Estupenda charla espectáculo de maxia "A igualdade non ten truco", que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas, explicando diversos conceptos do feminismo e actitudes sexistas de xeito ameno, interactivo e sorprendente!
Co gallo do Día da Muller Traballadora tivemos dúas sesións do grupo "Maxia na manga" o día 11 de marzo (unha de 1º a 3º e outra de 4º a 6º), a cargo de Sara Rodríguez e Carlos Tomico; ambas as dúas sesións conxugaron maxia e mensaxes de igualdade, de acordo ás idades do alumnado ás que ían dirixidas.
Ademais de rir a esgalla, aprenderon a importancia de vivir nunha sociedade igualitaria!
A
xunta pon a disposición de toda a poboación, durante o confinamento
polo coronavirus, 4.500 títulos das bibliotecas públicas de
Galicia.
www.Galicia
Le.gal
Non
tes carné de biblioteca? Rexístrate
e coas claves que recibirás, accederás igualmente a eBiblio
Galicia e ao Catálogo
galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para
achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das
vantaxes de GaliciaLe.
Hai
que rexistrarse para
acceder aos
libros dixitais, para o que compre:
Ter
un ordenador, tableta, … compatible.
Unha
conta de correo electrónico.
Os/as
menores de 14 anos tamén poden rexistrarse, con permiso dun adulto
responsable (pai, nai, titor/a).
Xogar en galego é unha posibilidade real durante o confinamento. A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) ofrece na súa páxina web, totalmente de balde, catro opcións diferentes e online, para nenas e adultas, cos que pasar as horas durante este encerro.
Nestes días de
confinamento queremos darvos algunhas ideas para gozar da lectura na
casa.
Xenerosamente algunhas editoriais poñen a nosa disposición
algúns títulos para que poidamos ler nos nosos dispositivos de
balde. Fagamos un bo uso destas iniciativas e gocemos da compaña dos
libros.
Este ano imos celebrar un Entroido moi cómico:o alumnado de 1º e 2º irá disfrazados de pallasos/as; o de 3º, de Mucha e Nucha; o de 4º, de Chaplin; o de 5º, de mimos; e o de 6º de Tricicle!!
Un ano máis celebramos o Día da Paz cun fermoso e emotivo acto! Poesía e cancións, que mellor combinación!!
En primeiro lugar, tivemos unha interesante charla, a cargo da nosa directora, Alicia, sobre o que significa este día e a figura de Isabel Zendal, a quen se lle dedicou a xornada.
Despois, o alumado de 4º deleitounos cun emocionante poema versionado a partir du texto de Antonio García Teijeiro! Parabéns a estes nenos e nenas, as titoras e a profe Isa que nos trouxeron palabras tinguidas de paz!
A continuación, todo o alumnado do centro, cantou a canción "Un veleiro verde" de María Fumaça; e así, embarcámonos nese mundo de paz e harmonía, co que todos e todas soñamos, coa palabra e a "Lingua de signos" da man da nosa intérprete, Rosa, coa que temos a sorte de contar un ano máis!
E non esquezamos o mural no que participaron todos os niveis! O alumnado escribiu, en pingas de cores, todo o negativo do mundo que faría desaparecer coas súas vacinas especiais!
Tres alumnos agasalláronnos con palabras de paz, grazas, rapaces!
Poema do alumnado 4º nivel
O VELEIRO VERDE
Magníficos "Brincaletras" da profe Isa e Dolores Froján para todos os niveis! Agora só hai que poñerse mans á obra, e facelos da maneira máis creativa posible. Disfrutade coa creación literaria a partir destes versos de Antonio García Teijeiro!!
Magnífico belén realizado por Mª Jesús (nai de dous ex alumnos) e Maricarmen, a profesora de Relixión!! Un belén que visibiliza e fomenta a sostibilidade que proclama o noso centro.
E, tamén, magnífica decoración do vestíbulo e do salón a cargo das nais do noso centro! Ademais, da árbore realizada, como vedes, de manera sostible, colgáronse creativas estrellas que portaban bos desexos para este Nadal e para o vindeiro 2020!!
Parabéns!!
Preme nesta árbore tan orixinal, para ver o resto das fotos da decoración!
Que festival máis fermoso, como sempre! Aínda que este ano tivemos unha actuación moi especial: O Apalpador! Manuel, pai de un alumno e unha alumna do noso centro, contounos este conto tan tenro desta mítica figura do Nadal galego; despois do conto puidemos ver un baile moi divertido duns Apalpadores moi orixinais!!O noso alumnado xa non vai esquecer ao noso benquerido Apalpador, Manuel!
Juan, alumno de 2º A, contounos o relato que narrou en Santiago no concurso "Tíralle da Lingua"; fíxoo de marabilla e recibiu u merecido premio que lle foi entregado pola titora.
Ademais, as voces dos nosos alumnos e alumnas resoaron como se fosen nenos e nenas cantores/as!! E tampouco faltou o humor, pois o proxecto do cole deste deste ano é: "En clave de humor".
Foi presentado por dúas alumnas e un alumno de 6° (Sofía, Sara e Antonio) , que o fixeron magníficamente!!
Parabéns a todos/as os/as participantes!!
Tampouco nos esquecemos de darllelas grazas ás mamás polo ben que adornaron o noso centro!!
Faltan algúns vídeos, poranse en breve!
< />
Para finalizar este fermoso festival, o alumnado de 4° interpretou o tema "So this is Christmas", co que nos emocionaron moitísimo;ao mesmo tempo que cantaban, proxectouse un vídeo con imaxes da nosa cidade engalanada para recibir o Nadal! Bravo por eles e elas!!
Esta semana tivemos un gran programa para traballar aigualdadeno noso centro. Houbo actividades moi interesantes para todos os niveis!
O luns,Día da Eliminación da Violencia contra a Muller,Pablo Abelleira, ex alumno deste centro e membro de NEOFEM (grupo que traballa a prol da igualdade e que recibiu o 1º premio do concurso Ernestina Otero Sestelo, na categoría de Educación Secundaria, no ano 2018), fíxolles reflexionar aos nenos e nenas de 5º e 6º sobre a desigualdade entre homes e mulleres, a violencia de xénero e diferentes cuestións relacionados con este tema, como a publicidade sexista. Foi unha charla dinámica na que participou gran parte do alumnado asisente. Parabéns, Pablo, que gran sorte poder contar contigo neste día tan especial!
O martes o alumnado de 1º e 2º puideron escoitar uns contos moi especiais sobre "Príncipas e princesos" dos Contos de Pablísimo! Que divertido e necesario cambiar os contos!!
E, por último, o alumnado de 3º e 4º puido gozar dunha grande actuación do grupo teatral "Migallas"!! A obra representada era “Elas pintan moito”.
Foi unha sesión de contos baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.
Magnífico relato sobre o seu añiño!! Participou no XVI Concurso de Relato oral "Tíralle da Lingua" que orgaizou a Asociación Socio-Pedagóxica Galega co obxectivo de normalizar o uso oral do galego e contribuír a que este idioma se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias. Foi o participante máis novo e fíxoo de marabilla, só hai que ver o vídeo para comprobalo! Parabéns, Juan!!
Arrepiante!! Así podemos desccribir como deixaron o noso salón de actos as nais do noso centro; unha vez máis dedicaron horas e horas de traballo para sorprendernos coa súa capacidade de dedicación e creatividade. A mesma creatividade que puidemos comprobar na elaboración das cabazas, deste ano, seguindo a temática do humor. Parabéns a todos e todas por participar!!
E alí, no noso salón, puidéronse oír aterradoras historias lidas ou contadas polos nenos e nenas e... polas profesoras ataviadas para a ocasión, ao igual que moito do noso alumnado, con terroríficas vestimentas! Parabéns!! As fotos, a continuación.