Entre todas as actividades de Dinaamización Lingüística houbo unha moi interesante na que o alumnado de 6º nivel aprendeu a facer regueifas!!
![]() |
| PREME PARA VER MÁIS FOTOS |
![]() |
| PREME PARA VER MÁIS FOTOS |
O alumnado de 1º de Primaria quere darnos uns consellos para reducir o lixo que producimos.
Dicimos deica o curso que ven aos "Martes contan con arte" con Brincadeiras da Lingua, un espectáculo de Migallas Teatro cheo de xogos, contos e cancións sobre os ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia.
Pasámolo en grande!
Para celebrar o Día de Rosalía, as diferentes aulas decoraron as súas portas con poemas de Rosalía de Castro. A verdade é que fixeron un traballo marabilloso e quedaron preciosas.
| PREME PARA VER MÁIS |
No Día da Poesía continuamos, como xa é tradición, co noso recital de poesía. O alumnado recitou poemas desta nosa querida autora. Menudos artistas!
Non vos perdades os vídeos de 1º e 2º PREME AQUÍ !!
O venres , día 5, fomo até o novo edificio do museo para aprender máis sobre o homenaxeado este ano nas Letras Galegas: Francisco Fernández del Riego.
Pasámolo moi ben e ademais de aprender moito sobre a súa biografía, ensináronnos a debuxar a súa caricatura!!

Deica o ano que ven!
Este ano non podía ser menos, como sempre o camiño da perfección é coñecido por tod@s aquel@s que participamos na súa elaboración.
Hai que agradecerllelo a toda xente que se implicou, xa que non só viñeron alumn@s e pais-nais deste ano académico, senón de anos pasados. Ademais a pé de canón estiveron esas persoas que sen ter relación directa co centro -pois xa non teñen fill@s no mesmo dende hai moitos anos- non faltan ano tras ano, amosando un interese e unha emoción que agradecemos enormemente! Tamén ás profes xubiladas que viñeron botar unha man a aprol desta tradición que se perdería de non ser por esa xenerosidade de tod@ os/as participantes.
A meta conseguiuse sobradamente, xa que se obtiveron os seguintes premios:
Gustaríache darlle unha segunda vida aos teus libros?
O domingo 23 de abril, no Pazo da Cultura de Pontevedra, entre as 11:00 e as 14:00, terá lugar unha nova edición do Trocalibros.
Se tedes algún libro na casa en bo estado e que xa non ides volver a ler, é o momento de darlle unha segunda vida e que outro poida gozar del.
Podedes traer eses libros ao centro, agás enciclopedias e dicionarios, e nós a cambio darémosvos un vale que poderedes trocar o día da feira por un libro que desexedes.
Animádevos a participar nesta xornada literaria!
Con motivo da celebración do Día da Muller realizamos un obradoiro de igualdade e creatividade, "A Cidade Violeta", dirixido por Anxo Fariña. Aprendimos moitos dos seus trucos para crear personaxes e pintamos unha cidade violeta cunhas pinturas especias que se iluminaban na escuridade cunha lanterna. Pasámolo en grande!
Os nenos e nenas de 5º e 6º recibiron a visita de Andrea Maceiras, autora dos libros "Conta nove estrelas" e "A folla azul". Xuntos puideron intercambiar ideas sobre as súas lecturas e gozar do momento da firma de libros. Foi un encontro moi agradable.
Que boa maneira de celebrar esta conmemoración tan importante e, aínda, necesaria!
Tivemos o pracer e a sorte de contar coa visita dunha moza que está loitando por romper as barreiras desta sociedade cos seus puños, nunca mellor dito (recordade que este deporte ten unhas regras moi estrictas); pois, Yohana Jiménez é boxeadora e campioa a nivel autonómico e nacional!!
Contounos a súa experiencia como deportista e estudante, e falounos de valores moi importantes como o esforzo ou o respecto. Esperamos que siga obtendo éxitos na súa vida e abrindo camiños cos seus "puños" e as súas palabras.
Continuamos coa conmemoración deste día dun xeito inmellorable, xa que o venres 10 tivemos a visita de Carla Santoro, unha nena que cursa 1º de E.S.O. Carla loita, tamén, no seu día a día coa súa discapacidade visual e, ademais, participa en campionatos de atletismo a nivel nacional. Déixanos claro que para conseguir metas o importante é o esforzo e tesón, e que non hai ningún tipo de trabas que poidan frear as ansias por conseguir o que desexamos!!
Cando puidemos comprobar, cunhas gafas, como percibe o mundo, aínda a admiramos máis!! Sabemos que chegarás moi lonxe, estaremos pendentes dos teus logros!!
Tamén, coma todos os anos fixemos un fermoso mural; no que recordamos a moitas mulleres que foron ben importantes! Atréveste a ser ti unha destas mulleres!?
E chegou o Entroido!!!!
Canto "xogo" nos deu este novo entroido! Disfrazámonos de moitos xogos: parchís, dominó, quen é quen?, tres en raia, quebracabezas con mensaxe e xadrez!!
Contamos, como todos os anos, cun acompañamento musical inmellorable!! Moitas grazas á Las Flores del Carnaval e Os Canecos que nos acompañaron durante todo o desfile!!,
Fixémoslle ao Meco un bo xuízo e decidiuse unha sentenza sen contemplacións! Os fiscais leron as acusacións sen titubeos, como poderedes ver nos vídeos; temos que dar as grazas á nosa poetisa Isa pola súa axuda coas coplas. A continuación, leuse o seu testamento e, por último, procedeuse á súa queima!
Os nenos e nenas de 2º, despois de ler o libro "Feliz Feroz", puideron gozar hoxe da visita do seu autor, "El Hematocrítico", co que compartiron moitas risas.
Para ver máis fotos preme aquí.
Aínda que a nosa magnífica revista se difundiu impresa en papel, aquí tamén a poderedes ver: CHORIMAS Nº 20 - 2026 by Marcos Portela...