Este ano non podía ser menos, como sempre o camiño da perfección é coñecido por tod@s aquel@s que participamos na súa elaboración.
Hai que agradecerllelo a toda xente que se implicou, xa que non só viñeron alumn@s e pais-nais deste ano académico, senón de anos pasados. Ademais a pé de canón estiveron esas persoas que sen ter relación directa co centro -pois xa non teñen fill@s no mesmo dende hai moitos anos- non faltan ano tras ano, amosando un interese e unha emoción que agradecemos enormemente! Tamén ás profes xubiladas que viñeron botar unha man a aprol desta tradición que se perdería de non ser por esa xenerosidade de tod@ os/as participantes.
A meta conseguiuse sobradamente, xa que se obtiveron os seguintes premios:
- Primeiro premio en Maio.
- Segundo premio en Coroa e Interpretación de coplas.
- Terceiro premio en composición de Coplas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario