venres, maio 05, 2023

SALÓN DO LIBRO 2023

Este ano, a nosa aventura no Salón do libro comezou cunha xornada literaria, o Trocalibros,  que se celebrou o día 23 de abril, o Día do Libro. Foi unha xuntanza marabillosa na que puidemos darlle unha  segunda vida a eses libros que nos fixeron coñecer novos mundos e darlle a benvida a outros que nos permitirán continuar con esa viaxe.
      
Preme na imaxe para ver as fotos do Trocalibros


Os nenos e nenas de 2º, 4º e 6º, colaboraron co Salón do Libro coa "Casa dos meus xogos", un espazo que abre as portas a distintos xogos relacionados coa lingua. 
Os de 2º fixeron un libro de adiviñas para xogar coas palabras.
Os de 4º elaboraron un libro con diferentes retos de lóxica para darlle ao coco. 
Os de 6º propuxéronnos xogar cos contos, creando, a partir dun principio, diferentes nós e desenlaces susceptibles de ser cambiados para dar lugar a historias absurdas.
Grazas nenos e mestres pola vosa dedicación.


Preme na imaxe para ver o traballo do Salón do Libro


Este alumnado, despois do seu traballo e implicación, tivo o pracer de visitar as exposicións e participar nos distintos obradoiros que se ofrecían, así como de visitar ao noso gran amigo Orbil.


Preme na imaxe para ver as fotos da visita

Deica o ano que ven!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

25 N 2024

 Hoxe celebramos unha data moi importante para todas as mulleres e toda a sociedade:  Día Internacional da  Eliminación da Violencia contra ...