Chegou a noite máis aterradora do ano e no Marcos da Portela celebrámola cun concurso de cabazas moi cinematográfico e disfrazados dos personaxes máis terroríficos.
Aquí vos deixamos unha mostra das marabillosas creacións do noso alumnado e das nosas mellores galas de medo.
O 24 de outubro celebramos o Día das bibliotecas cunha actividade proposta pola nosa mascota Traslí. Convidounos a gozar dunha sesión de cine mudo, onde puidemos ver distintas escenas que fixeron historia.
Tamén lembramos a película de cine mudo "Case 101 dálmatas", interpretada polo alumnado que agora está en 5º.
Foi unha actividade fantástica onde as gargalladas estiveron aseguradas.
Manu Portela ex-alumno do Marcos da Portela veu ao cole o xoves. Estivo xogando co alumnado, firmando autógrafos, falando de como compaxina os estudios co deporte...
Manu actualmente é xogador do xuvenil de División do Honor do Vilarreal. Cando o ficharon, aos once anos, estaba xogando no AJ Lérez.
Grazas pola visita Manu e moita sorte no futuro!
Compartímosvos unha ligazón onde aparece un artigo sobre el.
Como sempre, cando pensamos que non se pode superar, a arte aparece en Monte Porreiro con máis talento! Estupendo festival que podedes ver nos seguintes vídeos...
O último conta contos do curso da man de Natalia e Aroa, unhas alumnas de 4º.
Decidiron que unha delas representaba o conto, "Unha extraña visita", con xestos mentres a compañeira iba lendo. Foi unha aténtica marabilla, encantounos!!
Moitas grazas chicas. O curso que vén máis e mellor!
Así loce a nosa horta despois de plantar o mes pasado.
Grazas a todo o alumnado e profesorado implicado para ter un horto así de fermoso. Desta maneira observamos como os alimentos nacen e medran da terra e para iso precisan coidado.
Compartímosvos a ligazón do podcast do Marcos da Portela, que poderes ver a través da aplicación "Ivoox". Dende aí tedes a oportunidade de escoitar os traballos que fai o alumnado de todos os cursos sobre diferentes temáticas.
Moitas grazas polo labor que hai detrás dos micrófonos e a vós por estar ao outro lado!
O noso PDI deste ano do cole está relacionado coa maxia,como sabedes chámase "Meigas dentro". Por esa razón decidimos facer un libro "máxico", que recolle diferentes temáticas por cursos.
Para o 1º e 2º curso trata sobre personaxes máxicos de Galicia.
En relación co 3º curso, acolle herbas e os seus usos, no 4º curso traballaron sobre conxuros, refráns e rituais.
En 5º curso fálanos sobre festas e crenzas e por último para o 6º, recolle as lendas tradicionais de Galicia.
O alumnado de 6º tamén realizou un espectáculo de maxia como podedes ver no seguinte vídeo, o cal levou moito tempo de investigación e preparación.
Moitas grazas ao profesorado e ao alumnado de todo o cole pola vosa implicación e colaboración.
O día 5 de xuño celébrase o día do Medio Ambiente, así que, no cole decidimos crear debuxos con tapóns. Con isto estamos contribuíndo a reutilización de materiais.
Como sabemos, non só é hoxe, se non todos os días do ano. Debemos axudar a coidar o noso planeta: reciclando, matendo os espazos limpos, reutilizando, plantando árbores...todo depende de nós para vivir nun mundo con menos contaminación.
Deixámosvos un pequeno vídeo das creacións do alumnado no cole. Quedaron chulísimas!
Dende casa o alumnado tamén se animou a facer
obxectos con materiais reciclados, deixando voar a súa creatividade. Moitas
grazas ás familias por colaborar, quedaron xeniais!
Unha experiencia onde o alumnado protagonista que le o conto mellora na linguaxe oral, a voz e a lectura propiamente. Os espectadores aumentan a atención e respectan ao lector.
Unha práctica moi enriquecedora que lles encanta e aprenden un montón dos compañeiros e compañeiras.
Hoxe tivemos a sorte de ter con nós, "Contos para Manuela". Unha representación sobre a vida de Luisa Villalta, a autora homenaxeada das Letras Galegas deste 2024.
Con esta teatralización puidemos repasar que Luisa naceu en A Coruña, foi profesora de Lingua Galega e Literatura, encantáballe a música, escribir poesía e adoraba o galego e a súa Galicia.
Moitas grazas por ensinarnos tantas cousas sobre esta gran muller. Ata a próxima!