venres, xuño 28, 2019

CHARLA SOBRE O SAHARA ( 3º e 4º)

Que interesante charla sobre o Sahara!!Óscar contounos as súas experiencias durante a súa visita aos campamentos, onde conviviu con nenos/as e maiores.
Esta actividade foi un complemento ideal para o alumnado de 3º que leu o libro doce como o seu título  "Palabras de Caramelo"!


CHORIMAS 2019

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Todo o noso alumnado graduase "cum laudem", a nota máxima, en CREATIVIDADE!!! Impresionante exposición que mostra o poder creativo dos nosos/as alumnos/as!
 Tamén se desenvolveu, en Libre Configuración, actividades  de investigación. Con toda a información realizáronse moitas páxinas para crear un LIM. Ademais, este alumnado realizou diferentes inventos creados con lixo plástico, inventos que foron explicados en diferentes vídeos.

En 5º  levouse a cabo un  intenso traballo de investigación que abraguía as fases do proxecto do noso Centro "Ollo co plástico" (estudo da orixe, consecuencias do uso dos plásticos e posibles solucións para minimizar este tipo de lixo) como se pode ver neste vídeo, un  dos moitos que se fixeron!
    

CREACIÓN LITERARIA


Magnífico texto de creación literaria do noso alumnado!!

luns, xuño 24, 2019

O CASAMENTO DA PULGA

Estupenda representación a cargo do alumnado de 5º B sobre unha cantiga de Antonio Fraguas!! Foi un dos actos que se levaron a cabo para a celebración do Día das Letras Galegas.

venres, xuño 14, 2019

DÍA NACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS

Hoxe, 14 de xuño, conmemórase o Día Nacional da Lingua de Signos. Para celebralo, a nosa intérprete, Rosa, realizou un estupendo vídeo no que implicou ao noso alumnado e parte do profesorado; concretamente a  "profe" Isa creou un par de estrofas para apertura e peche desta montaxe. Parabéns polo traballo ben feito!

venres, xuño 07, 2019

CANTOS NO MARCOS

Que ben cantaron estes nenos e nenas do "Marcos"!! Foi moi difícil decidir quen debía gañar!
Como esta foi unha das actividades que formaron parte da nosa Semana Cultural, os gañadores e gañadoras actuaron no Festival das Letras (podedes velas fotos nesa entrada). A continuación tendes as fotos do certame!



CORRELINGUA 2019 (3º e 5º nivel)


martes, xuño 04, 2019

luns, maio 27, 2019

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Que gran Festival das Letras tivemos este venres!! Hai que darlles os parabéns ao profesorado, ao alumnado, aos presentadores e, sobre todo, a  nosa compañeira Pilar! Houbo actuacións musicais, coreografías, poemas, contos musicados... Todos os asistentes puidemos gozar dunha estupenda festa das Letras. Esperemos que a nosa querida lingua  resoe con máis forza ao noso arredor!

 Para a ocasión engalanamos o vestíbulo con fermosos traxes tradicionais galegos (expuxéronse tamén fotos cos nomes das diferentes partes do mesmo), ademais de láminas ilustrativas do carro, da gaita, do canastro...O noso alumnado traballou estes termos, nas clases, completando debuxos destes elementos "do noso".
O alumnado de 1º fixo retratos do autor homenaxeado a partir dun modelo dado; os excepcionais debuxos foron tamén expostos no noso vestíbulo!
Para ver todas as fotos premede nas dúas últimas.





Fotos do segundo pase

Fotos do primeiro pase

Unha das actuacións foi o Centón de Antonio García Teijeiro.

"Foi Teijeiro homenaxeado
no último Salón do libro.
Choveron bicos e versos,
trouxo a palabra aloumiños."


"Na clase de libre configuración , compuxemos entre os tres cuartos do cole un centón homenaxe a Antonio García Teijeiro, utilizando única e exclusivamente versos do poeta. Sentímonos camiñantes da palabra, descubridores de historias e paisaxes reais ou afectivas. Pescamos rimas, metáforas, personificacións... Fomos poetas ao fin e ao cabo e agardamos vos guste o resultado final."

                                                                    Profe Isa


VISITA DO IES COTOBADE

Este martes, día 21, tivemos a visita  de tres alumnos do IES de Cotobade de 1º da ESO que viñeron, acompañados do seu profesor Carlos, para falarnos de Antonio Fraguas. Nese centro celebrouse este ano a Primaveira das Letras, pois este escritor e defensor da nosa lingua naceu nunha localidade do concello de Cotobade. Para a devandita celebración, fixeron traballos moi interesantes que compartiron connosco. Moitísimas grazas, ademais de ilustrarnos sobre a figura do homenaxeado desfrutamos dun traballo ben feito!!


mércores, maio 08, 2019

LETRAS GALEGAS 2019


O día das Letras Galegas

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.


"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

Este ano a Real Academia Galega decidiu homenaxear a Antonio Fraguas Fraguas.

A continuación poderás ler información sobre este autor e, mesmo, xogar, a coñecer as partes do traxe tradicional!!Tamén xa sabes que hai moitos xogos en liña na ligazón de Seminario Galán.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Ant%C3%B3n_Fraguas
Preme na foto para ler a súa biografía máis extensa








Preme na foto para ler unha biografía máis breve

Unidades didácticas para os distintos ciclos de Seminario Galán




http://museodopobo.gal/web/fraguas.php?lang=es
Unidade didáctica de Antón Fraguas do Museo do Pobo Galego







 

No discurso de entrada na Real Academia Galega, Antón Fraguas recollía coplas da parroquia de Loureiro de Cotobade que falaban de distintos paxaros, entre eles, o cuco.

ESCOLMA DE COPLAS DE LOUREIRO DE COTOBADE

Eu ben vin estar o cuco
na rama d-un castiñeiro,
coa machada na mán
deprendendo a carpinteiro
______
Canta cuco canta cuco
na rabela do arado,
as mulleres antre os homes
é un gando mal gardado.
_______
Foches falar mal de mín
axunto dos meus amores,
fai de conta que botaches
auga por riba de flores.
_______
Eu collín a flor da xesta
que é a primeira que vén,
desde que te vín a tí
non amei a mais ninguén.
________
Sei d-un niño dunha melra
outro dunha lavandeira,
agora teño tres niños
co niño da costureira.
________
Da banda d’alá do río
asubíame unha melra,
a melra como asubía
anda segando na herba.
________
Eu ben vín estar o moucho
encima d-ún amieiro,
coa subela na mán
aprendendo a zapateiro.
_________
Moucho que estás no canizo
bota castañas abaixo,
anque non teño mandil
acádochas no refaixo.
__________
O paxaro cando chove
mete o rabo na silveira,
así fan as boas mozas
cando non hai quen as queira.
_________

Cantan os galos o día
érguete, meu ben, e vaite.
Como me hei d-ir, queridiña,
como me hei d-ir e deixarte?

PROGRAMACIÓN LETRAS GALEGAS 2019 DA XUNTA DE GALICIA (Preme no título)


martes, maio 07, 2019

OBRADOIROS DE GALEGO

A estes obradoiros asistiu o alumnado de 1º e 2º, o día 3º de abril; moito aprenderon do corpo humano, mesmo dos "virus lingüísticos" que afectan á nosa lingua e, para rematar cantaron unhas cantigas!! O alumnado de 5º e 6º, participaron neste obradoiro o día 6 de maio; puideron divertirse e aprender algo máis da nosa fermosa lingua. Mediante acertixos, que resolveron con astucia, chegaron a resolución final!! E así puideron abrir a maleta da avoa Corvo e recibir un engaiolante agasallo! Sabedes o que? Pois uns cornos dunha vacaloura que lles darán moi boa sorte!!
https://photos.app.goo.gl/F8yaTBh2sqotUy2S6
OBRADOIRO DE 1º E 2º

https://photos.app.goo.gl/thuM1ZjyRfME9u7V9
Obradoiro de 5º e 6º

O NOSO MAIO 2019

  Que fermosura de MAIO!! Con razón levamos o 1º premio no certame  deste ano na categoría de Maio, sen esquecer o de Coroa; no tocante as enxeñosas coplas, como non!, levamos tamén o   en Composición, aínda que merecían o , galardón que si obtivemos en Interpretación.

Foi un traballo no que colaboramos alumnado, familias (mesmo participou xente que xa non ten fillos/as no centro), ANPA e profesorado durante días. Parabéns a todos!! Vivimos unhas xornadas moi agradables na que se traballou con moita ilusión. En especial, hai que darlles as grazas a Laura, á súa nai Pilar (a nosa compañeira),  que son a "alma máter" do noso Maio.
 Para ver o estupendo traballo e a marabillosa execución, premede na foto!


ÁLBUM 1


ÁLBUM 2

O MAIO NO NOSO CENTRO
CANTAMOS O MAIO NO NOSO COLE

domingo, abril 28, 2019

VISITA DA ESCRITORA AN ALFAYA





O pasado venres, 25 de abril, recibimos a visita da escritora An Alfaya para falar, entre outros temas, do seu libro "Zoa e Azor". O silencio e a atención foron inmellorables, que interés se respiraba na nosa biblioteca! Primeiro, An contounos o tímida que era de pequena e como xurdiu o feito de empezar a escribir; logo, o alumnado comezou a facer unhas preguntas sobre o libro,certamente interesantes, algunhas preparadas e outras espontáneas; foi un verdadeiro éxito!! Escritora, alumnado e profesorado saímos encantados desta xuntanza tan interesante que deixará unha importante pegada!

Grazas, An Alfaya, e parabéns ao noso alumnado polo ben que se portou e traballou este fermoso libro!

           
Preme na foto para ver outras do acto

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Hai algo mellor que ler e compartir?
Co gallo do Día Internacional do Libro Infantil, celebrado o 2 de abril, e do Día Internacional do Libro, celebrado o 23 deste mesmo mes, fixemos unha actividade de lecturas compartidas entre os diferentes niveis. Nunha primeira rolda, foron os maiores os que lles leron aos pequenos; pola contra, o pasado xoves, serían os pequenos os que elixisen os textos para lerllelos aos maiores. Que boa experiencia!! Só hai que ver as fotos!!

José  de 3º A lendo en braille a Leire de 5º A!
Preme na foto




sábado, abril 27, 2019

DÁLLE Á LINGUA

Aquí tendes a primeira participación deste ano no programa Dálle á Lingua de Onda Cero, aínda nos queda outra!! Que ben falaron e que ben lle deron á lingua galega!!

Preme na foto para oír ao noso alumnado

GAÑADORES DO CERTAME DE POESÍA RECITADA

Parabéns a todos os gañadores e a todos os escolares participantes!!!


GRUPOS GAÑADORES:
  • Lorena González e Ylenia Pérez de 2º B
  • José Ángel Suárez e Daniel Díez de 2º A
  • Carlota Vázquez e Aroa Mora de 3º B
  • Marina Domínguez de 4ºB
  • Alba Rodríguez, Ana Uxía Santos e Elena Luis Rodríguez de 6º B

luns, abril 22, 2019

VISITA AO SALÓN DO LIBRO



Este ano o tema do Salón do Libro é "A REVOLUCIÓN"; nós participamos cun estupendo traballo co que queremos deixar claro a nosa intención de revolucionarnos  contra o plástico para CAMBIAR os nosos costumes e TRANSFORMAR este planeta, cheo de lixo plástico, grazas a DESPLASTIFICACIÓN!!
 Unha fermosa composición tanto pola forma como polo fondo; con ela reinvindicamos, precisamente, que de ningunha maneira  queremos plástico nin no fondo do mar nin en ningures! Destaca o traballo plástico e, tamén, o narrativo e de investigación reflectido nos diferentes libros e "lapbook"!!
O noso alumnado visitou o Salón e puido participar en diferentes obradoiros (Anxo Fariña, impresións en 3D...), ademais de visitar as instalacións onde se falaba, por exemplo, da revolución da escrita, da Revolución dos Caraveis de Portugal...e ver os  traballos doutros coles. Nas fotos podedes ver unha pequena mostra do que se fixo.
Preme na foto para ver as demais


FOTOS DE 5º

SEGUIMOS A VOLTAS CO PLÁSTICO!


Que ben nos explicaron estes dous alumnos do IES Luís Seoane o traballo co que foron premiados. Xuntos, eles e nós, seguiremos a loitar pola redución dos plásticos na nosa vida cotiá. Podemos conseguilo!!

REVISTA CHORIMAS

 Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...