luns, outubro 29, 2018

DÁLLE Á LINGUA

SE PREMEDES NESTE ENLACE PODEREDES OÍR AO NOSO ALUMNADO FALANDO DAS MULLERES QUE SE TRABALLARON NOS DIFERENTES NIVEIS. FOI GRAVADO E EMITIDO POR POR ONDA CERO. QUE BEN O FIXERON!!!


                                  

luns, xullo 02, 2018

MURAIS DO COLE

Este ano o noso centro encheuse, entre outras cousas, de mulleres que destacaron en moitos ámbitos; mulleres importantes que tiveron que enfrontarse a un mundo cheo de trabas, de atrancos...

CANTOS NO MARCOS

Como outros anos, este curso tamén se celebrou o certame de "Cantos no Marcos", e que ben cantaron todos os/as participantes eses cantos tradicionais que todos coñecemos!! Parabéns a tod@s!!!

UNESCO, DEBATE...

Este ano tivemos moitas actividades que non quedaron reflectidas aquí, como por exemplo os encontros UNESCO, no que houbo obradoiros moi interesantes!!

ENCONTROS UNESCO
Fotos Unesco


Debate do alumnado de 6º  co alumnado de 5º e 6º do CEIP S an Benito de Lérez.
https://photos.app.goo.gl/JYQ1mJVYiMgWNwQ2A


venres, xuño 22, 2018

RETRATANDO A Mª VICTORIA

Gran parte do noso alumnado quixo retratar á súa particular Mª Victoria. A continuación, amosamos unha pequena selección!! Preme na foto.
https://photos.app.goo.gl/kxeDWoxXfjcMtuTZ6

mércores, xuño 13, 2018

FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS





A nosa Semana Cultural abrangueu dende o 2 ata o  25 de maio, día no que celebraremos o noso Festival das Letras.
Ao longo destes días, ademais de decorar os nosos corredores, fixemos as seguintes actividades:
1.      Acróstico co nome de María Victoria Moreno de tamaño mural.
2.      Lectura sobra a vida e a obra de María Victoria Moreno.
3.      Brincaletras do noso centro, eleborados para os tres ciclos.
4.      Actividade de creación literaria facendo pareados cos títulos dos  libros desta autora.
5.      Cantos no Marcos (participa voluntariamente alumnado de 3º a 6º nivel interpretando antigas tradicionais).
6.      Concurso Lema- Ilustración do que se realizará un adhesivo do gañador.
7.      Realización  dos debuxos e texto do conto “Can branco, can negro” de María Victoria Moreno.


Cantas actuacións tivemos neste festival e que ben o fixeron todos e todas as participantes! Actuacións do acto de Primavera das Letras para homenaxear á escritora Mª Victoria Moreno (o alumnado de 4º representou "A festa no faiado" e o de 2º C  fixo teatro musicado de "O cataventos" , teatro, música, danza, recitado... houbo de todo, e até contamos coa actuación dos alumnos e alumnas do XXIII, como sempre tamén nos emocionaron!

Actuacións:


  • Vídeo sobre a vida e obra de María Victoria Moreno, alumnado de 6º nivel.
  • Vídeo (presentación fotográfica) do "Pregón lido na Feira do Libro de Pontevedra de 2003" de María Victoria Moreno, alumnas de 6º nivel.
  • Dramatización do poema "O almorzo" de María Victoria Moreno , a cargo de alumnos/alumnas de 3º nivel.
  • Poema musicado "Cantiga" do libro "Elexías de luz" de María Victoria Moreno, alumnado de 5º nivel.
·         Teatro: “A festa no Faiado” de María Victoria Moreno, alumnado de 4º nivel.
·         Poema musicado “O Cataventos” de María Victoria Moreno, alumnado de 2º C.

·         “A  Princesa do Courel”, alumnado de 2º A nivel.

·         Canción: Eram Sam Sam, alumnado de 5º nivel.

·         Danzas do mundo, alumnado de 6º e danza de 2º B.

·         Cantos no Marcos (actuación dos/das gañadores/as).


DÍA DAS LETRAS NO NOSO XORNAL

SALÓN DO LIBRO 2018

Que fermoso traballo fixemos este ano, como sempre!!! Un colosal gramófono coa súa bucina, prato xiratorio e ata manivela!!! Tamén fixemos uns discos sobre as diferentes mulleres traballadas, no noso centro, en todos os niveis, para que A VOZ DAS MULLERES resoe por sempre e para sempre!!
Preme na foto para ver outras da visita ao Salón do Libro e ós obradoiros!!



luns, marzo 05, 2018

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para traballar esta data tendes recursos neste blog, como por exemplo, presentacións, contos...Só tendes que premer a etiqueta que se atopa no lateral correspondente a Día da muller/ Día da muller traballadora. Ademais podedes ler este conto que quizais non coñecedes como tal, animádevos a lelo!!




OUTRAS ENTRADAS INTERESANTES CON XOGOS, COMO O DA OCA E VÍDEOS INTERESANTES!! Preme


UNIDADE DIDÁCTICA  Preme

EU SON COMA TI (Preme) 

domingo, marzo 04, 2018

SEMANA DA PRENSA

A continuación tendes a ligazón onde aparece "A Voz de la escuela" do 28 de febreiro para traballar cos voso alumnado.

Preme na foto

Tamén se poden traballar as diferentes noticias, que aparecen na seguinte ligazón, co noso alumnado:


Ademais, os nosos alumnos e alumnas poden participar nun concurso DE "LA VOZ DA GALICIA", que ten como data límite de entrega o 30 de abril, para demostrar o seu talento como xornalistas.

PRIMAVERA DAS LETRAS

O pasado xoves tivemos a sorte e o honor de recibir a visita da Real Academia Galega, con persoeiros como o seu presidente, Víctor Fdez. Freixanes - por certo, a nosa biblioteca leva o seu nome!- e as académicas Marilar Aleixandre e a nosa benquerida Fina Casalderrey.

Presentouse o acto Primavera das Letras co que a RAG da a coñecer a homenaxeada este ano, Mª Victoria Moreno. Ademais dos discursos de Alicia, a nosa directora, do presidente e de Fina (todos eles moi emocionantes), tivemos as actuacións de diferentes alumnos e alumnas. Foi un acto entrañable ao cal asistiu profesorado dos centros da contorna, ANPA ...Persoas que compartiron con nós unhas horas cheas de emoción e nerviosismo pola repercusión mediática que ía ter o acto.

Preme nas fotos para ver como se desenvolveu o acto.

Víctor F. Freixanes, as académicas Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre, Begoña Llácer e Pedro Ferriol, filla e viúvo de María Victoria Moreno, ás portas da biblioteca do CEP Marcos da Portela, que leva o nome do presidente da RAG.Fonte: RAG
Fermosos versos para homenaxear a Mª Victoria Moreno creados pola profe Isa e o alumnado de 4º nivel. Parabéns!!! A continuación, o brincaletras dedicado á esta autora.

Ano María Victoria Moreno by Marcos Portela on Scribd








FERMOSO ACRÓSTICO, REALIZADO COAS LETRAS DESEÑADAS POLO NOSO ALUMNADO,  QUE FORMAN UNS PRECIOSOS VERSOS CHEOS DA POESÍA DESTA AUTORA.


Preme nas seguintes ligazóns para ver os vídeos da Real Academia Galega:
https://www.youtube.com/watch?v=jJTVEqz5-dk
https://www.youtube.com/watch?v=KNIjQ-NDUaA&feature=youtu.be&a
https://www.youtube.com/watch?v=qcfzXERW3aE&feature=youtu.be&a=
https://www.youtube.com/watch?v=PQlS8_X6kKk&feature=youtu.be&a 
https://www.youtube.com/watch?v=7AoQFbvn-tM&feature=youtu.be&ahttps://www.youtube.com/watch?v=7AoQFbvn-tM&feature=youtu.be&a

                                       



O alumnado de 4º (A,B e C) foi  o fío condutor entre as tres actuacións, preguntándolle a nosa Mª Victoria particular a onde íai (a resposta era a presentación da actuación).

Actuacións:
  • Vídeo presentación do "Pregón lido na Feira do Libro de Pontevedra de 2003" (só dunha parte do texto), alumnas de 6º.
  • Dramatización do poema "O almorzo", a cargo de alumnos/alumnas de 3º.
  • Poema musicado "Cantiga" do libro "Elexías de luz", alumnado de 5º (A e B).
  • Peche das actuacións, alumnado de 4º.
O retrato, que aparece no escenario, foi realizado polo noso compañeiro Eduardo Antonio Dios.


Os fermosos versos que pecharon a actuación do alumnado foron:


"A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é, simplemente, unha historia de amor".


"Escribo no mencer
escribo nesta hora
cando o mencer achega aos meus cristais
aloumiños incertos palabras peregrinas."



"Faleivos da liberdade
e, contra vento e marea,
 enfronteime coa censura
para dicirvos que era
un dereito inalienable
falar en lingua galega."


luns, febreiro 26, 2018

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Dentro do noso proxecto "A voz das mulleres", temos a sorte de contar coa visita de moitas mulleres interesantes traballadas nas diferentes clases. Ademais, o alumnado de 5º e 6º puido gozar da visita da escritora Ledicia Costas , coa que puideron falar dos seus libros, como por exemplo, " A señorita Bubble" e "Escarlatina, a cociñeira defunta"(Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano  2015 e tamén Premio Merlín de literatura infantil ); libros que lemos e dos que se realizaron diferentes actividades. Agora xa sabemos por que lle encanta escribir...porque como ela di:" As mellores historias son as que se escriben coa cabeza pero, sobre todo, co corazón".

 Preme na foto para ver outras e para admirar os fermosos murais que se prepararon cos debuxos dos seus personaxes,



https://photos.app.goo.gl/ozxzegSw4iakFntD3

Ledicia firmando os libros do alumnado


xoves, febreiro 15, 2018

ENTROIDO 2018

Menuda se montou este ano no Entroido!! Foi un entroido reivindicativo baixo o lema "Cambio de roles"!! As mulleres xa non quedan na casa, senón que ostentan cargos de moita importancia e responsabiliade (presidentas, ministras, directoras xerais de empresa...) e eles son os seus fieis secretarios; as nenas xa non xogan só ás bonecas, senón tamén aos cochiños, motos ou o que sexa; elas, como non, xogan ao fútbol, baloncesto, tenis... e eles... a animar;  as "chef" agora son elas e eles, os pinches; os músicos tocan e elas dirixen a orquestra coa súa batuta; as capitanas mandan nos barcos e os mariñeiros axúdanas e, como remate, os nenos desenvolvendo un traballo ben importante: perfecos amos de casa, porque eles o valen"!!!


Preme na seguinte ligazón para poder ler o testamento que fixo o alumnado de 4º coa profe Isa:

https://es.scribd.com/document/372459862/Testamento-de-Don-Entroido-Febreiro-de-2018#fullscreen=1

ENTROIDO Do Marcos Da Portela 2018 by Anonymous FUKzlCE on Scribd

martes, xaneiro 16, 2018

DÍA DA PAZ 2018


Como todos os anos celebramos o Día da Paz, esta vez con moita poesía de autoras como Gloria Fuertes. O alumnado de 4º e a profe Isa compuxeron, a partir dun poema desta autora, o noso fermoso Manifesto; tamén puidemos escoitar o poema do noso mural: Mans á obra. Poemas que foron recitados polo alumnado de 4º e 5º nivel.

AQUÍ(preme na foto)  podedes ver as fotos e os vídeos dos poemas recitados:




 Pero como este ano é o ano das mulleres, a continuación tendes unha presentación onde se comproba cantas delas teñen loitado pola paz!!!

Preme na foto



Se queres saber máis sobre o día da Paz en xeral, podes facer a seguinte webquest. Se a resolves ben, podes gañar o teu Diploma da Paz.

Webquest da Paz
WEBQUEST DA PAZ


OUTRAS LIGAZÓNS SOBRE A PAZ: RECURSOS E TRABALLOS REALIZADOS ANOS ANTERIORES (PREME AQUÍ).

EN BUSCA DE COGOMELOS

https://photos.app.goo.gl/x5zYbp7KVb6dZhjz2
Canto sabemos agora dos cogomelos!! Primeiro tivemos unha charla moi instrutiva e logo saímos polos arredores do centro.

FOTOS DO FESTIVAL DE INVERNO

Que ben o pasamos no Festival de Inverno, houbo de todo actuacións musicais, acrosports, teatro... A continuación están as fotos destes momentos tan emocionantes!!! Preme na foto.


https://photos.app.goo.gl/KFKl6eXxqVar2oIg1

venres, decembro 15, 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

Que ben o ides pasar con esta selección de lecturas!! Animádevos a ler este Nadal e tamén o resto  do ano; esperamos que gocedes moito coas aventuras de todos estes libros!

REVISTA CHORIMAS

 Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...