martes, marzo 31, 2020
LENDO NAS NOSAS CASAS
LENDO NAS NOSAS
CASAS
Nestes días de
confinamento queremos darvos algunhas ideas para gozar da lectura na
casa.
Xenerosamente algunhas editoriais poñen a nosa disposición
algúns títulos para que poidamos ler nos nosos dispositivos de
balde. Fagamos un bo uso destas iniciativas e gocemos da compaña dos
libros.
En
galego:
- Baía edicións
- Xerais
En
castelán:
- Anaya
Outras
iniciativas:
- canal KALANDRAKA TV, ofrécenos contos contados.
- TVG -Contos do camiño
- Aulas galegas. Lecturas compartidas (hai unha ligazón perrmanente na web do cole, á dereita)
- Os Bolechas- YouTube (Vídeos animados dos contos)
- GaliciaLe
A
plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das
bibliotecas públicas galegas.
mércores, febreiro 19, 2020
ENTROIDO 2020
Este ano imos celebrar un Entroido moi cómico:o alumnado de 1º e 2º irá disfrazados de pallasos/as; o de 3º, de Mucha e Nucha; o de 4º, de Chaplin; o de 5º, de mimos; e o de 6º de Tricicle!!
O alumnado do 3º ciclo escribiu unha coplas moi interesantes que podedes ler neste documento (preme aquí para acceder a Google).
A continuación podedes ler o marabilloso testamento que fixo o alumnado de 4º. A ver que vos deixaron!!!
TESTAMENTO 2020 by marcos on Scribd
VÍDEO DE 6° PARA RIR SEN PARAR!!
![]() |
| PREME NA FOTO PARA VER OUTRAS |
xoves, xaneiro 30, 2020
DÍA DA PAZ 2020
Un ano máis celebramos o Día da Paz cun fermoso e emotivo acto! Poesía e cancións, que mellor combinación!!
En primeiro lugar, tivemos unha interesante charla, a cargo da nosa directora, Alicia, sobre o que significa este día e a figura de Isabel Zendal, a quen se lle dedicou a xornada.
Despois, o alumado de 4º deleitounos cun emocionante poema versionado a partir du texto de Antonio García Teijeiro! Parabéns a estes nenos e nenas, as titoras e a profe Isa que nos trouxeron palabras tinguidas de paz!
E non esquezamos o mural no que participaron todos os niveis! O alumnado escribiu, en pingas de cores, todo o negativo do mundo que faría desaparecer coas súas vacinas especiais!
Tres alumnos agasalláronnos con palabras de paz, grazas, rapaces! Poema do alumnado 4º nivel O VELEIRO VERDE
En primeiro lugar, tivemos unha interesante charla, a cargo da nosa directora, Alicia, sobre o que significa este día e a figura de Isabel Zendal, a quen se lle dedicou a xornada.
Despois, o alumado de 4º deleitounos cun emocionante poema versionado a partir du texto de Antonio García Teijeiro! Parabéns a estes nenos e nenas, as titoras e a profe Isa que nos trouxeron palabras tinguidas de paz!
Olladas de Paz by marcos on Scribd
A continuación, todo o alumnado do centro, cantou a canción "Un veleiro verde" de María Fumaça; e así, embarcámonos nese mundo de paz e harmonía, co que todos e todas soñamos, coa palabra e a "Lingua de signos" da man da nosa intérprete, Rosa, coa que temos a sorte de contar un ano máis!| PREME PARA VER MÁIS FOTOS |
Tres alumnos agasalláronnos con palabras de paz, grazas, rapaces! Poema do alumnado 4º nivel O VELEIRO VERDE
luns, xaneiro 27, 2020
BRINCALETRAS!!
Magníficos "Brincaletras" da profe Isa e Dolores Froján para todos os niveis! Agora só hai que poñerse mans á obra, e facelos da maneira máis creativa posible. Disfrutade coa creación literaria a partir destes versos de Antonio García Teijeiro!!
Brinc nº 13 1º by Marcos Portela on Scribd
Brinc nº13 2º by Marcos Portela on Scribd
Brinc nº13 3º by Marcos Portela on Scribd
Brinc nº13 4º by Marcos Portela on Scribd
Brinc nº13 5º by Marcos Portela on Scribd
Brinc nº13 6º by Marcos Portela on Scribd
xoves, decembro 26, 2019
POEMA TOTAL
Fermoso poema creado polo alumnado de 4º nivel a partir dunha estrutura de Antoio García Teijeiro! Parabéns, poetas!!
Poema Total by Marcos Portela on Scribd
domingo, decembro 22, 2019
Decoración de Nadal 2019
Magnífico belén realizado por Mª Jesús (nai de dous ex alumnos) e Maricarmen, a profesora de Relixión!! Un belén que visibiliza e fomenta a sostibilidade que proclama o noso centro.
E, tamén, magnífica decoración do vestíbulo e do salón a cargo das nais do noso centro! Ademais, da árbore realizada, como vedes, de manera sostible, colgáronse creativas estrellas que portaban bos desexos para este Nadal e para o vindeiro 2020!!
Parabéns!!
Preme nesta árbore tan orixinal, para ver o resto das fotos da decoración!

| Preme nesta foto para ler o artigo publicado no Diario de Pontevedra. |
FESTIVAL DE INVERNO
Que festival máis fermoso, como sempre! Aínda que este ano tivemos unha actuación moi especial: O Apalpador! Manuel, pai de un alumno e unha alumna do noso centro, contounos este conto tan tenro desta mítica figura do Nadal galego; despois do conto puidemos ver un baile moi divertido duns Apalpadores moi orixinais!!O noso alumnado xa non vai esquecer ao noso benquerido Apalpador, Manuel!
Juan, alumno de 2º A, contounos o relato que narrou en Santiago no concurso "Tíralle da Lingua"; fíxoo de marabilla e recibiu u merecido premio que lle foi entregado pola titora.
Ademais, as voces dos nosos alumnos e alumnas resoaron como se fosen nenos e nenas cantores/as!! E tampouco faltou o humor, pois o proxecto do cole deste deste ano é: "En clave de humor".
Foi presentado por dúas alumnas e un alumno de 6° (Sofía, Sara e Antonio) , que o fixeron magníficamente!!
Parabéns a todos/as os/as participantes!!
Tampouco nos esquecemos de darllelas grazas ás mamás polo ben que adornaron o noso centro!!
Faltan algúns vídeos, poranse en breve!
< />
Para finalizar este fermoso festival, o alumnado de 4° interpretou o tema "So this is Christmas", co que nos emocionaron moitísimo;ao mesmo tempo que cantaban, proxectouse un vídeo con imaxes da nosa cidade engalanada para recibir o Nadal! Bravo por eles e elas!!

| PREME PARA VER AS FOTOS |
sábado, decembro 21, 2019
sábado, decembro 07, 2019
venres, novembro 29, 2019
NOVEMBRO, MES DA IGUALDADE
Esta semana tivemos un gran programa para traballar a igualdade no noso centro. Houbo actividades moi interesantes para todos os niveis!
O luns, Día da Eliminación da Violencia contra a Muller,Pablo Abelleira, ex alumno deste centro e membro de NEOFEM (grupo que traballa a prol da igualdade e que recibiu o 1º premio do concurso Ernestina Otero Sestelo, na categoría de Educación Secundaria, no ano 2018), fíxolles reflexionar aos nenos e nenas de 5º e 6º sobre a desigualdade entre homes e mulleres, a violencia de xénero e diferentes cuestións relacionados con este tema, como a publicidade sexista. Foi unha charla dinámica na que participou gran parte do alumnado asisente. Parabéns, Pablo, que gran sorte poder contar contigo neste día tan especial!
O martes o alumnado de 1º e 2º puideron escoitar uns contos moi especiais sobre "Príncipas e princesos" dos Contos de Pablísimo! Que divertido e necesario cambiar os contos!!
E, por último, o alumnado de 3º e 4º puido gozar dunha grande actuación do grupo teatral "Migallas"!! A obra representada era “Elas pintan moito”.
Foi unha sesión de contos baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.
| PREME PARA VER MÁIS FOTOS |
xoves, novembro 28, 2019
Que ben fala Juan de 2º B!!
Magnífico relato sobre o seu añiño!! Participou no XVI Concurso de Relato oral "Tíralle da Lingua" que orgaizou a Asociación Socio-Pedagóxica Galega co obxectivo de normalizar o uso oral do galego e contribuír a que este idioma se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias. Foi o participante máis novo e fíxoo de marabilla, só hai que ver o vídeo para comprobalo! Parabéns, Juan!!
domingo, novembro 03, 2019
SAMAÍN 2019
Arrepiante!! Así podemos desccribir como deixaron o noso salón de actos as nais do noso centro; unha vez máis dedicaron horas e horas de traballo para sorprendernos coa súa capacidade de dedicación e creatividade. A mesma creatividade que puidemos comprobar na elaboración das cabazas, deste ano, seguindo a temática do humor. Parabéns a todos e todas por participar!!
E alí, no noso salón, puidéronse oír aterradoras historias lidas ou contadas polos nenos e nenas e... polas profesoras ataviadas para a ocasión, ao igual que moito do noso alumnado, con terroríficas vestimentas! Parabéns!! As fotos, a continuación.
+

| PREME PARA VER AS FOTOS DO SAMAÍN 2019 |
venres, outubro 25, 2019
Día dasBibliotecas 2019
Para celebrar o Día das Bibliotecas 2019, encargóuselle ao alumnado de 6º unha importante misión: "Espallar as sementes das palabras de fermosos libros , entre os demais nenos e nenas do Marcos da Portela". E aínda que esteamos en outono, estamos seguros de que estas sementes xermolarán e agromarán, se dúbida, en forma de emocionantes historias, contos, relatos, poemas...
Ademais o alumnado de 4º puido gozar dos froitos que, a longo destes anos, se obtiveron no noso Centro! Parabéns a todos e todas!!
Ademais o alumnado de 4º puido gozar dos froitos que, a longo destes anos, se obtiveron no noso Centro! Parabéns a todos e todas!!
![]() |
| Alumnado de 4º relendo o fructífero labor destes anos pasados! Preme na foto para ver as demais. |
mércores, xullo 03, 2019
venres, xuño 28, 2019
CHARLA DE INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN
CHARLA SOBRE O SAHARA ( 3º e 4º)
Que interesante charla sobre o Sahara!!Óscar contounos as súas experiencias durante a súa visita aos campamentos, onde conviviu con nenos/as e maiores.
Esta actividade foi un complemento ideal para o alumnado de 3º que leu o libro doce como o seu título "Palabras de Caramelo"!
Esta actividade foi un complemento ideal para o alumnado de 3º que leu o libro doce como o seu título "Palabras de Caramelo"!
EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
Todo o noso alumnado graduase "cum laudem", a nota máxima, en CREATIVIDADE!!! Impresionante exposición que mostra o poder creativo dos nosos/as alumnos/as!

Tamén se desenvolveu, en Libre Configuración, actividades de investigación. Con toda a información realizáronse moitas páxinas para crear un LIM. Ademais, este alumnado realizou diferentes inventos creados con lixo plástico, inventos que foron explicados en diferentes vídeos.
En 5º levouse a cabo un intenso traballo de investigación que abraguía as fases do proxecto do noso Centro "Ollo co plástico" (estudo da orixe, consecuencias do uso dos plásticos e posibles solucións para minimizar este tipo de lixo) como se pode ver neste vídeo, un dos moitos que se fixeron!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
REVISTA CHORIMAS
Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...
-
Nunca defrauda a nosa exposición de cabazas do Samaín , máis ben nos segue a sorprender grazas ao inmenso traballo de nenos/as e maiores. E...
-
Gran nova para o cine galego! A nosa película “O ROUBO DO TRASLÍ DOURADO”, realizada o pasado curso, vén de recibir un prestixioso 1º pre...
-
XORNAL CHORIMAS by Marcos Portela Como sempre, unha revista magnífica onde se reflicten algunas das moitas actividades realizadas ao ...