xoves, xaneiro 30, 2025

PAPIROFLEXIA POLA PAZ

 Hoxe, na hora do recreo realizamos na biblioteca un obradoiro de papiroflexia pola paz. Os nenos e nenas de 5º e 6º foron os encargados de ensinarnos a facer pombas, grúas e nenúfares con papel.

Escollimos estes tres elementos pola súa relación coa PAZ.

A pomba é un símbolo de representación de paz e amor en moitas relixións e lugares.

As grúas tamén se converteron en símbolo de paz, ademais de curación e esperanza. Isto ten a súa orixe na historia de Sadako Sasaki, unha nena xaponesa que se propuxo facer mil grúas de papel para que se concedera o desexo de curarse da enfermidade que contraera a raíz da explosión nuclear de Hiroshima en 1945.

Os nenúfares representan a resiliencia e a capacidade de superar os desafíos. Estes florecen en augas pantanosas, sendo quen de renovarse e medrar en condicións adversas.

Grazas a todos por participar! 

                                              

                                              

                                              

                                                      

                                                     

                                                     

                                                     

                                                     

                                                     

                                                     

                                                     

                                                     



 

FESTIVAL DE INVERNO


Como sempre, este ano desfrutamos dunhas magníficas actuacións musicais no noso festival, no que participou todo o alumnado do noso centro, dirixido polo profe Rafa.

Dende o centro queremos dar as grazas a todas familias que participaron na fermosísima decoración de Nadal; a nosa entrada, corredores e escenarios convertéronse en verdadeiras obras de arte. Parabéns polo voso saber facer e  creatividade. Grazas!

Este ano, como todos os anteriores, puidemos desfrutar dun novo e marabilloso belén, realizado como sempre por Mª Jesús, unha artista que domina a arte da miniatura!

PREME NA FOTO


                                                               

luns, decembro 09, 2024

IMOS DE CINE!

Con motivo do PDI deste ano, "Montando a película",  tivemos a sorte de ir ao cine de Seixo, o cine máis antigo de España aínda en funcionamento. A película que visionamos foi "Pequeña osa", que promove a conciencia ambiental. 

Foi unha xornada marabillosa!

                                                              

                                                              

                                                    



luns, novembro 25, 2024

MAGOSTO 2024

O 11 de novembro, o día de San Martiño, celebramos como cada ano o Magosto. Unha celebración na que os galegos honraban a chegada das colleitas do outono en torno ao lume e as castañas asadas.

No cole contamos coa visita do castañeiro para degustar unhas castañas ben quentiñas e saborosas, e despois gozamos dos diversos xogos tradicionais. Pasámolo en grande!



25 N 2024

 Hoxe celebramos unha data moi importante para todas as mulleres e toda a sociedade: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Pero non só hai que estar activos nesta loita  este día tan sinalado, senón todos os días do ano. Porque o que queremos é unha sociedade onde convivamos , todos e todas, sen inxustizas , violencia ou desigualdades cara as mulleres.
 A continuación tendes o videoconto de "Arturo e Clementina" nas voces de tres compañeiros: Alejandro, Alberto José
 e Máximo. Non deixedes de escoitalo e reflexionade sobre  a mensaxe que nos transmite.

Ademais tendes un vídeo sobre unha importante activista, Malala Yousafzai, que sufriu en carne propia a violencia machista dos talibáns por defender o dereito á educación das nenas do seu país. 

E se queres saber por que se celebra  esta conmemoración o 25 de novembro, tes a resposta no derradeiro vídeo.



Para este día elaboramos un mural onde deixamos escrito todo o que desexamos para lograr ter unha sociedade na que predominen os valores que anteriormente mencionamos e atamos o noso lazo morado na cortina que montamos na entrada do centro.





martes, novembro 05, 2024

OBRADOIRO DE MOMIAS

A nosa celebración do Samaín deu para moito e é que o alumnado de 2º realizou un obradoiro de momias con la. Pasámolo en grande e quedaron terroríficas!







AS FAMILIAS CONTAN

Para celebrar a festividade do Samaín recibimos a visita de dúas nais que se animaron a contarlles contos de medo aos nenos e nenas de 2º e 4º.

Moitísimas grazas pola vosa participación! 













UN SAMAÍN DE CINE

Chegou a noite máis aterradora do ano e no Marcos da Portela celebrámola cun concurso de cabazas moi cinematográfico e disfrazados dos personaxes máis terroríficos. 

Aquí vos deixamos unha mostra das marabillosas creacións do noso alumnado e das nosas mellores galas de medo. 

Grazas coma sempre pola vosa participación.


















venres, outubro 25, 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celebramos o Día das bibliotecas cunha actividade proposta pola nosa mascota Traslí. Convidounos a gozar dunha sesión de cine mudo, onde puidemos ver distintas escenas que fixeron historia.

Tamén lembramos a película de cine mudo "Case 101 dálmatas", interpretada polo alumnado que agora está en 5º.

Foi unha actividade fantástica onde as gargalladas estiveron aseguradas.


martes, outubro 01, 2024

MONTANDO A PELÍCULA

Comeza un novo curso e con el un novo proxecto, "Montando a película". 

Este ano adentrarémonos no mundo do cine. Estades preparados?   

                                                              3, 2, 1... ACCIÓN!

mércores, xullo 10, 2024

REVISTA CHORIMAS

 Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...