xoves, marzo 09, 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Que boa maneira de celebrar esta conmemoración tan importante e, aínda, necesaria!

Tivemos o pracer e a sorte de contar coa visita dunha moza que está loitando por romper as barreiras desta sociedade cos seus puños, nunca mellor dito (recordade que este deporte ten unhas regras moi estrictas); pois, Yohana Jiménez é boxeadora e campioa a nivel autonómico e nacional!!

Contounos a súa experiencia como deportista e estudante, e falounos de valores moi importantes como o esforzo ou o respecto. Esperamos que siga obtendo éxitos na súa vida e abrindo camiños cos seus "puños" e as súas palabras.

Continuamos coa conmemoración deste día dun xeito inmellorable, xa que o venres 10 tivemos a visita de Carla Santoro, unha nena que cursa 1º de E.S.O. Carla loita, tamén, no seu día a día coa súa discapacidade visual e, ademais, participa en campionatos de atletismo a nivel nacional.  Déixanos claro que  para conseguir metas o importante é o esforzo e tesón, e que non hai ningún tipo de trabas que poidan frear as ansias por conseguir o que desexamos!!

Cando puidemos comprobar, cunhas gafas, como percibe o mundo, aínda a admiramos máis!! Sabemos  que chegarás moi lonxe, estaremos pendentes dos teus logros!!

Tamén, coma todos os anos fixemos un fermoso mural; no que  recordamos a moitas mulleres que foron  ben importantes! Atréveste a ser ti unha destas mulleres!?

Preme para ver máis fotos


Preme para ver máis fotos


Ningún comentario:

Publicar un comentario

25 N 2024

 Hoxe celebramos unha data moi importante para todas as mulleres e toda a sociedade:  Día Internacional da  Eliminación da Violencia contra ...