![]() |
| PREME NA FOTO PARA VER MÁIS |
martes, novembro 18, 2025
xoves, novembro 06, 2025
SAMAÍN NA BIBLIOTECA
Coa celebración do Samaín preparouse unha semana de medo na biblioteca durante os recreos.
O alumnado puido gozar de distintas actividades como contacontos, manualidades e proxeccións.
Grazas aos nenos e nenas de 6º pola vosa colaboración!
Aquí vos deixamos un anaco do ben que o pasamos.
xoves, outubro 30, 2025
SAMAÍN 2025
Nunca defrauda a nosa exposición de cabazas do Samaín, máis ben nos segue a sorprender grazas ao inmenso traballo de nenos/as e maiores. E tamén, como sempre, a nosa entrada foi decorada magnificamente pola nosa ANPA, como podedes ver no seguinte vídeo.
Este ano o tema era "A Música", e as nosas cabazas resoaron no corredor do cole con gran virtuosismo!
Parabéns a todos/as participantes e aos/ás gañadores/as, que foron:
1º PREMIO: Luana de 4º A
2º PREMIO: Mateo de 2º A
3º PREMIO: Natalia de 6º A
martes, outubro 28, 2025
ROTEIRO CASTELAO
O alumnado de 5º A e B realizou un interesante roteiro pola cidade de Pontevedra, para coñecer ao gran escritor Daniel Castelao. Aprendimos, tamén, moitos datos da nosa vila e visitamos o Museo, concretamente a sala dedicada ao escritor.
![]() |
| Preme para ver as fotos |
luns, outubro 06, 2025
UN CURSO CHEO DE MÚSICA
Comezamos un novo curso e con el un novo proxecto que xirará en torno á música.
O primeiro paso foi decorar as portas da nosa biblioteca, obra das nais e pais da nosa ANPA. Moitas grazas pola vosa colaboración. Quedaron espectaculares!
venres, setembro 26, 2025
RECURSOS DE DINAMIZACIÓN E MÚSICA 2025-2026
RECURSOS PARA FAMILIAS: PROGRAMA APEGO
CANTÁMOLA EN GALEGO (LISTAXE EN SPOTIFY)
ORELLA PENDELLA (DITOS, RECITADOS E CANCIÓNS INFANTÍS)
ALIALI (RECURSOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL)
KÓKITI MÚSICA (EDUCACIÓN INFALTIL)
ENREGUEIFATE (UNIDADE DIDÁCTICA)
VÍDEO: A improvisación oral na Galiza e no mundo
CINEMA EN CURSO (DE 4º A 6º NIVEL)
CARTOGRAFÍA SENSORIAL DE GALICIA
CATÁLOGO VIRTUAL DE REFERENTES LINGÜÍSTICOS
VÍDEO DE "FILLAS DE CASSANDRA"
O GRAN RETO (FALAR GALEGO DURANTE 21 DÍAS). QUERES SABER COMO O FIXERON ESTES MOZOS E MOZAS?
Información da actividade MODO GALEGO, ACTÍVAO!
martes, xullo 15, 2025
REVISTA CHORIMAS 2025
XORNAL CHORIMAS by Marcos Portela
Como sempre, unha revista magnífica onde se reflicten algunas das moitas actividades realizadas ao longo deste curso.
domingo, xullo 13, 2025
DICÍMOSCHO NÓS
Canto aprendemos con estés nenos e nenas do noso centro! Ti tamén querés mellorar o teu galego?! Pois mira estes vídeos e xa verás canto podes aprender!
sábado, xuño 21, 2025
venres, xuño 13, 2025
OBRADOIRO CIENTÍFICO. OS MARTES CONTAN CON ARTE
Para rematar o curso, gozamos dunha tarde de experimentos da man de Arenaria. Con estas científicas puidemos explorar a ciencia dende preto e emocionarnos coas experiencias que nos foron preparando. Puxemos en práctica o método científico e as nosas cabezas non pararon de pensar e formular hipóteses. Foi interesantísimo á vez que impresionante!
domingo, xuño 08, 2025
MAIKA AGUADO E RAFA PRIETO. VISITAS DE CINE
Esta semana tivemos o pracer de contar con outra visita de cine. Neste caso visitounos Maika Aguado, pero non veu soa, se non que a acompanhou Rafa Prieto.
Maira é actriz e graduada en Xornalismo. Comezou a súa andaina na compañía Vacaloura de Vigo. Conta cunha gran experiencia nos medios de comunicación e participou como actriz en distintas series de ficción como Mareas Vivas, Rías Baixas, Galicia Exprés... Paralelamente desenvolve o seu labor como actriz de dobraxe en galego e castelán.
Rafa Prieto leva máis de 35 anos trabalhando como técnico no sector audiovisual: música, dobraxe, postprodución e mestura de son para cine, radio, televisión...
Grazas pola vosa visita e por deixarmos vivir en primeira persona como é esta profesión tan divertida do mundo da dobraxe.
xoves, xuño 05, 2025
XOGOS NA BIBLIO
martes, xuño 03, 2025
MONTANDO A PELÍCULA
No PDI deste curso do CEP Marcos da Portela traballamos o cine. Ao longo do ano aprendimos moitas cousas sobre esta arte e ata tivemos encontros con grandes profesionais do celuloide, como por exemplo, Jorge Coira, Julia Castro e Alicia e Lola Dapena. Tamén nos propuxemos facer unha produción cinematográfica na que plasmar todos os coñecementos adquiridos. O resultado foi algo parecido a unha película á que lle puxemos por título "O roubo do Traslí dourado".
Se queres ver todas as entradas relacionadas co noso PDI, preme AQUÍ.
![]() |
| PREME NA FOTO PARA VER O VÍDEO |
xoves, maio 29, 2025
CORRELINGUA
![]() |
| PREME NA FOTO PARA VER MÁIS |
Un manifiesto pola lingua viva
Durante o evento leuse un manifiesto elaborado por alumnos de varios institutos, que destacou a importancia dunha mocidade activa por unha lingua viva. No texto suliñouse que o galego é “un tesoro legado por aqueles que defenderon a lingua en rúas, medios e escolas”.
luns, maio 26, 2025
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano o Día das Letras Galegas foi dedicado ás cantareiras e a poesía popular oral, en especial a seis mulleres galegas, creadoras e trasmisoras de arte e beleza: Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira e as Pandereteiras de Mens (Prudencia Garrido Ameijende, Asunción Garrido Ameijende e Manuela Lema Villar).
Ao longo da semana puidemos gozar de distintas actividades e actuacións.
A cargo do mago Samuel Moreno aprendemos moitos datos deste día mediante un espectáculo de maxia.
O grupo de pandereteiras "Cantarela" sorprendeunos cun marabilloso concerto de cantigas galegas. Un grupo moi especial, xa que os seus integrantes forman parte da nosa comunidade educativa (unha alumna do centro, antigas alumnas e mestras, así como familiares de exalumnos). Tamén se animaron a subir ao escenario outras nenas pandereteiras que temos no cole.
Durante os recreos o alumnado puido participar en dous obradoiros: "A Lupa máxica" e "Pintamos pandeiretas". No primeiro deles adiviñaron distintas palabras relacionadas co mundo das cantareiras axudándose cunha lupa. Unha actividade moi entretida do Seminario Galán. Na segunda deron renda solta a súa creatividade pintando pandeiretas para decorar a biblioteca.
mércores, maio 14, 2025
DÍA DO LIBRO
Este ano saímos ao patio para facer lecturas compartidas e gozar xuntos da maxia da lectura.
luns, maio 12, 2025
CONEXIÓNS PARELLAS
Coñeces a todos os personaxes das túas películas favoritas?
Se te queres poñer a proba, pásate pola biblioteca e procura acender as lámpadas destes traballos realizados polo alumnado de 4º.
Ben feito rapazada!
martes, maio 06, 2025
MAIO 2025
Un ano máis de celebración dunha festa entrañable onde participa a comunidade educativo deste centro e os "amigos/as" de sempre do noso Maio!! Parabéns a todos e todas!
O resultado foi , como sempre, dunha calidade inmellorable; sen embargo, o premio outorgado non correspondía coa excelencia acadada, unha mágoa! Mais hai que estar orgullosos e satisfeitos polo traballo ben feito.
Nas coplas conseguiuse un primeiro premio, ben merecido polo saber facer dos /das participantes na súa creación e, sobre todo, da nosa ex compañeira Isa! Parabéns!!
Coplas 2025 Cep Marcos Da Portela by Marcos Portela
Preme no cadrado para ampliar a imaxe e poder ler mellor.
luns, maio 05, 2025
VISITA DE IRENE ALONSO
O alumnado de 2º recibiu a visita de Irene Alonso despois de ler o seu libro "Refugallo o espantallo". Un libro cheo de valores que nos deixa ver a importancia da reciclaxe, do coidado do medio, do respecto entre iguais... Todo a través da historia de Comba, unha nena á que lle encanta recoller materiais de refugallo para darlle unha nova vida e que desexa recompoñer o espantallo do seu pai.
Foi un encontro estupendo onde compartimos moito con Irene, fixemos pequenos xogos, creamos unha buxaina e firmounos os nosos libros.
Un pracer, Irene! Grazas pos este ratiño.
Por certo! Aquí vos deixamos a Marquiños, o noso espantallo.
REVISTA CHORIMAS
Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...
-
Nunca defrauda a nosa exposición de cabazas do Samaín , máis ben nos segue a sorprender grazas ao inmenso traballo de nenos/as e maiores. E...
-
Gran nova para o cine galego! A nosa película “O ROUBO DO TRASLÍ DOURADO”, realizada o pasado curso, vén de recibir un prestixioso 1º pre...
-
XORNAL CHORIMAS by Marcos Portela Como sempre, unha revista magnífica onde se reflicten algunas das moitas actividades realizadas ao ...









.jpeg)