenras e emocionantes que se poden ler!!! Míraas e... non te perdas as poses!!


luns, marzo 09, 2015

DÍA DA MULLER

Mañá conmemoraremos no cole o Día da Muller en todos os niveis, por iso vos deixamos aquí unha web onde podemos atopar recursos moi interesantes.


Unha webquest sobre Mulleres na Historia de Galicia.


Unha presentación sobre Mulleres galegas importantes.


E outra sobre algunhas Mulleres importantes na Historia.

Mulleres da historia from Adelaida

E xa para rematar, dous contos en galego e un en castelán, que nos servirán para reflexionar sobre o papel das mulleres na casa e os roles de xénero...

Porque a situación da muller ten que seguir mudando!





MÁIS RECURSOS NESTE BLOG

mércores, febreiro 18, 2015

PARABÉNS PARA TI!

Este estupendo videoclip é unha iniciativa do Concello de Carballo para felicitar o aniversario en galego.

Está xenial!!

martes, febreiro 10, 2015

RECURSOS PARA O ENTROIDO









OLLOS DE AULA Nº 19

Nesta primeira entrega do ano, Carmen Díaz Simón, orientadora do IES Lucus Augusti, valora cando as familias e o alumnado deben acudir ao Departamento de Orientación. Pola súa banda, Mª Dolores González Piñeiro, orientadora do CEIP San Clemente de Caldas de Reis, ofrece estratexias para estimular a intelixencia emocional. Así mesmo, Lines Salgado achégase e formula interrogantes sober os centros plurilingües e as seccións bilingües, mentres que Gracia Santórum nos agasalla unha vez máis cunha boa presada de atractivos títulos literarios.


TRABALLAMOS A MALALA

Con motivo do Día da Paz, ademais de facer un acto conxunto, tamén traballamos ao longo da semana a Malala Yousafzai como figura de paz, e reflexionamos sobre a importancia da igualdade de nenos e nenas e o dereito a unha educación.


Cada nivel se centrou nunha das 16 frases de Malala, que podedes ver aquí e tamén no mural do corredor principal.

DÍA DA PAZ 2015

Así celebramos a Paz no noso colexio o día 30 de xaneiro!
Como vedes, construimos entre todos, un símbolo da paz con velas, feitas por todos os nenos e nenas.


Tamén lemos un manifesto elaborado polo alumnado de 5º. E finalmente, cantamos a canción "Apertas que voan", de Brinca vai. 





REVISTA CHORIMAS

 Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...