mércores, xuño 05, 2024

A MAXIA DA RECICLAXE

O día 5 de xuño celébrase o día do Medio Ambiente, así que,  no cole decidimos crear debuxos con tapóns. Con isto estamos contribuíndo a reutilización de materiais. 

Como sabemos, non só é hoxe, se non todos os días do ano. Debemos axudar a coidar o noso planeta:  reciclando, matendo os espazos limpos, reutilizando, plantando árbores...todo depende de nós para vivir nun mundo con menos contaminación.

Deixámosvos un pequeno vídeo das creacións do alumnado no cole. Quedaron chulísimas!



Dende casa o alumnado tamén se animou a facer obxectos con materiais reciclados, deixando voar a súa creatividade. Moitas grazas ás familias por colaborar, quedaron xeniais!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DICÍMOSCHO NÓS

O noso alumnado que espelido é, decátase de todos os  interferencias e erros que se cometen en galego! Aprendamos con eles! VÍDEO 1 VÍDEO 2 ...