O pasado 25 de maio tivemos a sorte de recibir no CEP Marcos da Portela a visita de tres persoas con discapacidade física que compartiron connosco as súas historias de vida. Nun ambiente próximo e moi emotivo, explicáronnos como foi o proceso de adaptación a unha nova realidade chea de retos, pero tamén de aprendizaxes e superación. As súas palabras transmitiron sinceridade, valentía e unha enorme forza persoal.
luns, maio 25, 2026
CANTA A RAPAZADA: CANTIGAS GALEGAS
Nun ambiente cheo de alegría e emoción, cantamos todos xuntos algunhas das cantigas máis coñecidas da nosa terra, como A Virxe de Guadalupe, O Galo, Catro vellos mariñeiros e A Rianxeira. Ademais, tivemos a sorte de contar cun grupo de música tradicional que nos acompañou con pandeiretas e gaita, enchendo o patio de ritmo e espírito galego.
Foi unha experiencia moi bonita para compartir en comunidade, celebrar a nosa cultura e seguir mantendo vivas as tradicións galegas entre os máis pequenos e pequenas.
xoves, maio 21, 2026
CORRELINGUA 2026
CO GALEGO NO CORAZÓN, FACEMOS REVOLUCIÓN!
Este xoves, día 21 de maio, asistimos á festa da lingua, é dicir, ao CORRELINGUA! Fixemos honor ao lema deste ano e levamos unha fermosa palabra sobre o noso corazón a modo de dorsal "lingüístico".
Despois de escapar dun feroz dragón que cuspía ... auga, comezamos cun roteiro polas rúas da cidade, mentres cantamos as cantigas que xa prepararamos no "cole"; logo, na Alameda escoitamos o manifesto na voz de Luis, O Caruncho; a continuación puidemos bailar coa actuación de Sniff & Crash.
Por último, o alcalde fixo entrega dos diplomas e continuou o baile. Foi estupendo!!
martes, maio 19, 2026
MAIO 2026
Unha vez máis o Maio do Cep Marcos da Portela triunfou! Conseguimos primeiro premio en Maio, en interpretación de coplas, en composición de coplas e terceiro premio en coroa!! E tamén nos outorgaron o premio especial de centros escolares!
Parabéns e grazas a todos/as os que participaron nesta festa tan nosa! Sobre todo as e os que sempre acoden para este gran traballo, aínda que xa non teñan relación co centro. Para non deixar a ninguén sen nomear, non citamos nomes...
O luns, día 4, puidemos volver escoitar as coplas e admirar o fermoso maio, para que os que non asistiron á Ferraría puidesen desfrutar desta actuación.
PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO DO MAIO
LETRAS GALEGAS 2026
Para celebrar as Letras Galegas deste ano tivemos varios actos nos que a lingua galega foi a protagonista xunto á autora homenaxeada este ano, Begoña Caamaño.
Este venres día 15, tivemos unha emocionante actuación a cargo de Manuela, a través da cal soubemos da vida e obra de Begoña Caamaño.
![]() |
| Preme para ver fotos e vídeos |
venres, maio 15, 2026
VISITA DA ILUSTRADORA ANDREA GARCÍA
Canto disfrutou o alumnado de 5º con esta ilustradora tan nova! Falounos de como debuxar e tamén de que é o que a levou a escribir. Todos e todas fixeron uns debuxos dos personaxes do seu último libro, titulado "Pantasmadas", que parecían de profesionais.
Logo debuxaron, por partes, un personaxe inventado entre cada tres alumnos, utilizando a man contraria, a boca, tapando os ollos... E puxéronlles un nome coas dúas inicias de cada un. Foi unha actividade moi creativa e entretida!
xoves, abril 23, 2026
DÍA DO LIBRO
O equipo da biblioteca organizou unha fermosa actividade de lecturas compartidas. Que gusto dá velos así, interados e mergullados na lectura!
martes, abril 21, 2026
CONCERTO NO CONSERVATORIO
Hoxe puidemos asistir a un emocionante concerto no Conservatorio de Pontevedra. Escoitamos a estupenda narración de "A frauta máxica" á vez que desfrutabamos dun impresionante concerto. Previamente explicáronnos os diferentes instrumentos que participaban no mesmo.
martes, marzo 10, 2026
DÍA MULLER
Para celebrar o Día da Muller e seguindo co tema do noso PDI, fixemos un mural onde aparecían CDs con información sobre diferentes mulleres que destacan ou destacaron no ámbito da música.
Ademais gravouse un estupendo audio sobre o que representa este día que podedes escoitar nesta ligazón (iVOOX).
martes, marzo 03, 2026
RECITAL DE POESÍA "ROSALÍA DE CASTRO"
Que ben recitaron, maiores e pequenos/as, os versos de Rosalía e algún outro poeta!
O máis emocionante deste recital foi escoitar o galego con acentos diversos: marroquí, sudamericano... Tan emocionante como o colofón deste día: todo o alumnado e profesorado fixeron resoar "Adiós, ríos; adiós, fontes" de Rosalía de Castro no noso salón (comprobádeo nos seguintes vídeos).
Como todos e todas o fixeron tan ben, non puidemos establecer os tres premios estipulados, e cada participante recibiu un pequeno agasallo.
Tamén dispuxemos da exposición sobre esta autora durante toda a semana, e o alumnado mesmo os/as pequenos/as fixeron fermosos murais sobre a mesma.
martes, febreiro 24, 2026
ENTROIDO 2026
Moi musical foi este Entroido 2026! Houbo representantes de todo tipo de música: roqueiros, grupo Kiss, disc-jóckeys, rapeiros, músicos de "country"... que animaron o desfile ao igual que as comparsas Os Canencos e Las Flores del Carnaval, que nos acompañaron unha vez máis, e aos cales estamos moi agradecidos.
Grazas tamén a todo o alumnado, ao profesorado e á profe Isa, por esas magníficas coplas, que, xunto coas compostas polo alumnado de 6º, contribuíron a realizar un xusto xuízo.
![]() |
| PREME NA FOTO |
luns, febreiro 23, 2026
mércores, febreiro 11, 2026
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Para celebrar este día tan importante, o alumnado de 5º A representou unha obra de teatro sobre a vida dunha gran científica: Marie Curie (preme para máis información). Maja púxose na pel de Marie e interpretou marabillosamente ese papel, do mesmo xeito que os demais actores e actrices: narradoras; o científico "bigotudo", que interpretou tan ben Miguel, mostrando a desconfianza e a falta de valoración dos homes da época, cara o traballo dunha muller; o pai , a nai e a súa irmá; o seu marido.... Parabéns, nenos e nenas!
PREME AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS E OS VÍDEOS.
luns, febreiro 09, 2026
RECURSO DO ENTROIDO
Sabes que en Galicia temos unha morea de entroidos!! Imos coñecer un pouco máis estas figuras do ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO: Peliqueiro, Pantalla, Vergalleiro, Cigarrón...e, como non, as Madamas e Galáns de Vilaboa.
- OS "FELOS" DE MACEDA
- OS "CIGARRÓNS" DE VERÍN
- OS "PELIQUEIROS" DE LAZA
- AS "PANTALLAS" DE XINZO DE LIMIA
- OS "VERGALLEIROS" DE SARRAUS
- OS "BOTEIROS"
- OS CHARRÚAS
- OS TROTEIROS DE BANDE
- OS "VOLANTES DE CHANTADA"
- OS IRRIOS
- O "OSO DE SALCEDO"
- OS XENERAIS DO ULLA
- OS "XENERAIS" DO ULLA
- OS "APROPÓSITOS" CORUÑESES
- O "RAVACHOL"
- OS "MERDEIROS" DE VIGO
- MADAMAS E GALANS
- GASTRONOMÍA
- CRÉDITOS
martes, febreiro 03, 2026
DÍA DA PAZ
Este ano por mor do mal tempo non puidemos celebrar este día como tiñamos pensado; pero non deixamos de facer un fermoso mural onde se traballaron diferentes cancións. Nel aparecían as diferentes fichas, unha por clase, coa seguinte información: título, nome do cantante ou grupo, retrouso ou frase representativa, xustificación da elección desa canción e debuxo sobre a mesma.
luns, xaneiro 19, 2026
ENREGUÉIFATE
Pero que boas regueifas compuxeron e cantaron este alumnado de 6º, parabéns!! Foron moi creativos e espontáneos!
venres, decembro 19, 2025
NADAL 2025
Aquí tendes o vídeo do fermoso e emocionante festival onde resoou a música das panxoliñas un ano máis... onde despedimos á profe Chus con moito sentimento, onde os bos desexos viaxaron entre o alumnado nas felicitacións que fixeron con agarimo e gran gusto estético.
Ademais, podemos ver a homenaxe da nosa "gañadora" do deporte a nivel nacional, Ainhoa, acto no que contamos coa presenza do noso alcalde. Parabéns!
Nas fotos aprezaredes a magnífica e incrible decoración da nosa ANPA e a beleza en miniatura do belén de María Jesús. Moitas grazas polo voso marabilloso traballo.
![]() |
| PREME PARA VER MÁIS FOTOS |
luns, decembro 01, 2025
25 N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULER
O pasado luns, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data para lembrar a todas as vítimas e para reivindicar unha sociedade libre de agresións, desigualdades e discriminacións.
Participamos nunha actividade, xunto ao alumnado de infantil de Fina Casalderrey e o do IES Luís Seoane, que consistía en decorar unhas caixas (unha por nivel) con palabras ou mensaxes positivos cara a erradicación da violencia machista e o empoderamento da muller, nunha das súas caras; noutra, unha palabra ou frase da realidade que aínda persiste hoxe en día. Con elas creamos a nosa pirámide e, posteriormente, formaron parte da pirámide conxunta co resto de alumnado no IES Luís Seoane. Como acto simbólico a construción que reflectía aspectos negativos foi destruída.
Finalmente, percorrimos todos xuntos as rúas ao son dos nosos percusionistas, e así concluímos esta conmemoración.
No noso centro tamén fixemos un mural con quebracabezas que completamos entre todas as clases.
Preme aquí para ver más fotos.
GAÑAMOS!!
REVISTA CHORIMAS
Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...
-
Gran nova para o cine galego! A nosa película “O ROUBO DO TRASLÍ DOURADO”, realizada o pasado curso, vén de recibir un prestixioso 1º pre...
-
A continuación podedes ver un marabilloso vídeo realizado polo coordinador do EQUIPO UNESCO, con el botamos unha ollada a moitos dos proxe...
-
Nunca defrauda a nosa exposición de cabazas do Samaín , máis ben nos segue a sorprender grazas ao inmenso traballo de nenos/as e maiores. E...

.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)








.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

