Hoxe celebramos unha data moi importante para todas as mulleres e toda a sociedade: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Pero non só hai que estar activos nesta loita este día tan sinalado, senón todos os días do ano. Porque o que queremos é unha sociedade onde convivamos , todos e todas, sen inxustizas , violencia ou desigualdades cara as mulleres.
A continuación tendes o videoconto de "Arturo e Clementina" nas voces de tres compañeiros: Alejandro, Alberto José e Máximo. Non deixedes de escoitalo e reflexionade sobre a mensaxe que nos transmite.
Ademais tendes un vídeo sobre unha importante activista, Malala Yousafzai, que sufriu en carne propia a violencia machista dos talibáns por defender o dereito á educación das nenas do seu país.
E se queres saber por que se celebra esta conmemoración o 25 de novembro, tes a resposta no derradeiro vídeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario